Un ano sen nada que dicir
¿Ao fin e ao cabo que significa un ano en comparación coa idade das estrelas ou dos anos que leva Manuel Fraga nun cargo político? ¿A quen lle importa o aniversario dun blog máis dos millóns que polo universo esparexados van? ¿Cambia algo levar un ano con este blog?
Celebramos os aniversarios por varios motivos. Agora tendemos a crer que serven para recibir agasallos e copas gratis no caso dos afortunados, o máis habitual é o pago por parte do homenaxeado, pero de novo confundimos as fins cos medios. Un primeiro motivo de felicidade é seguir vivo, un ano máis. Tratándose de algo que tiven que escribir case a diario non é pouca cousa. Por outra envellecer é signo de podremia, desgaste e decadencia aínda que sobre todo constitúe un privilexio e experiencia. O alicerce no que repousan todas as vidas, o ter sido e poder ser.
Este blog foi, é e será (esta última afirmación é desexo, a primeira presunción e a do medio supoño que obviedade se les isto) un punto onde pontificar e debater sobre vida, arte, gastronomía, deporte profesional, política e tendencias na moda ou calquera asunto nimio ou trascendental coa que a miña pequena cabeciña se vexa sacudido. Grazas a vós as miñas reflexións íntimas pasan a ter unha nova dimensión. Ampliades as miñas ideas e axudádesme a coñecer mellor aos que me arrodean e a min mesmo. Este blog foi para min un gran instrumento de comunicación. Quizais pequei de impudoroso ao abrirme as veces en demasía. Tamén admito ser un tipo prexuizoso e con ideas sensatas que se deixa vencer polos seus primeiros impulsos. E non podo negar que moitas veces escribía a procura da vosa conmiseración, sorrisa ou indignación. Nalgúns casos as polémicas sobrepasaron o ciberespacio e noutras só me enterei eu.
Benvidos por outro ano máis e espero non defraudarvos. Unha aperta.
7 DÃxome dÃxome:
Vaia, son o primeiro en felicitarte ¡que ben!... ¿e agora que escribo?...
Hmm... felicidades.
Non deixes de escribir, que te botaremos de menos.
Lerte é un oasis de intelixencia na mediocridade dos nosos días.
Espero que podamos pasar outro ano xuntos.
Hala, xa gastei todos os tópicos. Así o próximo terá que currarse algo orixinal.
Noraboa, socio!!! Para min o máis important das celebracións deste estilo (aninovo, aniversario...) son as recapitulacións, as reflexións e os novos obxectivos, os retos. É unha celebración túa, q nós podemos compartir, pero q tí debes disfrutar, facendo reconto do que che aportou o que levas e do q aínda che queda x dar e x q che deamos... Sei q será moito...
Un bicaso de feliz aniversario!!!
Marzo é un bo mes para estar de aniversario. Eu non son a túa mellor lectora (por falta de tempo, eh!), pero mantéñome informada gracias a algún que outro asiduo.
Parabéns pra voçe. Vémonos en Compostela, se cadra.
Esmi.
esperamos que non teñas nada que dicir un ano máis. ou cando menos que nos invites a un bermú entre piscinas, como naquel relato do libro de Cheever que me prestaches.
un bico
Mira ti que a min estes post non me gustan nada, suponse que un ano é unha de esas memeces artificiais para regular a nosa vida, igual que os meses e os salarios...
Sexa como sexa segue escribindo, que seguiremos léndote e compartindo diatribas cibernéticas...
Logo este blog é un piscis... pois non se parece nadiña a outros piscis que coñezo ¿Quizais fáltanlle os nove meses de xestación no ventre materno para recibir a radiación axeitada da lúa? Está ben celebralo, un ano é mostra de seriedade, non é un blog de xoguete. Se segues así poderás editar un "greatest hits". Con todo, non celebres calquera cousa, xa hai moitos efemérides adicadas á mala conciencia (Ex: Día das Letras Galegas)
É un piscis como seu dono. (Viva o día mundial da enfermidade renal)
Post a Comment
<< Home