Tuesday, September 06, 2005

A sorte que temos

Cóntanme que unha precoz e exitosa escritora á que o destino me uniu unha vez, e quen sabe se algunha máis afirmou, dende a súa postura de filóloga galega, nunha clase do CAP que nas cidades só falaban galego "os que tiveran a sorte en nacer en familias nacionalistas".
Non podo estar máis dacordo con esta afirmación.
É dicir, se temos a sorte de nacer nunha familia nacionalista o máis probable é que os nosos pais fosen profesores de galego (un ou os dous), ou de historia, ou de matemáticas, ou, no paroxismo da sorte, catedrático universitario... Tamén é moi probable que pertenzan a outra rama do funcionariado nun concello, na administración autonómica... Estes empregos soen ter a estraña característica común de deixar medio día libre para ler sempre en Galiza, de ser practicamente imposible despedir ós seus titulares a pesar dun comportamento laboral neglixente e de non ter o máis baixo dos salarios (outra cousa é que lles chegue ou non pero Sargadelos hai que pagalo). É preciso para acceder a estes traballos estudiar e ter un nivel cultural alto. Aínda que xa que son estes os que marcan a cultura oficial en Galicia poden rebaixar o nivel ata que non teñan que ler máis dun libro ou dous ó ano.
Crían fillos porque poden ceibalos nas súas casas dos concellos limítrofes das grandes cidades e poden pagar clases de música, inglés, informática, papiroflexia, fútbol, baloncesto, baile rexional e así entretelos... Se isto non basta poden contratar a outras persoas, normalmente de persoas non nacionalistas, para que se fagan cargo e eles podan recitar, baixo o luar, a Álvaro Cunqueiro. ¿Non credes que é unha sorte vivir nunha familia onde nunca vai faltar o básico? ¿Acaso non é unha sorte ter uns pais que te podan abrir o mundo da cultura e da educación? ¿Vivir orgulloso do que un é, non imitar o comportamento dos pijos porque un está seguro da valía das súas propias orixes, non ter que poñerse a traballar ós 18 anos, ter a quen nos axude cos deberes na casa para non ser un fracasado escolar, que che den a vida lixeiramente pulida...?
¿Ten ou non ten razón? Desgraciadamente ós futuros empregados de Econsum e Dia a súa profesora de galego non foi a súa nai. Quizais por iso se pasaron ó castelán, para aspirar a algo mellor.

7 Díxome díxome:

At 6:30 PM, Blogger Xose Ramos said...

Estou en desacordo ca opinión inicial (a que citas). Non é certo que quen viva nas cidades fale galego por ter pais nacionalistas. A decisión do que falan os pais ou o de que falan os fillos non se debe só a criterios políticos dos pais. De feito é absurdo o simplificalo así, porque supoño que todos vos coñecedes casos de xente que falan na casa en Galego e logo eles falan cos amigos en Castelán. ¡¡Coño!! Son os fillos mesmos os que se separaron do Galego.

 
At 6:49 PM, Blogger frenchchou said...

A expresión da individua en cuestión é hilarante. O peor de todo é que seguramente sexa unha expresiónsincera. Eu tamén podería exclamar en clase: non todo o mundo ten a sorte de que os seus pais non chegasen á secundaria!
Cada un está orgulloso do que lle peta, pero se o proclama ten que entender que a outros nos provoque vergonza allea presumir de accidentes da vida.
Ser nacionalista é unha aspiración cativa, cativísima. Non vale a pena escribir libros nin publicar artigos en revistas de todo tipo para logo ter unha visión tan estreita dunha mesma.
Claro que logo o nadador restrégallo a todos as xentes de ideas nacionalistas de Galicia. Non sexas malvado...

 
At 8:08 PM, Anonymous Anonymous said...

Es aberrante la opinión de esa precoz escritora. Me imagino qué escribira y quienes la leerán por supuesto. Su parroquia de éxito, o mejor dicho, su corral de éxito lo tendrá garantizado a falta de una variedad de autores de la misma ralea donde elegir. De ser precoz seguro que le queda mucho por aprender y discurrir para abandonar esa ideología prenatal, tan intolerante, que destila esa opinión que le citas. Prefiero volver a nacer antes que ser nacionalista.

 
At 12:51 AM, Anonymous Anonymous said...

pois volve a naser..., home

hai algo que non me gusta no que pos hoxe, quizais entenda mal: a premisa é falsa, estadísticamente falsa, quero dicir, e con consultar o mapa sociolingüístico galego, que é un bo traballo de campo, chega. Se a premisa é falsa a qué responde, iso é o que me intriga; e porque é tan inmediatamente aceptada, iso tamén me chama a atención, moito máis: é como se houbese unha necesidade de confirmar algo que, se ben se mira, nace nun, non nas cousas (anque non vou negar que as cousas nesta nación (isto por foder ao outro) axudan bastante); evidentemente é moi fácil, e pásase como dios, darlle onde lle doe ou, onde lle fai cóxegas, ou onde nin se enteran, ou onde se corren de gusto (impórtalles un carallo) a certa caste nacionalista, clase media alta, etc... pero non acabo de entender...; paréceme compasivo este comment, e o que é peor autocompasivo, e iso fódeme como amigo. Volvín a ler a premisa: definitivamente é unha chorrada. ¿sorte?
tou canso nadador, empeza a a cabeza a facer das súas, non podo seguir, xa falaremos, pero ou eu estou na berza ou vexo tantos esteriotipos, prexuizos, descoñecemento, non sei o post de hoxe púxome triste, e a razón da tristeza é: por qué ti ves iso así...
non sei, déronme uns análises, teño a combinación ideal para que me dea unha trombose, ou un infarto, e deixei de fumar,

o peor de todo é que non podo comer chocos, cunha salsa ben negra como a min me gusta

que comentarios tan estraños, voume durmir. "Prefiero volver a nacer antes que ser nacionalista." Eu quizá prefira morrer pola mesma razón, non sei... Pero que fina se volveu a xente ostia, que autocomplacente e autosatisfeita... ¿volver a nacer?. A vida dáse se hai que dála, e o valor diso é que polo carallo cha devolven... pero este tipo, non, este crese con dereito a nacer de novo. eu alucino.

hoxe é que non ando fino, senón serviame a gusto.

ostias, cada frase que releo me pon de peor xenio, paro, se hai unha clase que ten mala conciencia de ser quen é, é a burguesa, aínda que todo se cura aí polos 40-50 anos, no tempo de desconto, vaia; non será que a burguesía proxecta a súa enquistada e secreta decepción, nos outros, que son o que lle sae do caralliño, disculpando, e pasan tanta vergonza coma eu capando grilos, por ser como ou quen son, boh... que conmiserativo é isto cos que non sinten orgullo de clase.... boh, paro, paro, pero quen che contou a ti isto...

bueno unha aperta máis grande que outras veces, bótalle a culpa á falta de droja, tampouco podo tomarme as miñas garrafiñas de licor café, polo demais o idioma súdama

estou cuartelero hoxe pero ese comment "volver a nacer"..., chacho sen nome, espabila, ou bule para que entendas.

asáltame a idea de que todo é unha ironía e non me entero, sería unha doble felicidade...

chao e barallar

volvín ler o final, que oblícuo, que atravesado, é iso de "desgraciadamente..." de qué... como ti estás farto de saber, cada un fala o que lle convén, o problema é cando non hai "algo mellor" como dis no cambio... cando o cambio de idioma é só un símbolo de "algo mellor" que non existe.

bueno, nunca entendín porque se destripa o que se no fondo se desexa, quizais sexa unha forma de coñecer, pero, demasiados bonecos rotos, demasiada debilidade

 
At 11:42 AM, Blogger O Nadador said...

Buff... Vou ter que volver a temas light se non as miñas contraréplicas van ser máis longas ca os meus post.
Empecemos polos alicerces. Non, obviamente non creo que ser nacionalista sexa mellor que non ser nacionalista. Si creo que pertencer ás clases medias e ó corpo funcionarial ten máis desventaxas que facelo nun supermercado, taller mecánico ou perruquería. A fin de contas o que quería facer era unha crítica do elitismo das clases medias ilustradas. Penso que o post tamén funcionaría se a rapaza dixese "Los que hemos tenido la suerte de nacer en una familia de izquierdas". Aínda que penso que hai unha maior heteroxeneidade nese voto que no voto nacionalista, maioritariamente tamén recibe a maior parte dos votos das clases medias e con estudios medios ou superiores. Unha estatística moi curiosa reflectía que Zapatero era moitísimo máis popular que Rajoy entre aqueles que gañan máis de 1.200 euros ó mes e viceversa.
Agora por partes:
Elric, como pertencente á aristocracia da Illa dos Dragóns, tiveches unha maior formación e te desenvolviches nun ambiente que permite, e promove, a expresión individualizada da personalidade. En estratos de poboación con condicións económicas máis duras non é posible.
Xmanoel (benvido á páxina ante todo) é certo o dos fillos que falan en castelán cos amigos. Eu referíame máis a xeración dos meus pais (entre 40 e pico e 50 e pico), nas novas xeracións o nacionalismo ampliou a súa base e oportunidades de xeracións anteriores non van estar dispoñibles para a miña. O castelán é necesario entre a xente nova, máis necesitada de adaptación, para ser aceptada. (E que non che pase coma Elric). Certo profesor de galego puxo unha proba ós seus alumnos, practicamente todos monolingües iniciais, consistente en dicir en qué idioma lle entrarían a unha tía/tío nunha discoteca. A resposta xa vola imaxinades.
Que din os TREMORosos? Non llo restrego a tódolos nacionalistas pero todos sabedes de quen falo e incluso, admito, que a definición que din se se ampliase á xente de esquerdas lixeiramente simpatizante do nacionalismo encaixaría coma unha luva na definición da miña familia. E do que estou orgulloso é de ter uns pais tan dilixantes e sacrificados en que ós seus fillos lles vaia ben.
O usuario anónimo que cree na reencarnación... Eu se volvese nacer non me gustaría (por diferentes motivos) ser explotador de nenas en Thailandia, skinhead, enxeñeiro de son de Toni Genil, defraudador de impostos, traficante de armas en Uganda, Lars Von Trier, terrorista suicida, congresista do partido Republicano por Iowa, prostituta rumana, policía torturador e corrupto en México DF, neno do sertao, vendedor ambulante en Lagos, artificieiro da policía, familia de Jesús Gil y Gil, contertulio nin Fernando Hierro... Polo que creo que ser nacionalista non é a peor das ideoloxías nin a mellor. Hitler o era e Gandhi tamén igual que Aznar e Arzallus. Eu creo que é unha resposta a unha situación determinada, cada un pode ter a súa opinión sempre que a defenda por métodos lexítimos. ¿Non?
Mr Choc... Sinto oír esas noticias sobre a túa saúde. Estou seguro que se trata dun aviso do teu corpo para que tomes outro tipo de vida e en menos do que esperas estarás mellor. Non é un brindis ó sol e sabes que rara vez falo gratis.
Por outra parte pretendía debuxar un mapa social para así desmontar un prexuízo dunha persoa, destinada a altos voos por certo, pero con moi pouco que aportar intelectualmente. O seu clasismo elitista (sabes que existe) é estremadamente prexudicial para aqueles que poden definir Galicia alén de "o lugar onde vivo" senón "o lugar onde quero vivir". Esa persoa non debería criticar a quen lle dá de comer e lle permite vivir así...
Queixaste da dureza pero xa me coñeces é o que avisa non é traidor. Por outra banda eu creo que a maior esixencia debe ser con nós mesmos e non caer na aristocracia de evitar a crise de clase. É moi jodido pensar en nós coma estereotipos políticos pero acaso nós non os usamos? Acaso cando falamos mal dos militantes dun partido non afín a nós non usamos catro adxectivos para debuxalos?
Eu creo que as ideoloxías nacen en resposta ás condicións do entorno. Polo tanto o de que o nacionalismo nace nun... O mapa sociolingüístico galego di que os galegofalantes andan no rural. Que xa non hai monolingües iniciais e as novas xeracións urbanitas non o falan. ¿Non é certo? Tampouco creo que as perruqueiras melloren o seu estatus social por falar en castelán. Elas simplemente o que queren é encaixar e a mellor xente fala en castelán. Prendede a tele e comprobarédelo nos cinco canais que tedes nese idioma e veredes cal é o mundo onde vivimos.

 
At 9:38 PM, Anonymous Anonymous said...

Ben é certo que hai certos estereotipos de pais, e que algún deles favorecen o desenrolo físico, psíquico e cultural da súa prole(GALEGA!).
Pero, non fai falla que sexan profesores de galego(o máis mítico), un obreiro afiliado á CIG(seguramente o máis abundante)pode ser máis ca suficiente.

Ovellas negras sempre as hai e eu son un bo exemplo, galeguista moito pero vividor máis.

Non obstante compre fuxir deste tipo de identificacións(quen semella ter cartos?, quen semella falar galego?... noxento!!). O complexo de "ser galego" é unha epidemia que se expandiu por toda Galiza e que aínda estamos a tempo de atallar. O BNG ten moito que facer e demostrar(ensino en galego, campañas en prol da nosa língua...)
Os medios de comunicación teñen o poder ou o poder ten aos medios de comunicación. RTVG, radio e tv portuguesas, xornais en galego, maior presencia do galego nos medios españois...
Hai moito que facer e por facer.

E nós facemos algo?

 
At 11:05 AM, Blogger O Nadador said...

(Tremor identifícate senón armádesme un lío)
Non creo que o nacionalismo sexa unha resposta a nada nin un problema. Serao en canto a unha circunstancia determinada. Se a xente non fai nada a pesar de tódolos esforzos dunha minoría para que tome conciencia pois mira, estaba visto que tiña que desaparecer o idioma, os galegos ou o que faga falla.
O que nós facemos é vivir en consecuencia ás nosas ideas e conciencia. Só facer o contrario é, de maneira obxectiva e segura, un camiño equivocado.

 

Post a Comment

<< Home