Hai que votalos (Especial eleccións): O prognóstico
Si amigos. Pecha a campaña sen que os do Bloque ou os do PSOE puxeran ningunha bomba ou mexaran no Plan Galicia. Alégrome de que sexa así e remate este especial que, a pesar de traerme moitos visitantes, deixoume tocado por ter que ler tantas declaracións de políticos.
Só queda o prognóstico. O meu é dunha victoria mínima das forzas democráticas: un 38-37 con lío e suspense co voto emigrado. Pero xa sabedes que eu son un pesimista convencido.
Non descartemos tampouco un golpe de estado co voto emigrado. O que para moitos é o conselleiro máis corrupto, Miras Portugal, é un grande descoñecido e a saber o que fixo por aí. O resultado saberase antes do reconto co número de participantes.
VOTADE.
2 DÃxome dÃxome:
Gran selección de fotos. Gústame a dos chourizos (bueno, hai varias de chourizos nun sentido amplo, refírome a de Acebes rodeado de miembros encarnados, seguro que a foto promoveuna algún libidinoso).
En canto ao progtcnósticko, eu progtcnostico que imos sufrir esperando a que voten os mortos que pasaron toda a vida comendo, traballando, bebendo, saíndo de copas, bailando, camiñando, chorando, maldecindo, abrazando,pagando impostos, vendo a tele, mexando e cortando o pelo en Buenos Aires, pero votando en Galicia. Lástima que os que fan todo iso en Canarias, e se censaron alá, non o poidan facer (é así, ou equivócome).
Nunha porra na que participei e promovín puxen de resultado: PP 36, PSOE 22, BNG 17. É algo como poñer na quiniela dun Barça-Celta X2: Resísteste a poñer o 1 porque cho impide o corazón, pero o cerebro diche que non vas acertar se te quedas só co 2.
Nosesisementiende.
Perfeztamente te se entiende
Post a Comment
<< Home