Hai que votalos (Especial eleccións): As cousas que importan
Cando estaba a almorzar vin un grande traballo xornalístico ( O problema da grandeza do traballo xornalístico é cando a realidade te estorba no teu camiño cara a gloria)e díxenme: "Este será o tema do blog de hoxe." Non obstante atopeime con outro traballo xornalístico, ou non, unha reflexión lúcida, si, sobre a realidade que me torceu o morro.
Manuel Baltar, fillo do cacique do trombón, deleitanos cunhas confesións extraordinarias na Voz de Galicia: "En fútbol siempre fui extremoderecho", "mis películas favoritas son el Padrino y Uno de los nuestros", "Fraga es como Zidane"... Demasiado bo para que alguén o inventase. Aquí a tedes.
O que me entristeceu un pouco foi un artigo "Pepiño Grilo" do columnista de El Periódico Antón Costas. Seguramente non di nada qeu non saibamos. Pouco a pouco as desigualdades amplianse en España e volvemos a un sistema económico predemocrático. O verdadeiro baluarte das democracias é un reparto equilibrado da riqueza e o acceso universal a unha educación que nivele as nosas posibilidades en función das nosas capacidades. Por iso, máis importante que o partido que gañe, é conformar unha socieade esixente e inconformista para obter dos políticos o que merezamos. Se non esperamos nada, o resultado non deixa de ser lóxico e ese pode ser o cerne do problema político en Galicia.
Regálovos unha foto da Voz que hoxe estaba especialmente xenerosa. Deben de cheirar o cambio. Tamén estamos de noraboa porque a UE aprobou o uso do galego nas súas institucións, aínda que sexa de tapadillo.
3 DÃxome dÃxome:
Boas noites. Hemos lido con verdadeiro interese as túas lúcidas reflexións sobre a acuciante realidade política da nosa naZon. Eu, e máis o meu amigo Mike Torcillo, admiramos o teu estilo periodístico, que lembranos o noso idolo do xénero - Juan José Moralejo, mestre me mestres na sátira folletinesca- coa salvedade cecais do malogrado Mesonero Romanos. Nembargantes queremos, dende o cariño, reprobarte algúns dos teus comentarios. A foto de Corina Porro, tratase, como ben sabes, dun guiño pornográfico pouco elegante, propio dunha contraportado de xornal deportivo ( recoméndoche encarecidamnte a do diario As, sae un cachonda das de antes). En segundo lugar, unha boa amiga nosa, deveze por discutir -amistosamente- sobre o tema das drogas. É coñecido o teu posicionamento pro-mescaliníco, en plan Escohotado, dita señorita,de gran atractivo por certo, gustarialle discutir paseniñamente con vostede sobre a devandita cuestión. Se eres bo, ó mellor probas a súa saia de leopardo, ca que soña toda a cidade compostela. Mike e máis eu, emplazamosche a que trates máis polo miúdo a dilatada traxectoria cinematográfica de Bud Spencer e Terence Hill, e que nos digas cal é a túa opinión sobre a pelicula: " Más fuerte muchachos". Xa por último, na nosa opinión a peor portada é a de " EL Poli, el Lama y el que los Lame". PELICULóN!. QUe teñas dulces soños co teu " gatopardo" favorito.!
Estimado Individuo:
En primeiro lugar tal como lle expliquei o outro día a un amigo o nome de usuario anónimo xa está reservado a outro usuario. O usuario choqueiro.
En segundo lugar non sei de que señorita me fala aínda que debo lembrarlle que eu bebo os ventos por Emereci del toboso e os meus ollos só se pousarán alí onde vaia eu. Non sexa covarde e desvele a entidade, internética, da aludida. Mais por curiosidade que por outra cousa.
En terceiro lugar non son unha prostituta da opinión como o señor Moralejo ou a horda de El Correo. Polo tanto falarei do que me dé a gana aídna que, non por iso, descarte que directa ou indirectamente se fale de Spencer e Hill.
Por último e non menos importante, nunca me puxen saia e non creo que o faga.
PD: Deica logo.
Este comentario ten máis que ver cun post anterior, o do medo do PP que se manifesta na agresividade desmesurada na campaña. Pero vai aquí, porque me proe hoxe.
É que aquí, no Porriño, a dez metros da mesa na que escribo isto, Ángel Acebes reparte propaganda electoral. Que Acebes estea nesta vila paseando afablemente encólleme o corazón. Se non o vexo non o creo. Debe ser porque o teño mitificado: como unha especie de Gargamel, Goebbles ou Torquemada.
Seguramente non é para tanto. Pero moi mal ten que estar a cousa para que estes baixen ata a feira (hoxe é día de feira no Porriño) a repartir folletos entre peixe, zapatos de saldo e gritos de "¡Vamos niñas, que se me los llevan de las manos!".
O que máis me aterroriza é que o PP se recupere. Porque poder tocar a Dark Vader... a de convencer a algúns.
Post a Comment
<< Home