Monday, September 05, 2005

Feísssmo

Farei un post con ideas alleas. Di un amigo meu que o tan manido feísmo rural ten máis de mito que de realidade. É evidente o horror arquitectónico e de ordenación do territorio que hai nas nosas aldeas. Pero habería que preguntarse por qué uns paisanos con poucos recursos, afeitos á vida dura, prácticos, sen coñecementos de arquitectura habían de facer as casas ó gusto do urbanita. A paisanaxe é de Le Corbusier, de Bauhaus, a funcionalidade ante todo: paredes sen pintar, ventas de alumiño, cemento, azulexos na cociña... Son sensatas respostas ó seu entorno e unha imitación da súa clase social máis cercana, que non son os médicos de Santiago, senón os habitantes dos barrios de aluvión das cidades. No País Vasco Francés toda casa nova que se faga ten que ser un Caserío. Aquí poderíase facer o mesmo, ter uns modelos de casas tradicionais e artellalas de maneiras preconcebidas. Non obstante non queremos privar ós labregos da arte dos mellores arquitectos galegos. Que contraten ós que fixeron as casas que os avogados, profesores universitarios e outros desafogados liberais teñen nos extrarradios das cidades. Iso si é harmonía rural.

4 Díxome díxome:

At 1:07 PM, Anonymous Anonymous said...

Pois sí, que o fagan. Pero que contraten a Cuiña para lles levar o cemento. Velaí a clave.

 
At 2:05 PM, Blogger O Nadador said...

É importante apoiar ó honrado e traballador empresariado do rural galego. Don Xosé e o seu primo son exemplos do bo funcionamento do tradicional sistema económico galego. Aristócratas ilustrado. Que traia non só o cemento senón tamén as ventás de aluminio.

 
At 3:26 PM, Blogger frenchchou said...

Eu creo que a clave está en revalorizar a vivenda neoecléctica galega, promovendo, por exemplo, que a editorial Taschen lle dedique un deses libros tan bonitos que fan. aí sairían esas casas hipertrofiadas dos novos-semi-ricos e a inventiva do semi-pobre-tradicional para aplicar solucións novidosas con materiais innobles. Galicia convertiríase nun icono kitsch e turistas post-modernos do mundo enteiro nos visitarían e buscarían polas pistas de Guitiriz esa casa monumental con semicilindro acristalado na parte superior, tipo avión Jumbo, por poñer un exemplo entre tantos outros.
O caso é, coma sempre, vender ben o produto nacional.

 
At 10:58 AM, Blogger O Nadador said...

Por alusións do príncipe albino de Melniboné... Non creo que a xente de clase media-baixa careza de sentido estético. Simplemente non ten diñeiro nin tempo para darlle importancia.
Si hai feísmo, non o notei, pero tamén existe entre a xente que podería ter tempo, diñeiro e formación para preocuparse polo tema. É á hora da verdade a súa preocupación pola paisaxe non é tal. Iso é peor que deixar a casa sen pintar. As solucións teñen que vir a partires da lexislación que obrigue a construir e reformar dunha maneira determinada (e razonable porque coma dixo Maquiavelo "É preferible unha lei mala que se poda cumprir á mellor lei irrealizable). E que por favor non se parezan esas casas ás do cuadernillo da Voz.

 

Post a Comment

<< Home