Rasputín
Onte lin un comic de Hellboy onde un dos protagonistas era Rasputín, o monxe da corte do Tsar. Agora mesmo, mentres redacto estas liñas estou a escoitar a xenial versión do mito desta personaxe realizada por Boby Farrell e o resto de Boney M. Tamén recordo que o personaxe sae en Corto Maltés e nun videoxogo chamado World Heroes.
As personaxes reais ás veces convértense en mitos e pasan a formar parte do imaxinario colectivo. Outros bos exemplos son Shakeaspeare e Chesterton en Sandman ou, de novo Boney M, Ma Baker e El Lute nos cantares de xesta do grupo que revolocionou a música tal como a entendemos agora.
Desgraciadamente non hai personaxes galegos que pasen á cultura popular mundial e se convirtan en iconos. Todos os candidatos teñen pegas: case ninguén fóra de Galicia leu a Rosalía ou Castelao, Beiras ou Fraga son arquetipos da súa ideoloxía política, o Paulino non resulta un serial killer serio, Fran tiña unha zurda comparable á de Maradona pero unha sosez superior á dunha pedra, Pucho Boedo é contemporáneo de Jim Morrison pero iso compartían e nada máis... O feito de que non nos atrevamos a mitificar aos nosos antergos reflicte un complexo de inferioridade ou un inusitado sentido común.
10 DÃxome dÃxome:
eu non digo que non os haxa, a ver se me entendes, pero puntualizo
.............
e agora comatizo un pouco
,,,,,,,,,,,,,,
e como son do oficio pois guionizo --------------------
mundial, mundial, é moito dicir, pero julio iglesias é mundial ou non, a parte de ser un truhan e un señor, algo bohemio e soñador
e que dicir de franco, franco, franco, máis jallejo tu, se ata xogaba á quiniela
Rosa lía, é máis lida do que supós no post, e con E. Dickinson (da que non desmerece nada, só que ela é anglosaxona...), etc si podería ser un arquetipo de algo, só que nun ámbito restrinxido
a Jim e Van Morrison non lles fusilaron o pai por sindicalista, iso tamén os distingue de Pucho, agora, eu este revival tampouco o entendo moito, é tirar do que non hai
ao sentido común chámanlle necesidade
por outra parte Sandman é un producto tan restrinxido coma outros, a fin de contas tamén Jin M. o é,
falamos de nós, un nós máis ou menos extenso, pero sempre limitado, quizais o problema é non saber estar nese nós que tocou, ou non, eu que sei, será, pode, a ver se vai ser, etc,
para rematar puntocomatizarei outro pouco
;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;;
viva castroderibeirasdelea
O teu é de premio.
Primeiro xuntas a Fraga con Beiras... a reostia. Beiras que foi e será un paisaniño de Santiago que tocaba o piano do que ninguén se lembrará no mesmo saco co Nadador máis importante de España; ti non debiches saír moito de Santiago. Porque os personaxes políticos galegos son 3: Franco, Fraga e Fidel.
Logo falas de Rosalía... vexamos, penso que será por aquelo de gardar dos autores que escribían en galego; pero se a xente se de Rosalía é porque non só escribeu en galego. Entre os que escribiron en Galego está claro que o máis importante é Alfonsito X (ata coñezo unha estadounidense que traballar sobre o tema das cantigas). Pero persoaxes literarios galegos hainos máis importantes e máis persoaxes que Rosalía. Por un lado un que introduciu na noso falar de cada día dúas palabras imprescindibles para falar do noso mundo: o esperpento e os fantoches do señor Valle-Inclán (que estaría ben que pases pola Ferradura a pedirlle perdón polo olvido). E na outra esquina, un peso pesado da literatura Universal, un home capaz de absorver 1 litro de auga polo cú, un premio novel: Camilo José Cela. Que está claro que no te apellidas Cela, porque entón saberías o que é que che pregunten: ¿Familia do escritor? Nin o rápido que son os funcionarios cando tes relación co tipo ese da herencia (aínda que a relación sexa o acento galego e un apelido en común).
Claro está que si para poder ser mitificados, teñen que escribir en galego; pois o Rei ou Martín Codax, outros non hai.
E imperdoable é a mención a Forrest Fran; alma cándida, o imbécil ese (porque non era soso, é parvo) que casi manda ó Deportivo a Segunda B coas súas denuncias e fixo que ningún xogador quixese vires para a Coruña este verán porque parecía que non se pagaba. ¡Acuña, joder Acuña! O Xanetas, ése sí que foi un grande. No o papaostias ese.
A cousa, é que seguro que mo esquenzo dalgún máis.. pero home, estes que te menciono, é unha pena que non te lembres deles.
Hmmm, quero romper unha lanza en favor do Nadador... o tema do post non era "galegos famosos", que hai moitos, senón "galegos que forman parte da cultura pop". E Afonso X non sae nos cómics de David Rubín nin hai cancións mitómanas sobre Fraga... os galegos somos moi pouco pop, por moito que se empeñen en facer camisetas de Rosalía-a-lo-Marilyn.
Así, de memoria, o único que se me ven á cabeza é a versión do himno español con "Franco, Franco, tiene el culo blanco.." ¿Conta iso?
Moi curioso. Só coincidides en Franco, a verdade é que se vos notan estes últimos 16 anos á sombra, supoño que desde os dez ou por aí durmindo con Fraga, despertando con Fraga, e Fraga... claro, educouvos... criaturas. Mitificar pouco?, resulta raro que se pense iso, se aquí se mitifica ata a un tipo como Paco Vázquez (ruega por nosotros). "o Rei ou Martín Codax, outros non hai" pois non, fóra criterios de gusto, non é certo, Codax pertence a un círculo superrestrinxido de lectores de Jacobson, senón nin por esas, e o Rei, andaba a paus cos fillos mentres Airas Nunes lle facía as cantigas que para iso cobraba, e no fondo fóra a alma e unhas poucas aqueladas, o resto son dálle que non miran María. A xente fala de Cela polo cu e a palangana, oficio no que se exercitan, palanganeros, case ninguén o leu, quero dicir, en serio, oficio de tinieblas, 5, por exemplo, Mazurca para dos muertos, Mrs Cadwell habla con su hijo, San Camilo... A xente maiormente vai coas modas. Coincido con Castelao en que o máis grande artista galego do XX é Valle-Inclán. Por outra parte impórtame unha merda este asunto... no fondo só precisa mitos exemplares o mozo que matou aos pais e xa non sabe a quen parecerse, e anda desesperado por pensar como alguén, con moita inseguridade enriba, moito noxo, moito complexo de inferioridade, e moita fariña polas nefras
ese certa nalgo porque lle cadra, Valle, de Cela non sabe nada, e de Rosalía nada absolutamente, é curioso ata que punto todo deus fala dela sen ter lido as súas obras, rara vulgaridade esa de "porque escribiu castellano" parece de Serrano, non é bo perder as oportunidades de estudar, un acaba crendo que sabe algo; nun sentido Rosalía trascende en moito a Valle, e precisamente por escribir en galego, ser a xénese dunha literatura non é pouca cousa, non menor en calquera caso que ter chegado cedo para o cine, que no fondo é o que lle pasou a Valle, lástima. Ningué é lido entre nós con máis prexuízos ca ela.
¿Cañita Brava vale como membro da cultura Pop? Sae nas películas de Torrente...
e John Balan, e que xa ninguén se lembra de JB, que cantaba no Franco facendo o ritmo coa punta do bastón contra unha porta,
jordi, sabes lo que te digo
e anakiro
e en jalicia un día yo escuché
una vieja historia en un café
agora, non é por pecar de ambiguos, pero alguén sabe a que ven iso de ondiñas veñen, ondiñas veñen e van
temos certa mania coas reiteracións levemente matizadas
airiños, airiños, aires
eu namorar e namorar e namoreime
como chove miudiño, como miudiño chove
traio un andar miudiño, miudiño, miudiño, o que traio o o, que eu traio
pásanos aljo moi grave, iso está claro
mecajo nos pedantes todos do mundo
e nos erudos pequenos, dígase
eruditos
¿Crispación con chococrispis por un tema tan inocente? Mirade que en Vieiros xa volveron abrir os foros...
Ó certo e que ó final, rañando, rañando, si que tiñamos personaxes pop, aínda que de perfil baixo, como o noso amigo que inventa cancións en chino. O glamour de Rasputín, dende logo, quédalle lonxe por moito.
E, en resposta o cordial e retórico concello do extrarradio de Compostela, digo que non ser pop non é un defecto, e que ser galego xa é ser algo. En calquera casopodes criticar as parvadas que digo, que rancor non vai haber, pero non me confundas con outros. O que se parece a Willem Dafoe é o que vai de verde, non eu.
Como é o meu blog e tal supoño que tería que intervir para poñer paz...
A ver usuario anónimo, se podes a próxima vez firma con pseudónimo, teño a impresión de que es un coñecido meu pola referencia esa que fas á palangana e Cela. Podes ser o propio Fravernero in person. Anyway, dáme a impresión de que tiñas ánimo de polémica e fíxome gracia a túa intervención.
Sorpréndeme (e agrádame) a reacción na miña defensa por parte dos bloggeiros habituais. Sen embargo creo que todo vén dunha mala interpretación. Pretendía dicir que só unha cultura consolidada e orgullosa pode permitirse que os seus protagonistas históricos pasen a ser membros da cultura popular.
No que non estou dacordo en que un traballador ao que se lle debía unha cantidade importante do seu salariio (e dáme igual que fose rico de por si) denuncie ó moroso do seu xefe e ti recrimines esa actitude. Fran puido xogar nos máis grandes equipos de mundo e multiplicar o seu salariio por 10. E non o fixo por amor ao Deportivo e á Coruña así que non podo estar en máis desacordo. Acuña foi grande e Luis Suárez tamén.
E Fromoze, Cañita Brava é cultura Friki española. Estou de acordo.
Creo que a maior aportación galega á cultura popular universal non é un personaxe, senón un obxecto: o futbolín. É unha pena que:
1. moitísima xente en Galicia non saiba que o inventou un galego
2. case ninguén no mundo saiba que o inventou un galego
3. só haxa bos futbolíns (furbolistas coas pernas lixeiramente separadas e esquema 3-4-3) en Galicia, e por aí fóra só atopas deses máis pequenos, nos que os futbolistas parece que só teñen unha perna e o esquema é 2-5-3
4. Como case sempre ocorre cos xogos e deportes que saíron de aquí, non soubéramos darlle unha apariencia profesional, con campionatos internacionais serios que poida retransmitir EuroSport
4. Por último, lamentar que eu non saiba xogar mellor.
Post a Comment
<< Home