Saturday, February 18, 2006

Operación policial

Acaban de coller o segundo maior alixo de cocaína dos últimos 10 anos en Europa. O que se adica a facer estas clasificacións será un profesional de carreira adicado a facer clasificacións dos peores incendios, os accidentes máis graves, as maiores intoxicacións alimentarias ou as colisións múltiples máis lucutuosas?

O nome da intervención policial non ten desperdicio: Alma lusa. Para os que non o saiban o xefe da policía de Galicia (descoñezo se o segue a ser na actualidade) é un escritor con varias obras publicadas e o maior experto mundial no couto mixto e o comisario de Pontevedra ten un libro publicado. Sen embargo todo parece indicar que o bautismo da operación correo a cargo dos nosos veciños.

Imaxínome aos serios e recios mandos policíais despois de moitas semanas de planificación da operación barallando nomes evocadores e eufónicos. Poetas por accidente saben do impacto que terá no imaxinario a súa invención. Esta operación Alma Lusa quedará na mente do público como no seu tempo a Operación Nécora . Na sociedade do espectáculo só pode pervivir o que quede no imaxinario popular.

Por outra banda os narcos pasaban a droga camuflada en coliflores. En Colombia uns comerciantes destes productos vexetais ilegais construiron un submarino a 300 kilómetros do mar. Teñen usado para esconder a droga comida para cans, tractores,taboas de surf, discos compactos, cadeiras de rodas, cocos, cintas de vídeo, patíns, cadáveres... Un amigo meu díxome que non saen novelas como as do XIX porque antes os individuos máis valiosos de cada xeración adicaban os seus esforzos a iso e agora adícanse ou a curar o cancro ou a saír na televisión. En todo caso o talento está de lado de narcos e policías non dos artistas.

3 Díxome díxome:

At 1:45 AM, Blogger iago said...

Seguirei demostrando a miña selecta cultura:

É xenial ó respecto a parodia que se fai en Torrente 3 ó respecto dos nomes das operacións policiáis coa súa super-preparada Operación Woxter.

 
At 9:19 AM, Blogger O Nadador said...

Lamento ter visto só as dúas primeiras partes da saga. Despois da universidade deixei o Off Cinema

 
At 12:50 PM, Blogger elduende said...

Nota aclaratoria: Sí, Luís García Mañá segue sendo o Xefe Superior da Policía Nacional en Galicia, alomenos, onte o era.

¿Terá caducidade o cargo?

 

Post a Comment

<< Home