Alonsomanía
Unha pantasma percorre os bares de ambiente futbolero de tapas de aceitunas e cacahuetes. Leva unha camiseta azul e amarela chea de emblemas publicitarios e anima a un pijo asturiano montado nun coche ultrarrápido.
O éxito da Fórmula 1 en España pode ser o resultado dun experimento sociolóxico. ¿Pode un deporte aburridísimo e elitista captar a atención da audiencia se hai un participante español que destaque e unha canle fai publicidade masiva do citado individuo? Parece que si.
¿É un deporte a Formula 1? Hai unha actividade física impresionantes, certo, e é unha competición, non menos certo. Pero a diferencia entre escuderías é tan abismal que aplicando o símil ó atletismo sería como se un correse os 100 metros lisos cun saco de patacas ao lombo e outros fosen a cabalo.
¿É aburrida a Formula 1? A igualdade entre as principais escuderías provoca que as carreiras se decidan ou ben nos entrenamentos ou ben polos problemas mecánicos. Extrapolada a situación ó furborrr, o partido decidiríase por quen corre máis no entrenamento ou quen ten o mellor utilleiro. Os adiantamentos non existen a penas e sucendense voltas e voltas dos tipos nos cacharros.
¿A audiencia está enganchada? Por suposto. Só é preciso ver todas esas camisetas horteras, gorras, portadas de xornais, anuncios do individuo ese etc, etc... Unha proba científica é que antes a Formula 1 era un deporte de frikis que sabían que neumáticos usaba Sauber. Agora sabeo ata a miña irmá.
¿É masiva a campaña de publicidade que fai esa cadea? A pregunta correcta é: ¿O código penal pode castigar este comportamento para librarnos do circo da F1? Hai veces que o espacio de deportes SÓ é Fórmula 1 e en ocasións, non contentos cos tres días de competición, meten polo medio miniprogramas con curiosidades sobre o mundo do motor. A publicidade ( en 1 de cada 5 anuncios aparece don Fernandito) tamén axuda a odiar a este ruidoso deporte
¿E o citado individuo merece o Príncipe de Asturias? Pois claro que non, e tira pola lama o nome dun premio que recibiron entre outros a selección brasileña de fútbol, Sergei Bubka, Manel Stiarte ( por non falar doutras categorias onde o levaron prestixiosos científicos, Woody Allen ou Arthur Miller aínda que é certo que tamén o levou a autora de Harry Potter).
A mellor definición de Alonso fixoa o Guiñol. Simulaban unha roda de prensa e el dicía:
"Voy a ganar a pesar de que mi coche es malo, mi equipo es peor, los periodistas y aficionados de España no saben de Fórmula 1, los demás hacen trampas"
"¿Cuál sería entonces tu mejor virtud?"
"¡Pues la humildad, o no se nota idiota!"
10 DÃxome dÃxome:
"Unha proba científica é que antes a Formula 1 era un deporte de frikis que sabían que neumáticos usaba Sauber. Agora sabeo ata a miña irmá". Pois resulta que no meu caso é certo, sobre todo porque miña irmá convertiuse nunha auténtica friki de Alonso e a F1.
Apoio que a F1 é aburrida. Recórdame ao waterpolo, deporte onde só se marcan goles cando nun dos equipos expulsan a algún xogador.
E, para ver na tele, a vela anda por aí, porque se os planos son de lonxe só sabes que hai barcos no mar, pero non sabes de onde veñen, a onde van ou quen vai diante de quen.
Si, eu agora tamén vexo os finais das carreiras de F1, aínda que unha enteira segue a ser indixerible. No seu día fun fan, arrastrado por un bo amigo (Jesu Vaquero) e ata acudimos a Estoril con 16 anos a ver unha proba do mundial, con entradas para menores de 12. Eramos case imberbes.
Esperemos que pronto algún deportista cercano poña en cuestión o dominio oriental sobre o ping-pong (nome moito máis bonito que tenis de mesa, a onomatopeia contra a pura definición). Entón vibraremos ao son da pelotiña de plástico. Claro, eu tamén seguín o tour con máis interese este ano que un paisano meu andaba por aí asomando a cabeza. E por suposto que se o noso Nadador algunha vez chegase a desputarlle a Phelps, Van der nosequé e o outro australiano as medallas na piscina, aí estaría eu animándoo dende as gradas e aprendéndome de memoria a marca do microbañador, cantas brazadas daba en cada largo e demais tecnicismos do noso campión.
Aupa Nadador, Pekín está cerca!
O deporte galego é ambigüidade. Actividade competitiva que eu máis o choqueiro practicamos a cotío:
-¿E como vas, oh?
-Vou coma vou, e ti?
-Uns din que ben, outros que mal. Ó final todo é política...
-Haiche xente para todo.
-Moita xentiña do noso señor.
-Moita ou pouca o caso é que hai.
-De non habela non a había.
-Homee! E lo non?
-Pois será así o conto.
-Cadaquén tira para o seu e non hai máis.
-Lei de vida...
-Nótase que estudiaches ou que sabes...
-A xente conta a cousa como lle vai...
(Perde quen acaba por marearse ó perder totalmente o sentido da realidade ou o primeiro que se pronuncie significativamente sobre unha cuestión)
Me cae antipático Alonso, como a mucha más gente. Arrogante y para colmo ateo como reconoció en una entrevista personal que publicó hace unos meses El País. Tele 5 satura con sus programas y alusiones a la formula 1, pero es comprensible porque para hacerse con los derechos debió de empeñarse y si no los explota al máximo se llevará un batacazo económico terrible. Recuerdo que cuando se casaron los príncipes y en esta cadena hicieron una rentransmisión simultanea. Mientras Don Felipe y Letizia avanzaban por las calles de Madrid en su Rolls a paso de tortuga por una ventana en la esquina de la pantalla se veía a los bólidos de F-1 quemando el asfalto a toda velocidad.
"para colmo ateo"??
Si te parecieses más a Alonso, no escribirías estas tonterías.
Lo más triiiste es que ningún fan de Alonso sea capaz de ver que Alonso es TODO menos español... y que los que son supuestamente inteligentes tachen a Alonso de español cuando es de los pocos tipos nacidos en España que no son tan tontos como la mayoría de los españoles.
Si en España todos fuésemos como Alonso... pero claro, uno siempre tiene ídolos a los que no puede alcanzar.
Viva Alonso por ser uno de esos pocos españoles que no lo son.
Viva una nueva raza de españoles capaces de no ser unos pailanes. Suicidemonos todo y que los Alonsos sean capaces de repoblar España!
Y al resto: sed españoles, odiad o amar a Alonso, no desarrolleis un pensamiento complejo que hace daño xD
Calma anónimos míos, calma.
Doulle toda a razón ao último comentarista, o comentario que vou facer recórdame a este post http://nadaquedicir.blogspot.com/2005/09/sorte-que-temos.html por se queredes documentación. Pois si doulle toda a razón: ogallá todos fósemos Alonso e o que conleva: ricos, famosos (coas facilidades para ligar que iso conleva), novos, musculosos, adorados por millóns de persoas... Claro que se só hai 20 e pico corredores de fórmula 1 sería difícil que todos puidesemos gañar esa millonada por dar unhas voltas a un coche.
Os seus méritos parécenme claramente insuficientes dado que non realizou ningunha fazaña deportiva no seu deporte. ¿Chora Schumacher na súa casa de 7.000 millóns de pesetas? Por outra parte falas da intelixencia de Alonso. Para ti, seguramente, os intelectuais universitarios deben ser escoura a exterminar. Pois ben, estate tranquilo porque Marc Gené é o único licenciado e a maioría non teñen nin o bachiller.
No de ser ateo eu tamén o son así que... Pero queda mal nun pijo de Oviedo que pide o voto para o PP.
E todos somos españoles mentres o ordenamento xurídico español, apoiado polo seu exército nos apoie, así que tampouco é que che teñamos moito onde elixir.
Ntch, los críticos de Alonso no entienden la verdadera belleza de la fórmula 1, que consiste en ver como CASI adelanta a alguien durante 48 vueltas y dos o tres paradas en boxes. La potencia que nunca llega a convertirse en acto, pura belleza aristotélica... o insufrible coñazo, es cuestión de punto de vista,
Eu apoio o comentario da billarda.
Viva a pincha!
En Mos xa estamos preparando equipo. En 3 ou 4 anos optamos ao Príncipe de Asturias
Aaaaaaaa. malvado Nadador. Agora sintes un pouquiño do estrés e cansazo que sentimos os 'frikis' cando temos que aturar horas e horas de futbol (un deporte que me resulta pouco grato, aburrido e estúpido) unha e outra vez en tódalas canles de televisión.
En xeral, sempre me pareceu que 'contemplar deporte' é un espectáculo bastante ridículo. Sobretodo na nosa poboación sedentaria e vaga. Postos a crear espectáculos de masas, quizaves furrularía mellor algo competitivo pero máis espectacular, con música e caralladiñas varias.
Fravernero:
Creo que era Tales o que falaba das Olimpiadas para explicar qué era un filósofo. Creo que decía que nas Olimpiadas había os participantes, os organizadores, os que facían apostas e o público. O filósofo sería aquel capaz de disfrutar mirando a calqueira de eles. Algo así era.
Sobre o da música e as caralladiñas, eso é algo que levan explotando moito tempo os amerricanos.
Nadador:
Deixoche a resposta en rabadilla!
Post a Comment
<< Home