Thursday, January 19, 2006

Voyeurs

Amancio, aos seus 73 anos, é un voyeur. Tería problemas en admitilo e en pronunciar o termo co francés de Racine pero ten vergoña suficiente como para non negalo. Desfruta mirando a través de reixas e finas teas transparentes corpos musculosos e suorosos en acción. Gústalle todo deses lugares: o seu arrecendo, a marxinalidade, as roupas que levan, o ambiente... Poedería pasar alí horas e de feito pasa aí máis da metade do seu día nun deses sitios so ou en compañía doutros coma el. Á súa avanzada idade é difícil coñecer xente. Semella como se a maioría desexase que estivese morto.

A pesares de todos os cursos que organiza a administración de Internet para mulleres, discapacitados, politoxicómanos, pobres e, por suposto, anciáns el non dá prendido un ordenador. Se non ao mellor andaría todo o día na rede buscando fotos, que hainas e moitas ao alcance dos rapaciños. Pode que non. El desfruta co movemento.

Tamén goza ulíndoo e tomandoo con calma. Comenta cos colegas, cada día son máis e é máis difícil conseguir un bo sitio, sentados á sombra no verán e ao soliño no inverno o que ven. Aproveitan para falar tamén un pouco de todo. E ese todo tende a ser o de sempre: os últimos enterros, o que fixeron os seus familiares máis novos que eles xa fixeron e non volveran disfrutar ou padecer, información actualizada sobre as últimas análises e revisións. É, como podedes imaxinar, un espazo para a nostalxia sobre todo. Laianse amargamente da situación do mundo en xeral ben informados pola Cope e a galega. Saben que o mundo se foi ao garete hai uns anos nunha data que eles non son capaces de determinar. No fondo tamén son conscientes de que non teñen a máis mínima idea ou cualificación para falar do que falan. Nalgo hai que pasar o tempo.

Despois de corenta anos traballando nun taller ou nunha oficina ou nunha fábrica ou no que sexa (porque Amancio non é unha persoa senón un agregado de vidas xa vividas) a el e aos marxinados sesenteiros e setenteiros só lles queda mirar a ver coma o mundo segue o seu curso ao redor. O traballo come a xuventude e o esforzo de toda unha vida para que un día sen dárense conta converterse nun xubilado e esperar, esperar a que rematen as obras. Pero coma en Ciudadano Kane a casa seguirana a construír cando el xa non esté para velo. Máis ou menos coma a maioría dos alcaldes galegos.

4 Díxome díxome:

At 8:23 PM, Anonymous Anonymous said...

Triste pero á vez bonita reflexión.

 
At 3:53 PM, Anonymous Anonymous said...

canela

hai escritor

para ti é unha noticia ben fodida

para nós moi boa

viva Bertamirans

 
At 1:10 PM, Anonymous Anonymous said...

Hai algo no texto q non comparto e que á vez non m parece propio de ti, Nadador. Estas totalmente seguro de q Amancio e os colegas, despois de sete décadas de inquilino no planeta, non teñen idea nin cualificación para falar do q falan?
Ah, por certo, a min tamén m produce certa tristeza pensar nesa vida, pero infórmoche de q polo mundo haiche de todo e xa non é o primeiro q xura e perxura q el naceu para ser xubilado e mirar obras, de vocación.

 
At 3:35 PM, Blogger O Nadador said...

Bueno, máis sabe o Demo por vello que por Demo pero admitirás que cos anos téndese a pontificar de todo e a pensar que a experiencia é a única fonte de coñecemento.

 

Post a Comment

<< Home