Friday, July 15, 2005

Post 101

Amigas e amigos (se os hai) estades perante o post 101 do Nada que dicir. Quen mo diría... A inconstancia combinada coa apatía son marcas da casa e dificilmente podía chegar a crer que ía escribir unha pequena postaliña case a diario onde descargar as miñas neuras diarias e plasmar a miña frikez a un amplo público de 20 e pico lectores.
Extraio as seguintes ensinanzas: estaba máis so do que cría, tiña máis necesidade de comunicarme e de escribir da que pensaba e son tan lacazán que non modifiquei en nada o deseño orixinal.
O meu agradecemento ás dúas principais promotoras (culpables) deste site, Aqui, por ser o suficientemente pesada e irritante como para animarme a facelo por non aturala, (sabes que é broma) e a Anxos por descobreme a min, e a tantos outros, as posibilidades deste mundo blogueiro.
Dende logo, tal como afirmaron o outro día no congreso, un blog non pode chamarse tal sen unha comunidade que enriqueza o seu sentido. Por iso todo o meu amor sen conservantes nin colorantes para vós.
Coma proba de agradecemento propóñovos dúas cousas:
-Que dedes a vosa opinión sobre este espazo.
-Que me pidades, se así o desexades, un post sobre calquera tema que queirades coa condición de:
*Un so tema por persoa.
*Que non implique verquer comentarios ofensivos sobre unha persoa ou desvelar a intimidade de ninguén salvo a miña.
Unha aperta.

2 Díxome díxome:

At 1:18 AM, Anonymous Anonymous said...

traio na miña defensa o verso

yo que tantos hombres he sido

así non me salto as normas e

e propoño...

unha reunión ficción na actual mesa do parlamento: non ten desperdicio: porteiro-pita-baltar
et alii: mira pita, yo eso no te lo consiento-eu son un demócrata, señora porteiro, non, non un porteiro, un demókrata-si vas ao riveiro, ao ribeiro d'aaaaviaaaa
vai por ........ vai por troitoseeeendeeee-pita dile que se calle hombre-nós somos hombres señora porteiro-el trombón del tio manuel yo me lo olvidé en la fiesta, ajora que no lo tengo, lalalalarala-.........joder pita, dile que se calle-eu son un joder señora porteiro, eu-four old sailors, four old sailors, dorme vous, do....- mira pita, asi no vamos a ningina parte-nós si que somos parte srª porteiro, vostedes...

viva o inverno

debe? touriño habitar o pazo do monte pío, pio, pio, del caserío me fío, non dará isto lugar a unha nova versión do minotauro: o minotouriño, perdido nos sotos labirinticos que deseñou o noso tantalo? era tántalo?, manolo gallego, disque algunhas noites de prácido luar, se escoita un rouco son, pasos rumosoros pasan polos corredores, imbéciles digo escuros, e cinxidos dun fantasmal verdor, pero ninguén sabe esactamente que din, e resoa unha voz xigante, e aterradora, con olor a oraldine, e ambientador de os pinos

viviría vostede nunha casa deseñada por un señor que leva ese apelido, as escaleiras alí?, soben?, baixan?, etc

unha serie de post sobre os tópicos galegos eu non digo que non estivese mal, uns din unha cousa e outros outra, pero se o din por algo será, non vaia a ser que o digan por dicir, e logo xa non se saiba o que dixeron, ou se o dixeron por non dicir outra cousa que non digo eu, como dicía, que non fose a que non querían dicir en realidade

en vez de uns cantos posts, uns cantos antes; uns cantos postes, uns cantos pantis; a jajajaja, mi querida señora porteiro, estes días estou moi metido en cuestións marxistas-nós somos os marxistas-popopopopo

manifestos poéticos e outros sarpullidos

comentario comparatista do verso de ramiro fonte: e bebo nos teus ollos como unha besta sedenta... con aquilo de fuxan os ventos: pariches de pé ao fillo/ como fan no monte as bestas...... iso é poesía, iso SI que é poesía, tanto latín...

modelos de lápidas personalizadas, o nadador xa coñece a miña, que é unha pinball, cada vez que fas partida, sae un esquelete, rindo e canta aquilo de welcome to the future, welcome to the future, as dianas etc para facer puntos son: desertización, chuvia aceda, contaminación da auga doce, macroepidemias virais, etc... cando sumas os puntos suficientes para a nova partida e subes de nivel, sae o esquelete ese, e se subes o suficiente de nivel, dache unha descarga eléctrica mortífera, mentres se escoita a risa do esquelete facendo un corte de mangas,

un sobre o etc

un sobre a manía de personalizalo todo, voume tunear, non sei de qué nos estrañamos polo dos coches iso faino a tuna compostelana, non te enamores, (que manía da mahía), ab urbe condita

chao, ala xa tes entretenimento,

un sobre os de redes escarlata, o'jara y sedal, chegando a... e berrando en... Zara, xuro que nunca máis me deslocalizarei, con fondo musical da deslocalizada del puerto de san blas, snif

e outra sobre as deslocalizacións, que é o que eu quero facerlle ao pub, pufff, que me puxeron á la vera, verita vera, vera de mi timpanooo, unha casa máis abaixo, xa levo cotabilizadas sete mexadas contra a marabillosa pintura ao silicato que lle puxen á fachada ecléctica, (é verdade iso, estilo ecléctico de primeiros do XX), eu por non quedar mal coa xente fago o que sexa

a adivinacion do futuro... nas marcas das mexadas nas paredes (que non sei porque vai ser un verso de inferior calidade que... poñamos por caso... a través de la pánica llanura / y cerca del brasil, ou, ya viene el cortejo, ya viene el cortejo, ya suenan los claros clarines)

por certo en defectos poño, que non escribes poesía e así claro, non comenta ninguén

e con estes siareiros, pois non me estraña, un millón de choquiños, ola aquí, ola alá, postéate postéate

 
At 2:58 AM, Anonymous Anonymous said...

queremos un post sobre Boney M

 

Post a Comment

<< Home