Wednesday, March 23, 2005

Dous viaxeiros cun mesmo destino

Poñamos por caso que estamos nun problema escolar e o viaxeiro A mailo B van a un lugar deternminado. Poñamos por caso O Milladoiro no concello de Teo.
O viaxeiro A ve edificios grises en ringleiras arrodeados de outeiros tamén dispostos en ringleiras. Unha ancha estrada ferve de coches e ruido. O ceo está gris e parece que aquela interminable rúa non rematará xamais. A sensación do viaxeiro A é similar á dun equilibrista que percorre o arame cun ollo no chan.
Non ve máis que comercios, talleres mecánicos e bares ademais de edificios de vivendas horrorosos construidos a principios dos 80. É como transplantar a avenida máis gris dunha cidade no medio dunha aldea.
O viaxeiro B está afeito á mediocridade. Remexe entre a borralla porque ás veces para ben e ás veces para mal o máis revelador non está na tona senón no pouso. Ve a familias de países lonxanos indo a traballar, cunha esperanza non de toda rota. Imaxinase a familias de chinos e colombianos preservando o seu espacio cultural entre a chuvia e o vento do nordés. Imaxínase os bares, desprovistos de glamour e compensados a baixa cunha certa familiaridade e cheos de clientes habituais, sabedores de que os problemas quedan onda a catedral. No Milladoiro non viven conselleiros, nin os que teñen os suficientes cartos para vivir nun chalet en Ames, nin os que teñen en propiedade un piso na zona vella (xa que non existen). Isto faille pensar ó viaxeiro B que quizais o Milladoiro non sexa o peor lugar para vivir.

1 Díxome díxome:

At 2:22 PM, Blogger Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT said...

O Milladoiro está no concello de Ames

Un saudo

 

Post a Comment

<< Home