Wednesday, August 31, 2005

Tolos pola música

Recoñezo a miña preguiza para escribir nestas vacacións curtas en días mais longas en espírito. Non me faltaron temas pero si as ganas, o descanso mata a forza de vontade, o ocio é o maior inimigo do traballo e, en doses letais, do ánimo tamén.
Introduccións aparte, e coa promesa de que coa rutina chegará a regularidade, o presidente de Turkmenistán avanzou un chanzo máis na espiral de megalomanía dos líderes mundiais.
O tal Niyazov ven de prohibir a música na súa república euroasiática agás "a verdadeira tradición musical e vocal" de Turkmenistán. Na televisión e na radio, nos edificios públicos e nos bares, nas vodas e nos bautizos... (Debe ser unha experiencia interesante unha disco turkmenistaní).
A algúns non lle estrañou a medida xa que entronca coa súa política illacionista e xa ten prohibido o pelo longo e a barba (só ós novos), a radio nos coches e o ballet maila opera (innecesarias). A min si me sorprende a inocencia deste home. En todo déspota e poeta hai agochado un ser inocente que, coma os nenos, reduce ós problemas a unha simplicidade allea á realidade e sacode con furia ós que se opoñen a el. Estimado Niyazov, a música é a máis grande das artes, é case universal e anterior á fala. Pretender prohibila é coma querer prohibir o sol. Isto marcará a túa caída.

1 Díxome díxome:

At 2:49 PM, Blogger iago said...

Afirmando que a música é anterior á fala, estamos a afirmara a posibilidade dunha linguaxe natural. Co cal, eu estou moi de acordo como defensor acérrimo das linguaxes míticas. Pero, fai, ó menos teóricamente, que sexa contradictorio preocuparse pola limitación da música á música tradicional por dúas razóns: Todo segue sendo música. A música tradicional será a música máis acorde que se pode desexar por falar do lugar correspondente ós que a usan, e decir, máis interesante e cercana.

A fin de contas, por moi variables que sexan os estilos, cada un seguirá ó seu rollo e usando a música para expresións da súa propia cultura. Pensemos en cómo o pensamento icónico español se plasma nas nosas músicas na necesidade de decir cousas con sentido mentras aceptamos que uns amerricanos canten aquelo de "Melocotóns para todos" simplemente porque non o entendemos, e de facelo, nos da igual.

Ese é o erro que vexo eu á hora de querer controla-los xeitos de expresión, estes xa se axustan automáticamente. O único que fai falla é unha esixencia de presencia do producto propio nos medios como se fai en Francia, e terás o que teñen eles: películas como as de Hollywood á francesa (como a tortilla).

A globalización danos ganas de que varíe o envoltorio dos agasallos que pedimos, pero no fondo, a traverso da glocalización seguiremos a ter o mesmo dentro do paquete.

 

Post a Comment

<< Home