Thursday, August 04, 2005

Alá ti

Podería falarvos, e ben, da serie Os Soprano pero de seguro que habedes de atopar quen o faga por min. Eu vouvos a confesar, sen adverbios, que o programa Allá Tú que emite Tele 5 polas tardes é un sinal inequívoco de ociosidade.
Allá Tú (que traducido ó galego sería Alá Ti, o que cambia totalmente o sentido filosófico da frase na miña pouco humilde opinión) entretenme cando canso, rapidamente, de aquelas actividades, positivas, que esixen esforzo ou adicación nas longas tardes solitarias do verán ( ler, escribir, facer deporte, ver cine de calité...). Nesa terra de ninguén da tarde, sen dúbida o periodo máis pernicioso do día, Alla Tú coa súa sinxeleza aterradora mata o meu tempo de ocio. Matar, neste caso, non é un verbo demasiado forte.
Jesús Vázquez, icono da modernidade española, dirixe a unha marabunta de vinte e pico concursantes que acoden desde o máis remoto da España profunda para demostrarnos que hai non por non haber intelixencia ten que deixar de haber vida na península. Pode parecer un pouco elitista pero quen se atreva a criticarme antes tería que ter visto a unha guardia civil dando voltas por todo ó plató tipo David Bisbal, agasallando ó presentador cun coello xigante en forma de A e rindo coma un porco ó que capan (segundo a descricción do Choqueiro).
O programa, para os que non o víchedes, consiste en que cada un dos 20 concursantes teñen unha caixa. Despois dunha infamemente fácil cuestión un deles sae á palestra. Ese será o que poda gañar o premio. Dende que é elixido ten que ir descartando as caixas dos seus compañeiros para poder achegarse ó contido que ten a súa. Hai premios de todo, dende 600.000 euros ata un desatascador de baño. A Banca do programa faille ofertas para vender a caixa e case todos a acaban por vender antes de tempo. (Creo que o expliquei terriblemente mal).
O caso é que entre tanta xoldra e berros e espontaneidade pódese facer unha análise sociolóxica moito máis válida que a través de La Linterna ou Hora 25 e é nestes programas, onde a televisión se ri da espontaneidade ou chora coas miserias cotiás da xente do común, onde vemos a realidade da maioría xente, pouco que ver cos problemas galácticos dos astronautas do discovery ou de Luis Figo. Parafraseando a Buckowsky eu tremo, ¿tremes ti por min? Alá ti.

3 Díxome díxome:

At 11:11 AM, Blogger frenchchou said...

para mal ou para ben, en total non debín de ver máis de 10 minutos dese programa. Pero ata onde puiden entender o mecanismo, pareceume que, para mal ou para ben, era a destilación máxima do concurso televisivo: ser hábil ou intelixente non inflúe no éxito conseguido, todo se deixa ao azar e o importante é a impresión de emoción. Supoño que por estas circunstancias está cerca de certa "perfección televisiva". Non?

 
At 12:26 PM, Blogger O Nadador said...

Bueno agradece que sexa un concurso tradicional e que non sexa un reality. Agora chega a última xeración: campamentos militares, operacións de cirruxía estética, Gran Hermano para sempre... O meu favorito sempre será El Tiempo es Oro.

 
At 1:49 PM, Blogger frenchchou said...

A min "El tiempo es oro gustábame", pero nunca sabía as respostas e miraba a aqueles tipos como xenios plenos de sabiduría. Creo que me gustaba aínda máis "Juegos sin fronteras", aquela competición entre municipios europeos cun montón de probas... tipo grand prix pero con máis rigor e sin vaquillas nin Ramón García. Soñaba con que algún día lle tocase concursar a Mos e poñer alí o meu grao de area...

 

Post a Comment

<< Home