Monday, August 22, 2005

Os iogures, o Real Madrid e outras obsesións

Hai un anuncio, como non, de Leche Pascual no que se afirma que tomando dous iogures durante 8 meses se conseguirán unha serie de beneficios para o corpo. Outro do Mexilón de Galicia afirma que estes moluscos son bos para o corazón, os ósos, o colesterol e, por se fose pouco, son do noso país. Seguro que víchedes anuncios parecidos co leite, polo, plátanos, laranxas, barritas enerxéticas, nata... Tódolos alimentos suman cousas boas. Seguramente de non ser así non poderíamos comelos. Unha esponxa aporta hixiene as nosas vidas pero inxerila aporta poucos nutrintes e, senón a esgazamos ben, unha morte case segura por asfixia.
Sen o noso parasol de indiferencia cotiá sucumbiríamos ante unha sociedade obsesiva. Os alimentos, o exercicio e o meu peso ocupan gran parte do meu espacio mental. Outra obsesión recorrente é o fútbol, especialmente os pensamentos de desprezo ó Real Madrid. O top 5 complétase con: as mulleres (especialmente unha), o meu futuro laboral-persoal e as series de televisión. A orde podería ser esta:
  1. O meu futuro
  2. O meu peso
  3. As series
  4. As mulleres
  5. O fútbol

Ou outra.

2 Díxome díxome:

At 3:51 PM, Blogger O Nadador said...

Bueno, non está de primeira na lista das miñas preocupacións e non choro polas noites pensando niso. Iso si, cada vez que vou a unha pastelería parezo Soren Kirkegaard.
Gústame cazar moscas con pano (falei longo e tendido sobre o tema o outro día con Don Choqueiro) pero de día porque de noite non vexo nada.
Sintoo, estoume volvendo un pragmático que só cre nas solucións posibles. Se sigo así acabarei no PP.

 
At 12:08 PM, Blogger FraVernero said...

Ums... eu son pragmático e non rematei (aínda) no PP (anque é certo que me dei de baixa de tódalas organizacións radicais nas que antano militara).
Faime gracia o teu sinistro coas pastelerías. É algo que a min mesmo me ven pasando dende fai moito tempo (lembrarás, capuio, como te recochineabas do meu escrúpulo reverencial a entrar nas pastelerías... complexo de culpa).
Canto á cazata de moscas, eu son algo sádico. Gústame capturalas con vida, arricarlle as ás e queimalas vivas. Só que non lle adico tempo ao deporte ese.
¿Non era Domiciano o que se pechaba no pazo cun estilete a cazar moscas?
un saúdo de Manolo

 

Post a Comment

<< Home