A importancia das persoas
Dúas das series de máis éxito da actualidade contan con elementos en común. CSI e House abordan as peripecias de médicos (porque Grissom non deixa de ser un médico forense, non?). No estético as dúas apostan por espectáculares recreacións dixitais das interioridades do corpo humano. E no filosófico as dúas apostan por investigacións baseadas non na psicoloxía ou no comportamento dos personaxes senón nos datos obxectivos. Así Grissom sempre repite "As probas non minten" e House di que "As enfermidades non minten, os pacientes si".
Nas dúas series pártese dunha fe ilimitada na ciencia. Esta pode resolver as investigacións policiais máis complexas e curar calquera enfermidade. As limitacións dos seres humanos son superadas polas últimas técnicas. Hai series similares a CSI como Medical Investigation e Numbers (delirante: un tío que resolve asasinatos con ecuacións) e en menor medida, como revisión do xénero de investigadores, Caso Abierto ou Sin Rastro e unha proliferación de series de médicos ( Anatomía de Grey, Hospital Central...).
O éxito destas series basease, en parte, en que permiten debuxar aos personaxes centrais da serie con 4 rasgos sen profundizar neles. Ademais se o interesante do capítulo é descubrir que o obvio motivo da morte daquel rico de Las Vegas obviamente non foi o obvio motivo o foco está no método científico de investigación e non nas relacións entre os personaxes e as súas motivacións. Simplemente quere deslizar esta teoría: Nas series de agora interesan máis os datos cas persoas porque vivimos nun mundo no que a xente interésase máis polas enfermidades raras que polos placeres e padeceres dos demais.
Por iso non me estraña o éxito de House. Os protagonistas teñen un color ben definido e aínda que encontro algúns puntos escuros e trillados na personalidade de Gregory House faime gracia. ¿A vós non?
0 DÃxome dÃxome:
Post a Comment
<< Home