Tuesday, August 02, 2005

Ante todo unha desculpa...

... Pola tardanza en actualizar este blog. Non é por falta de tempo, nin de internet, pero teño os bioritmos un pouco cambiados polas vacacións.
Esta reentreé adicámoslla ó recentemente falecido Rei Fath. Un personaxe das mil e unha noites.
Sorpréndeme o titular que leo nun xornal en Internet: Muere el viejo Rey Fath, e novo non é, pero non menos certo é que as veces morre un desa idade por estes ermos e non falta quen diga "Foise novo". Por outra banda o seu sucesor, irmán, ten 78 anos. Todo isto faime sentir unha brisa caribeña e o doce sabor do mojito.
Tódolos informativos lle adicaron uns cantos segundos ó seu obituario. Curiosamente case tódalas imaxes que tiñan eran con George Bush (pai e fillo) ou con Juancar. Gustaríame saber se se farían, na súa época de maligno esplendor, esas fotos con Pol Pot ou con Bokhasa. Porque Fath mantivo ó seu pais nun rexime feudal, de fanatismo relixioso e non repartiu co 90% da poboación as riquezas do petroleo. Acción dadivosa que tería, sen dúbida, convertido a Arabia Saudita nun país desenvolvido e non no país mafioso que é na actualidade.
Nós, toque de cor local, coñecemos a Fath (que en inglés sería coma dicir rei gordo) por ter unha fastuosa imitación da Casa Branca en Marbella. Un tío meu, malagueño, contoume que a xente facía colas que daban a volta ó barrio para traballar un mes para el. Normal se consideramos que pagaba coma mínimo 3.000 euros ó mes. Seguramente o vulgo ignorante e a aristocracia ilustrada que nos goberna por unha vez, máis, compartían motivacións pero non inocencia.

4 Díxome díxome:

At 9:12 AM, Blogger frenchchou said...

Non ensucies o nome do rei Fath, porque hoxe 2 de agosto estamos oficialmente de loito pola súa morte. Parece que para que un estado se poña de loito por un dirixente de outro pesa máis que veña gastarse toneladas de cartos en veranear, e bote un par de parrafadas co noso monarca que todos eses outros argumentos que tan perniciosamente expuxeches no teu discurso.
Só nos queda a sorpresa de que un home que viviu no luxo máis asombroso vaia agora descansar na tumba máis austera dun cemiterio público.
La muerte te dá sopresas.

 
At 9:53 AM, Anonymous Anonymous said...

O tratamento que recibiu este pasamento nos medios de formación de masas deu un pouco de noxo, por non falar do luto oficial… É dicir, non entendo tanta cerimonia por un personaxe que gobernaba un país nas antípodas da democracia e do estado de dereito, no que a tolerancia relixiosa é simplemente inexistente, e onde hai sospeitas fundadas sobre a financiación de grupos terroristas. É curioso que outro país da zona, máis ou menos coas mesmas caracterísitcas, irán, teña tan mala prensa. Quizáis é debido aos servicios que prestou o rei fath para o mantemento do control sobre os precios do crudo…

Por último, é unha mágoa que os propietarios de tendas de xoias na costa andaluza perderan un cliente tan pródigo… ao cabo semella que a catadura moral do finado se medía pola cantidade de cartos que podía malgastar nunha soa tarde.

 
At 11:29 AM, Blogger FraVernero said...

Aaaaa... O rei Fahd... Mantedor das vellas tradicións...
O da tumba e cousa do Wahhabismo, variente do islám obrigada en Arabia Saudí, e que ven a ser semellante (mutatis mutandis) ao fundamentalismo protestante: moi conservadores no político, fanáticos e literalistas no relixioso (cortar mans, lapidacións, xa se sabe). Os wahhabis están en contra do culto aos defuntos e das tumbas suntuosas (destrozaran a de Mahoma).
Certamente, a dobre moral xa non nos soprende. Arabia Saudí (en menor medida Xordania) naceron como estados lacaios do Imperialismo Anglosaxón (despois Americano), co que sempre tiveron unha atitude sumisa e aliada nos seus conflictos e intereses (o que non implica que non se demonizasen polas costas). A lealdade págase, anque Arabia Saudí sexa un dos estados máis totalitarios, feudais, conservadores, reaccionarios, dictatoriais, inxustos e perversos da Historia Contemporánea. Se algún país merece estar de nº 1 dun presunto eixo do mal, eis AS.
Ou mellor: a súa corrupta e malévola clase dirixente, que vive no maior dos luxos gracias aos petrodólares sobre unha enorme miseria flotante.
Algún día os despacharán. Paciencia: xa chegara a vella Toupa...

 
At 12:28 AM, Anonymous Anonymous said...

Son unha gran admiradora túa Nadador. Gustaríame coñecer a túa opinión sobre as tauradas, son moi afeccionada os eventos taurinos. O outro día, nas tradicionais festas Da Peregrina en Pontevedra, acudin entusiasmada á corrida. O clima das festexos taurinos e fantástico. A xente bebendo o viño na bota, as mulleres movendo os abánicos ó unísono, conforma unha imaxe realmente emocionante. Como non falar da excepcional banda de música, que constitúe un dos ingrdentes indispesabéis das corridas ( taurinas estou falando nadador, xa falaremos das outras máís polo miúdo ti e máis eu.). toda a cosmogonía da festa nacional faínme sentir morriñosa dunha época realmente esplendorosa do noso país, da nosa nación, que ven esmorecendo por completo. Non entendo realmente os posicionamento dalgún bolcheviquero atrasado, que pretende suprimir un das nosas máis gloriosas pezas que ensamblan a nosa cultura. Resulta patético, esta actitude ademáis de pouco fundamentada. Os chamados, os mal chamados intelectuais, reproban os touros coas súas habituais muletillas e tópicos ó uso " machista", "franquista", "salvaje", " arcaíco". Recordaríalles a estes botarates, moitos deles francófilos no eido cultural, que miraran fóra da península e quedarían abraiados do arraigada que esta a nosa festa por gaul, portugal ou hispanoamericana. Quero coñecer a túa opinión torito bravo mío. ESE TORO TORITO TORO. Gustaríame verche torear al natural nadador. Hai es que te vou a comer enterito. JUAGPO!!

 

Post a Comment

<< Home