Monday, June 27, 2005

¿Por que comparar?

¿Que leva ós escritores a facer da comparanza necesidade? Scott Fitzgerald e o seu amigo Hemingway ían os museos a comparar os seus xenitais cos das estatuas. Ata alá fondo calla o afán de facer unha obra mellor ca o compañeiro. ¿Por que? ¿O realizar unha obra satisfactoria ou unha positiva aceptación non é suficiente para estar contento co traballo?
Os ataques soen ser crueis. Valle_Inclán dixo unha vez: "Imagínense que bien funciona el servicio de Correos en España que mandé una carta a la dirección Calle del burro analfabeto e iletrado (non recordo ben) y llegó perfectamente a la Calle José Echegaray". Dinme por aquí que Manolo Rivas definiu Movemento Literario coma "un grupo de cinco ou seis persoas que viven na mesma cidade e se odian amablemente."
Eu adianto unha resposta. A cultura é unha industria na que a calidade do producto se basea nas opinións e non en criterios obxectivos coma pode ser que o pexego esté podre ou non. Ademais os traballadores soen ser acomplexados, neuróticos e depresivos polo que necesitan máis esmagar ó rival que o recoñecemento propio.
Bueno, contestatade vós... ¿Por que tanta comparación?

5 Díxome díxome:

At 4:07 PM, Anonymous Anonymous said...

huas huas huas... Boa pregunta: e para qué tanta comparación? Ahí deches no cravo, amigo. Nunca tal cousa dixeches. Os rechouchios do fascista engaiolado oiranse esta noite desde a sua tumba!

 
At 12:18 AM, Anonymous Anonymous said...

seneschal, non permites anonnymous no teu blog, e menos que escriban con tinta negra,

unha aperta home, e brevidade

polo demais, home non é por comparar, pero, onde vai?, non todos somos ijuales

en calquera caso os que oteñen peor con isto son os comparatistas, creo que hai un grupo por santiago, aínda hoxe lin un poema dun que bueno, tiña un pasar

como diría un amigo meu, compara ti que a min dáme a risa

unha historia non sei se real ou non sobre isto pasou con pedrayo, gañaran as festas minervais ferrin e non sei quen máis, e non querían ir recibir o premio como maneira de protesta política; como llo dixeron a pedrayo, ete díxolle ide, vos ide e deixádemo a min...

estab adiante todo a patulea, gobernador, cardenal, militares, etcetc, e pedrayo empeza... sinalándoos coa man... "vostedes non son nada, non representan a nada... ( público alporizado) comparados con esta catedral que... a cousa seguiu así, coa mesma figura retórica, ata que nomeoou a castelao e entón uns falanxistas quixeron rachar o acto co cara al sol, pedrayo esperou, e seguiu...

quizais cruce discursos e anécdotas, éme igual, a miña memoria deforma as cousas, pero en calquera caso foi un uso da comparación, afortunado

non tanto como o de shakespeare, en Xulio césar, pero Bruto é un home honrado

xa ves seneschal son eu o que recomenda brevidade

apertas e chocos para todos, en jalisia todos nos coñecemos

 
At 2:30 PM, Blogger FraVernero said...

Boas, estimados:
Vaites, non domino isto da tecnoloxía blogueira aínda. Supoño que debo ter algo activado que impide os anónimos, ¿non?. A ver se o dou desactivado, e podo disfrutar dos teus comentarios, choqueiro.
Eu tamén lera nalgún sitio (creo que nunha entrevista de Ferrín, ou nos 'Anos escuros' que narraba Franco Grande) a famosa anécdota de Don Ramón (Otero Pedrayo, non o de Cando).
Canto á tirria que se teñen os escritores entre sí, eu apuntaría pedánticamente (como ven sendo habitual en min) a dúas escollas: a teoría de Bloom (anxiety of influence) é a que máis me convence a min. A do campo literario de Bordieu tamén. Agora, para os rencores e envexiñas persoais, só o deixo a que os artistas soen ser persoas moi narcisistas e egocéntricas, e en moitos casos, acomplexadas nalgo.
Bicos mil

 
At 4:55 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu escribin o primeiro comentario; e para quen o entendera mal; non pretendía defender aos comparatistas. tampouco son o seneschal kay. Insisto: Para qué tanta comparación??? Ahí deches no cravo!!!!!! Eu tampouco sei para que tanta comparación!

 
At 7:12 PM, Blogger FraVernero said...

Boas a todos:
Tranquilo, anonymous: ninguén che confundiu comigo (¡eu son inconfundible!) nin creo que supuxera que defendes aos comparatistas. Ninguén o fai, e sería unha anomalía.
Non anomalía, senón pracer, sería satisfacer os teus desexos, aqui, pero estou conxurado polo meu caro choqueiro a ser breve (como lle dicían os chavaliños do 68 a Sartre), e sendo breve sempre se deturpa. Eles son máis lidos ca min e poderanme corrixir se resumo mal.
A postura de Bloom pode resumirse en que os escritores novos teñen cara os vellos unha especie de ansiedade freudiana: os poetas novos len e admiran aos vellos, pero a admiración vóltase rencor ao darse conta de que os seus ídolos xa dixeron todo o que había que dicir; para romper co legado e crearse unha voz propia, o poeta novo ten que convencerse de que os primeiros se equivocaron nalgures, ou non completaron os seus proxectos. Deste modo, déixase aberta a posibilidade deañadirlle algo novo á tradición.
Xa me extendo demais, ou sexa que deixarei a Bordieu para outra ocasión. Bicos mil.
P.S.: xa me podedes deixar anónimos no Blog, incluídas ameazas de morte.

 

Post a Comment

<< Home