Hai que votalos (Especial eleccións): Acebes en Porriño
Gracias a Tremor por darme a noticia. Si, amigos, o gran baluarte da victoria socialista no 14-M, Ángel Acebes estivo repartindo esta mañá propaganda electoral pola feira do Porriño. Non coñezoo en demasía as feiras do sur de Pontevedra pero de seguro que non lle dá quitado ó traxe o cheiro a churro.
Podedes supor que o feito de que un exministro ( ademais o ministro "bo" o ministro "antieta" que pon cara seria nos funerais e está ó pé das víctimas do tirrorismo) transmite desesperación por parte do seu partido. Nada máis lonxe da realiade, capciosos. Trátase dun cambio xeoestratéxico que alzará a Galicia sobre o resto de rexións de Europa. O plan é convertir Vigo nunha nova San Francisco, Londres ou París cun metro, imprescindible, que elimine o CAOS urbanístico que asolaga a cidade. Lóxicamente na Coruña, tal como indica a Voz, coma megalópole necesitan tamén ese medio de transporte.
Se co invento gañan as eleccións e convirten a Vigo no Nova York do Finisterre Porrriño, consecuentemente, pasará a ser Brooklyn ou Queens e que tolo desperdiciaría os votos de Brooklyn...? Chámaselle visión de futuro.
Por outra parte paréceme sospeitoso a noticia da Voz Quin pide la mano de Touriño pouco antes da manifestación contra os matrimonios homosexuais. Sospeitoso. Tamén é sospeitoso que un xornalista da Voz, Anxo Lugilde, destripe as claves da campaña popular e as noticias do xornal sigan esas directrices. En fin.
3 DÃxome dÃxome:
Se O Porriño fose Brooklin, a un tipo como Acebes non lle bastarían oito concelleiros, dous deputados provinciais, dous gardaespaldas e unha troup de trinta carrexadores de votos con gorra laranxa.
A gorra laranxa... a máis desexada. Iso debe pensar un dos condutores dos coches altofalantes do PP, ao que lle meteron unha multa por estar mal aparcado e logo lle dicía ao cabo da policía que a causa fora "que non lle regalara unha gorra ao guarda".
A mañá electoral no Porriño foi realmente frenética. Contra as 11:30, con Acebes na rúa e o BNG e o PSOE intentando facerlle a competencia no reparto de folletos e sorrisos, no centro da vila habíap olo menos dos coches-propaganda por partido. Os altavoces ruxían en plan competición, con tal barullo absurdo que creo que conseguiron que algún indeciso concretase o seu voto: abstención.
Si. E ademais Santiago pasaria a ser coma Seatle.
podería ser un argumento para un un filme
sobre unha vila tan distorsionada e dura como Porriño, altavoces, coches de propaganda, unha especie de tolemia, que iría in crescendo, ata que todo, TODO, quedase atuado de altofalantes, tripticos, dipticos, e papelinas, dunhas e doutras, que por Porr´ño pasa todo, a venda de votos iría desde regunque torres ata pauperum tabernas, coma no verso latino, o pp tomaría o liceu, o bng, a casa de barros, o psoe algun dos numerosos bares de alterne do contorno, e todos nas rúas, ata que desde algunha mercería, unha señora das de antes cun vestido de frores miudiñas, arremetería cunha recortada, contra todo o que se puxera por diante, e de aí para o norte, os militantes dos diversos partidos disparándose entre si, escornándose cos coches, o comboio arrastrando eu que sei, un autobús de carretaxe, baleiro, tampouco hai que esaxerar, os veciños tirando os mobles sobre os coches dos partidos, das televisións, das radios, etc, os mineiros das canteiras, reventando as autovías con dinamita, etc, etc, e logo, as rúas como despois dunha batalla, cuxa última escena transcurriría nos gigantescos aparcadoiros de citroen, ou nas miasmas do río louro... entre os tres únicos militantes sobrevivintes, que naturalmente se asasnarían entre si,
a secuencia de remate sería un neno arrandeándose nun parque público madmax, que en porriño xa case, entre fumes, explosións, e sobres de votación, voando polo ceo
choco esas cinco, a ver se remata isto que hai que falar doutras cousas,
tamén penso na violencia que despertou en min este post, oucomosediga, si a verdade é iso, unha violencia adormecida e cansa, creo que é a última vez que me vou permitir o luxo de non ser esceptico e pensar que algo propón alguén en algun sitio que mereza ser crido, que mereza a miña confianza,
será a noite, a cadea de enlatado de chocos, hoxe sona como unha fuga xorda, mortuoria, e un tanto mefítica, para que dicir que non se é que si,
apertas, nadador, e obrigado por salvagardar o meu anonimato, e lembrarme o meu deber, (máis alá de facer a cea e poñer un galano para a nosa nena debaixo da almofada, hoxe caeulle o seu primeiro dente de leite, non sei ben cal é)
saúde
Post a Comment
<< Home