Saturday, February 25, 2006

A peor banda do mundo

Non amigos. Non se trata de Los Piratas. Ese experimento realizado por unha mente malvada para intentar que a min me deixase de gustar a música pop-rock e a vida en xeral.

Aquí explícano mellor. É unha serie de comics que os frikis habituais deste mundillo (El Duende, Elric, Ocioso, Zenone...) xa coñecían de sobra e eu puiden descubrir recentemente.

Podería aplicar unha ampla gama de adxectivos para enmarcárvolo como virtuoso, sintético, transgresor, misántropo, único, insignificante, desacougante, irónico que se resumen nun que rara vez emprego: xenial.

Non podo resistirme a, sen o apoio da imaxe, trancribirvos unha das pequenas e baleiras historias desta saga. Se vos gusta póñovos a segunda parte desta minihistoria que é incluso mellor:



UNHA OSCURA REVELACIÓN

A maioría da xente que pasa ante o número 58 da rúa Goritz non sospeita o que pasa detrás dos cristais pulidos da tenda.

Cornelius Gauss: Aaaaah, moi ben. A súa muller da limpeza díxolle que o xarrón de porcelana tirouno o gato. Foi ela quen o fixo caer. Expresamente...

O seu marido matnén desde fai varios anos un lío cunha expatinadora romanesa, moito máis nova á que el chama Didí.
Señora Krell: ¿Didí?
C.G: Se quere a miña opinión, tamén a min me parece un nome ridículo.

A súa sobriña non se matriculou en ningún curso de decoración de interiores: é bailarina nun show erótico no clube da rúa Karamazov.

¿Atópase ben señora Krell?

Non sempre as revelacións son de todo claras.

C.G: O seu callista planea asasinala.
Muller: ¿Que? ¿Como? ¿Cando?
C.G: É todo o que lle podo dicir.

Outras son irrelevantes.

C.G:O presentador das noticias do tempo é un gran bailarín de rumba.

Outras só parecen ser irrelevantes...

C.G: O ximnasio calisténico Aurora. É só unha tapadeira para un negocio de prostitución de damas da alta sociedade.
Sr. Mengel: Mmmm, dígame, Sr. Mengel. ¿Nunca se estrañou de que a súa muller dedicara tanto tempo ás reunións para a defensa da moral e os bos costumes?

A pesar das súas boas dotes extrasensoriais, Cornelius Gauss nunca consegue adeviñar o que a súa muller lle preparará para comer.

C.G: ¿Escalopes de terneira?¿Guiso de cordeiro?¿Souflé de ovo?


0 Díxome díxome:

Post a Comment

<< Home