A Unión Europea: Nomes perigosos
Visto o éxito do post futboleiro ía falar de Sexo en Nova Iorque. A prensa da mañá , sempre a prensa, fíxome cambiar de parecer. Toda información sobre a Unión Europea críspame ata o estremo. O ser a zona do mundo cunha maior formación cultural parece que en vez de levarnos a solución ós problemas enfánganos en discusións absurdas ("¿Debemos ter soldos de miseria para deixar que os ricos nos obriguen a traballar máis e cobrarlles menos impostos para que eles sexan menos ricos e nós máis pobres?")e os necios, traidores, cabróns e inconscientes Blair, Berlusconi... gañan a partida. A pregunta debería ser "¿Por que algúns queren copiar un modelo que non funciona socialmente e na actualidade ten gravísimos problemas económicos e sociais de fondo (USA,China) e non copiamos ós países que si funcionan ben (Noruega, Suecia, Finlandia, Canadá...)?". O noso "sentido crítico" lévanos a crer que calquera problema á hora de levar a cabo un dos proxectos políticos maís complexos na historia da humanidade é o fin da Unión cando en China e en Estados Unidos unha enorme parte da poboación non ten acceso á sanidade e a educación. Prefiro ser un parado de Oslo a un negro de Misissipi cobrando o salario mínimo.
Blair e o afán británico por ser o Israel europeo pódenos facer crer que é un dos grandes responsables. Eu creo que ten máis que ver o nome. Normalmente o nome dunha institución política representa o contrario do que é. Se quixésemo unha unión efectiva de Europa deberiamos chamala Asociación Libre e Autónoma de Nacións Independentes Europeas. Para amosar as miñas teorías algúns exemplos:
-Partido POPULAR
-Partido SOCIALISTA OBRERO Español
-Izquierda UNIDA
-BLOQUE Nacionalista Galego
E o meu favorito:
-Partido REVOLUCIONARIO INSTITUCIONAL (¡Viva Méjico Cabrones!)
5 DÃxome dÃxome:
O do nome dos partidos é gracioso... O de colocar Revolucionario e Institucional na mesma liña debería xerar en calquera unha desconfianza tremenda. Algúns optan por poñerse nomes menos directos, tipo "A Oliveira", de Italia.
Non se quedan atrás os partidos independentes que pululan polos municipios de Galicia, que buscan os xogos de palabras atractivos. O que máis me gusta é o RUA, do concello, como non, da Rúa: Rueses Unidos Adiante. Como grito de alento futbolístico non ten prezo.
Non te olvides do GIL.
Anque sexa moi encomiable a túa admiración polos modelos escandinavos, hai que ter en conta unha cousa: é que non só demasiado extensibles.
Queremos dicir que o capitalismo non funciona así. Sería estupendo que todos puidesemos ser ricos e consumistas, pero os mecanismos de funcionamento do noso sistema económico-social fundaméntanse na desigualdade e na reproducción do capital (sempre, claro, en mans duns poucos).
E que tiveramos durante uns anos un espellismo de benestar (a social-democracia chegada ao poder e o wellfare state para frear aos comunistas) só corrobora que para que unha minoría viva ben, unha maioría ten que vivir peor.
Ansiar polo modelo sueco non deixa de ser, despois de todo, un mecanismo de evasión, querido Nadador.
O modelo soviético era de todo menos bonito, pero a solución para os problemas do home terá que acabar vindo dun modelo de sociedade radicalmente distinto dalquel e do que temos hoxe: un verdadeiro socialismo, vamos. Os aniños que levamos de neoliberalismo salvaxe demóstrano.
o choqueiro preguntoulle a un rapaz que estaba medio durmido
oe, ti de que partido es?
do PPDD
do PPDD?
si, partido partidario do descanso diario
neste caso non había contradicción
o rapaz era gordo e tranquilo
díxolle o choqueiro
por que estas tan gordo e tranquilo?
porque non discuto
home, por iso seguro que non é
non será
e non profundo máis hoxe, senón igual me poño a discutir en plan guy debordiano
e como dicía cervantes que había que fuxir dos homes dun só libro, fuxo de min mesmo e voume durmir
a señora ramona doume un ramo impresionante con romeu, erba luisa, amenta, ollo de sapo, manzanilla, rosas, etc, que está ao sereno con auga para mañá pola mañá, o recendo do verán..., no son houbo unha cacharela grande, a xente a comer sardiñas, vellos coñecidos, a noite
a noites comezan a medrar, é a hora de comezar un libro, un amor, ou unha empanada
Quen comezara as tres cousas
Post a Comment
<< Home