A inxustiza do Eibar e a maldición de Fernando Vázquez
Hai pouco recibín unha crítica sobre este blog. Falo demasiado de política e pouco de música, cine e ocio en xeral. Tendo a pasarme polo forro as vosas críticas sobre o contido de este blog pero é certo que hai tempo que non me adico ás banalidades da vida polo carallo das eleccións.
Un tema que compartiu a miña atención coa campaña foi o ascenso do Celta. Eu nunca fun anticeltista, nin creo que o sexa agora, pero as miñas simpatías cambiaron cando coñecín a celtistas que se metían inmisericordemente comigo por ser do Deportivo e exhibían fachendosos o único título europeo en mans dun equipo galego ó que nos aspiramos este ano cunha máxima motivación. Tamén me amola bastante que á mínima en Balaídos asubíen ata a Maradona e que o clube pareza en continuo cabreo.
Sempre defendín a teoría de que Fernando Vázquez era un mal entrenador ou un maldito. Non é normal que tódolos seus equipos acaben ben na primeira volta e se esfarelen contra ó final. Algo pasa con el. Por iso cando, a pesar dunha xeira de derrotas incribles, o ascenso foi conquerido no sur profundo a min todo cheirábame moi mal. E confirmouse a miña teoría reafirmandose cunha forza inesperada. Fernando nunca foi do meu agrado. A prensa e o público "culto" alábao porque non abusa de frases baleiras do tipo "El fútbol es así", "Tres puntos muy importantes" e tal... É unha corrente que me molesta. Premiase a entrenadores que tenden preocupantemente ó fracaso e se lles defende contra vento e marea sen argumentos obxectivos por saber falar (Víctor Fernández, Valdano...) e non por facer ben o seu traballo.
Despois eu sabía que o Eibar non fallaría en Balaídos. Eibar é unha vila gipuscoana de 31,000 habitantes cun dos presupostos máis baixos de Segunda División e aínda así leva dous anos a piques de subir. Gañoulle ó Celta e o meu corazón vai con eles porque antes que cos galegos estou coa xente que adica á súa vida á ilusión. Mendilibar non é un gran orador pero obrigaba ós seus a mergullar os xenitais nun bidón de xeo, por iso da recuperación muscular e de facer carácter. Ánimo Eibar, sodes de primeira para min. Pena que os éxitos noon sexan de quen os merece senón de quen os consigue.
10 DÃxome dÃxome:
pois eu prefírote politólogo que comentarista deportivo. non lle dou pillado o tranganillo ao fúrgol, que lle vou facer.
Eibar si
Celta tamén
Rápido de Bouzas por suposto
Alerta de Sanguiñeda só faltaría que non
O problema, Aquí, e que faime falla audiencia ata chegar a ser un blog de masas coma o teu defunto. Gracias por respectar ós Choqueiros.
¿O equipo de Sanguiñeda chámase Alerta? Creo que só pode ser superado polo Torpedo 66 de Cebolla (Equipo da terceira división manchega)
Tamén me amola bastante que á mínima en Balaídos asubíen ata a Maradona e que o clube pareza en continuo cabreo.
Home, eso é porque non nos entendes. Os celtistas, de sempre, queremos futebol antes que calqueira cousas. Os celtistas, que somos os que imos a Balaídos sempre que podemos, sen importarnos a situación, ó único que queremos e ver un partidazo. Somos unha afición pavera, pero non dos trunfos e glorias históricas, senon do noso equipiño. Eso telo que ter en conta, que en Balaídos, sempre hai cerca de 15000 espectadores (máis cando nos tocan ó Celta como nesta última semana) que son os que gostan de ir ó futebol. Non pasa coma en Riazor, onde todos van cando toca título... pois mira, nos tamén o faríamos, porque en todas as afición hai de todo, pero os celtistas, eses que te digo que están sempre en Balaídos, asegúrote que lles da un pouco-moito igual.
E diríate unha cousa; eu teño uns tíos 'turkos' que andan sempre a facer o parvo e a picarme e acabo decindo unhas barrabasadas que se o penso doume moita pena, pero bueno, eles quedan fodidos e foron os que o buscaron. Pero na miña familia política tamén teño deportivistas cos que non tiña problema en ir a Riazor con eles a animar ó Depor. Sempre é moi importante o de con quen relaciones os equipos.
Ainda, que sí que teño que recoñecer que ó Depor lle teño un pouco de aquel porque varios casos de xente que foi a Riazor coa bufanda ver un derbi con amigos coruñeses acabaron tendo problemas e necesitando que os axudasen os amigos. E eu teño visto xente do Deportivo por Marcador nos Derbis e claro que lles asubiaban e esas cousas, pero non lles acabaron tirando nada... Pero ese tamén é outro caso máis do que supón non poder ter unha visión global das cousas.
-fromoze-

Estimado Fromoze:
Dous tópicos para contestar no referente ó de que en Vigo non se agrede ós deportivistas: Cada un fala da feira como lle vai ( a miña irmá contoume de amigos con coches de Coruña que lle tiveron que poñer pegatinas de loa a Vigo para que non lles rompesen máis os farose) e Éche o que hai (Bastante xa é pelexar por aeroportos, autovías, consellerías... como para pelexar por furbor. Esperemos que non cheguemos ó nivel de Betis-Sevilla)
PD: Saúdos ó señor Rapa.
Bueno bueno, a ver se nos entendemos que polo momento o único morto que hay pola rivalidade é un deportivista que foi pararlle os pés a uns riazorblues de estos. ¿Que había drogras polo medio? Non o sei, pero Éche o que hai. Ademáis das pedradas ós autobuses dos estudiantes que van á Casa das Ciencias, que esas hai moitas. Brutos e borregos os hai en todas partes, non creo que ese sexa o tema.
Pero xa te digo que non veño a montar barullo senon simplemente a que entendas que en Balaídos nos queixamos moitos sempre que non poidamos ver bó futebol no campo. Somos unha afición sufridora, que non di non ós regalo, pero que pide o que ten á man, que son alegrías o fin de semana.
Non quero entrar na cuestión de quenes son máis cazurros... pero máis parvos... bueno, nos non fumos decindo en ningún momento que non se poidera cantar a Rianxeira en Riazor porque en Rianxo hai media docena de peñas do Celta e dúas do Deportivo :P
Quén é o Señor Rapa? Imaxino que non iría conmigo... pero por se o caso.
nao se passa nada aquí, sempre que sexas ti encantado de que me usurpes
polo demais, vese que chocades
e xa ves nadador, para facer audiencia, pois futebol
por certo por engadir á lista: la guerra del futbol, de kapusinski ou como se scriba
voulle sacar unha afoto á lúa, que hoxe é moi grande
chocos para todasos
Alertas hai, polo menos dous: un é o de Sanguiñeda, e outro o dun barrio de Vigo, que mesmo podería parecer o nome dunha peli erotico-xuvenil: Alerta Traviesas!
Como sodes... Vaivos o furbor e pouco máis... Moito blogue e pouca culturilla... A guerra do fútbol, desgraciadamente, fala pouco de fútbol. (Que pensarían os militares de El Salvador cando Trillo os confundiu cos de Honduras)
Haberá que investigar iso do Alerta Traviesas
Post a Comment
<< Home