Monday, September 12, 2005

Austerlitz e os libros que non se len

Unha amiga, que le moito, recomendoume un libro que se chama Austerlitz de W.G. Sebald moi encarecidamente. De feito recoméndallo a un montón de xente. O Sr. Choqueiro fíxolle caso. Vinllo na súa casa e pregunteille se valía a pena e el, moi seguro dixo que si. Outro amigo meu, Tremor, tamén mo recomendara así que decidín collelo prestado e comecei a lelo.
Orixinalidade non lle falta ó libro. Vai a cabalo entre o ensaio e a narración. Mais resulta estremadamente aburrido, soso e parece máis unha guía turística (aburrida) ca unha narración. Sempre fun dos que pensou que as novelas deben ter trama e non abandoarse de maneira desaforada ó lirismo ou a divagación. Pode ser unha teima persoal pero pensade nos libros, películas, obras de teatro que recordades con máis agarimo.
Devolvinlle ó libro ó Sr. Choco e confenseille que me parecera un coñazo e que non pasara da páxina 120 (ten 260). E o diálogo seguiu así:
-Pois tes bo aguante...
-Logo ti non o acabaches?
-Pois non...
-Entón por que mo recomendaches?
-Pois porque é o típico libro que todo o mundo recomenda pero ninguén le...
-Home, espero que [nome da miña amiga] o lera.
-Pois non, tampouco acabou de lelo.
-Entón non entendo como tanta xente pode recomendar libros que non da lido?
-Pois a min paréceme normal (seguramente non dixo tantas veces "pois" Mr. Choq). Ademais eu só acabo de ler os libros malos...
En fin, opinade... Se dades lido este post enteiro.

4 Díxome díxome:

At 11:38 PM, Anonymous Anonymous said...

habería que matizar

eu non dixen que non me gustase o que lin

que si me gustou

e non descarto rematar,

libros que non rematei ultimamente pero que me asombraron no que lin,

"La acacia" Simon
"El mar de las Sirtes"
"Tempestades de acero" Junger, o asombro neste e no anterior é matizado, Claude Simón pode encher os días cuns párrafos, asombroso, non máis que outros, Faulkner p.e., pero tampouco menos
"Austerlitz"
Parei sobre a pax 2000 das memorias de Chateuabriand, pero caen pronto

é moi sinxelo, podo ler á noite, estou moi canso habitualmente, son libros que piden tardes longas e un tanto obsesivas, e eu non as teño

non pasa nada

onte descubrín nun paseo polo bosque un cabalo branco moi fermoso, pechado nunha leira, que ninguén supoñería nese lugar, ao que cheguei por azar, estiven acariñandolle o fuciño, asombrado, coma sempre, polos ollos dos cabalos, a súa forza, a súa beleza, fóra de que este era un arabiño chulo

hoxe chegou a primeira garza gris, as brancas levan xa unhas semanas aquí,

a marea baixa, máis alá da punta da barquiña, na Perelada, é moi fermosa, hai lama, pero ule a mar e está coberta dun manto verde moi diferente ao da erba, uns rapaces pescaron unha pancha, longa discusión sobre política territorial cuns veciños que andaban nas hortas

un laberinto de corredoiras que non coñecía, cada relanzo máis atrainte que o anterior, saber que por alí, esactamente por alí, vai pasar a estrada, e que a xente QUERE vivir á beira da autovía

é inútil cabrearse

pero pensei nunha publicación necesaria, un artigo longo, quizais varias entregas, na Voz ou así, polo menos que quede constancia, vaidades
varias, outra posibilidade é gripar os motores das paleadoras; encadearse a un carballo; ou eu que sei; non me gusta que mexen na parede da miña casa, pero cando acabe a cidade da cultura penso inagurala...

bueno, non só se le nos libros

a veces ata me canso de mirar tanto, niso son completamente aldeano, quero saber todo o que pasa, e por qué pasa

eses libros queren outro estado de ánimo, unha entrega distinta, un mal libro, léoo nun plis plas, impórtame unha merda, pero ten a súa función, descanso a cabesiña, que boa falta lle fai,

item máis, o que realmente quero ler é o que quero escribir, senón para qué, hoxe a presencia dunha nova obra de teatro moi intensa, as voces rulando por aí, non digo o tema, (que a sensación sexa todo o intensa que queira, que eu pense que é interesante, non garantiza en absoluto o seu valor) tamén a trama dunha novela, de repente, eses comezos a veces tan costosos, enteiriño, o outro día, só tempo de sentarse a escribilo...

iso non me impide disfrutar coma un rapaz (que disfrute) tanto dun comic xeitoso, coma dunha novela de aventuras ou detectives etc, como dun cachiño dunha obra mestra; non se vaia pensar que gosto do abominable Paulo Coelho, por todo o dito

escusas, que me alonguei sen sentido, pero tampouco ten sentido borrar

en canto ao nadador, xa o pillarei por ir falando por aí adiante de temas impersonais



non sei por aquí, por cangas dicían moitas veces... de que embarcas...? de cho... qué?... ir ó mar é o que ten. O cho alí ceo que era o axudante do cociñeiro e así

chao

 
At 12:58 PM, Anonymous Anonymous said...

El verano se acaba, pero todavía hoy vi en la tele el videoclip del tema de Papi Sánchez 'Enamórame' que sale en su album 'Yeah, Baby'. Papi Sánchez. Papi.
Ahora que se avecina el mal tiempo recomiendo la novela 'Peñas arriba' de José María de Pereda. A mí me gustó mucho. El ambiente tradicional que plasma es acogedor y el dialecto montañés en el que hablan algunos de sus personajes entrañable.

 
At 3:22 PM, Blogger frenchchou said...

pois a min gustoume moito Austerlitz. Non sei se vale a pena explicar o porque, por que non sei se o explicaría ben. Non me gustan os libros nos que pasan moitas cousas. Creo que me provocou o mesmo asombro que ao protagonista lle provoca a súa propia vida.
E non debe ser tan aburrido. Se o rematei eu...
Agora leo un que me aburre algo máis e non sei se abandonar: Memórias póstumas de Brás Cubas, de Machado de Assis, por aquilo de afacerme ao brasileiro. Pero espera aí Los anillos de Saturno, outra oportunidade de (non) aburrirse co tal Sebald.

 
At 1:13 PM, Blogger FraVernero said...

Imos a ver, o libro de Sebald está moi ben. Certamente é pouco 'convencional', e probábelmente careza deses elementos tan adictivos que amosan as novelas máis populares de trama enganchadora. As novelas de Pratchett do Mundodisco, por exemplo, resultan moi adictivas e útiles como mero entretemento.
Nembargantes (quizaves é unha paranoia miña) toda arte elevada inclúe un forte compoñente de dificultade e ascetismo. E sempre require que un mesmo poña máis da súa parte. Certamente é un esforzo, pero case sempre recompensa.
A min quen me recomendara este libro tamén foi unha amiga (case apostaría que a mesma que cho recomendou a tí), anque non lembro se o rematara todo; certamente a ela gústalle moito andar aos saltos e pillar fragmentos en todo. Moi posmoderna.

 

Post a Comment

<< Home