Meme libresco
O meu vello compañeiro Dominob desafíame a un meme literario que responderei con gusto. Ó parecer trátase de dicir:
Os 5 últimos libros que lin por obriga. Éme difícil determinar cales foron eses libros pero creo que son:
-Cando veña á noite (David Pérez Iglesias, Editorial Toxosoutos)(Comprádeo que o autor ten fillos que alimentar)
-Cumbres borrascosas (Emiliy Brönte, Cátedra) (Fantástico, incrible, adiantado ó seu tempo)
-Plan Director do Proxecto Ineo da Zona Franca de Vigo (Zona Franca de Vigo) (Unha cuestión laboral)
-A primeira parte do Quijote (Planeta) (Era unha relectura, a terceira)
-Un libro que non me acordo como se chama de Clifford Gertz sobre a evolución histórica da antropoloxía.
Espero ter mentido con moderación e estilo. Agora os cinco libros para o verán (seguramente lerei cinco pero son 50)
-Guerra y Paz (Lev Tolstoi)
-Quijote (2º parte)
-Relatos (Faulkner)
-La ciudad y el pilar de sal (Gore Vidal)
-Pastoral Americana (Philiph Roth)
Esixo coma compensación á resposta deste meme que ti, poderoso Dominob, me inclúas na túa listaxe de enlaces e lembres que se pode ser linusero pero con moderación.
As cinco persoas que deben de respostar este meme son:
-Aquí
-O choqueiro anónimo
-Chamizo
-Elric
-E (se é que me está lendo) unha persoa que colecciona pousavasos escritos por min e que nunca comentou nada neste blog (Tos de disgusto).
Os que non tedes blog podedes contestar comentando este post. Aqueles que non o fagades padeceredes a maldición que levou a Xil Ríos a erguerse de entre os mortos e actuar en tódolos programas da telegaita. Sen dúbida é o mensaxeiro da morte do fraguismo.
8 DÃxome dÃxome:
non me lembro lendo un libro por obligación......... a ver......
bueno creo que do máis recente para atrás
un manual de manexo dunha cámara lumix panasonic, traducido por un alienínexa
lecturas parciais de gramáticas, a parte de sintaxe
el guión, robert mackee, para collerlle o xeito a iso do guión -------------, cando é así de fácil ------- e outros sobre o mesmo tema-------
os libros Antón Figueroa diglosia e texto, etc...
el campo literario de Pierre Bourdie...., os últimos para un artigo en grial...
ah, e el código da vinci, para poder darlle unhas respostas a un rapaz que me preguntou, demoledoras... as respostas
e cando veña a noite, por motivos diferentes ao nadador, non o merquedes que non cobra dereitos, e para os fillos xa sacou... por agora
ultimos 5 lidos por que si
estou na pax mil das memorias de chateaubriand, pode contar por un, aínda que me quedan case 3000 pax
diarios de v. kemplerer
algunha novela de Camilo Castelo Branco
vastas emoçoes e pensamentos imperfeitos, Fonseca
cousas de Valle, gerifaltes de antaño etc
austerlitz de sebald
unha colección de ensaios de E. Said
e relecturas de: guy debord, la sociedad del espectáculo e comentarios a la sociedad el espect. e panegírico
H. M. Etzsemberger, ou como se diga, preludios de guerra civil, creo... teño memoria deformante
quizais lea este verán...
el séptimo hombre; J berger (sobre emigración)
fragmentos e fragmentos de Lobo Antunes, gústamne moito pero en doses desordenadas, non sei por qué
paradoja del agrimensor, excelente novela dun tipo de cáceres ou por aí, non me vou erguer a mirar
e rematar chateaubriand
quero volver a ler... o poema de Gilgamesh, nunha edición nova que saiu
harry potter, que lerei na traducción que fan os rapaces de latinoamérica en internet, que é moi divertida, a traducción
mirarei a ver, os premios xerais e blanco amor
e seguramente lea...
tito livio, coma todos os veráns, hainos na aldea, e pásoo moi ben, así como herodoto, homero, libros vellos de medicina, oracións para morrer, asombrosas, cousas así, mentres o silencio é total, vexo estrelas e carballos, pasa sito ás dúas a cabalo para a granxa dos porcos, chega vidal do pueblo alá denoite, ladra un can...
claude simon, teño un amigo que me mata se non o leo
e o que me enganche, me divirta, ou me emocione... quen sabe qué
destes recomendo: guy debord, a min vaime, e para quen teña moita pacencia e poucos perxuizos chateaubriand, e os clásicos grecolatinos, claro
boh, choqueiro, disque
Se chega vostede a ler o do Plan director ese por gusto, pareceríame preocupante ;-)
Saúdos.
Ola, malvado blogueiro Nadador, e saúdos aos seus amigos e contribuíntes.
Non sei se o do coleccionador de pousavasos escritos vai por min (despois de todo, teño case tódolos teus escritos), pero se vai, esta é a terceira mensaxe que che mando aquí. O Conde de Paço Tristâo é o SeneschalKay na rede.
O meu estilo, aliás, é inconfundible (modestia aparte).
Se non se refire a min, de todos xeitos, vasme ter que aturar outro correíño, o...
Libros por obriga:
-Hard Times, de Dickens: pa clase, non ta mal, anque preferiría outra cousa.
-Emma, de Jane Austen. Igual (non me gustou demasiado, anque esté ben escrito).
-un couso sobre a política de Lunacharsky no comisariado de cultura soviético, pa 1 traballo de comparada.
-idem, un libro de teatro de Tretyakov, e outro sobre o cine de Eisenstein.
Cinco que lin por capricho (anque esté no medio dos exames):
-Postmodernism, or the cultural logic of late capitalism, de Jameson (caralludo, recomendo encarecidamente).
-Historia da Teoría da literatura (metérame neso por tí e sen gañas, e mira: agora é un tema que me apaixona, cada día máis).
-Heródoto, o libro 6º (dos 9). Éche a mar de entretido e marujo. Altérnoo con Terry Pratchett como obra de diversión.
-Un poemas de Seamus Heaney.
-O `Libro dos Mortos' Exipcio, anque o teño algo estancado (inspírame pa escribir unha obra así).
Os proxectos para o verán (que nunca se cumpren... ou alomenos, só en parte):
-O libro dos pasaxes, de Benjamin, que xa me chegou por correo (mil páxinas de pracer, literatura e crítica místico-marxista).
-Grammatology, de Derrida (por chegar).
-O segundo tomo da 'Mediterranée' de Braudel (nunca atopo tempo pa rematalo).
-Idem, co Tristram Shandy (vou polo libro 6º).
-E ler todo o que me quede por ler de Shakespeare, 'o inventor do humano'.
Dabondo polo de agora.
E visitade o meu blog, ou...
www.cortedecamelot.blogspot.com
Por alusións:
Estimada Hojasdehierba benvida a esta a túa casa e gracias polo teu primeiro comentario. O Plan Director do Cluster INEO é interesante pero non tanto como para lelo fóra de horas de traballo. Tamén me agradou descubrir polos blogs nos que participas que o teu nick débese a Whitman e non ó Cáñamo. Se che apetece invítoche a participar no meme literario.
-Non, Manolo, claro que non era por ti. Por certo, chóvenche as críticas por pedante polas túas eleccións.
-Aquí. ¿Queres que eu sexa o teu negro? Encantado pero a condición de que non se saiba que fun eu. A min gustaríame ser negro (ou rubio, ou esquimal...) de quen ti xa sabes...
son eu a que colecciona pousavasos? en realidade colecciono case todo, todo o que se deixa coleccionar, claro. e isto non é un post, senón unha postal desde barcelona, a non sei cantos graos á sombra e en vísperas do san xoán e da lúa chea máis chea que se acorda desde hai dezanove anos (ou iso me dixeron onte nunha cea, nada máis chegar)
Si,es ti pero o que tes que facer é responder o cuestionario sobre:
-Últimos 5 libros lidos por obriga
-5 libros para este verán
Xa estamos co de pedante...
Non vexo nada diso nas miñas eleccións, mais os que o pensesn agradecerei que mo discutan.
Bicos mil
Ando agora liberado de lecturas por obrigación, así que non recordo cales foron os últimos dese tipo que lin.
As miñas últimas lecturas foron, principalmente, de novela breve, como podes imaxinar pola miña ben coñecida por ti preguiza:
La presa de Kenzaburo Oé, Azul casi transparente de Ryu Murakami, Violència e democracia (o paradoxo brasileiro), dunha socióloga da que non me lembro o nome, Pollo con ciruelas de Marjane Satrapi e El dolor de la guerra, de Bao Nihn.
As miñas lecturas para o verán téñoas medio seleccionadas, pero seguro que acabo por non cumprilas:
seguirei cos contos de Chejov, rematarei a Historia universal de Paniceiros de Xuan Bello, Las amantes de Elfriede Jelinek, Tina Modotti I e II de Juan Ángel de la Calle, e a ver se remato Territorios inteligentes, un ensaio de urbanismo de varios autores dos que non coñezo o nome.
Post a Comment
<< Home