Friday, January 13, 2006

A peor película española

Tropeceime con esta noticia no periódico El (in)Mundo :

Voy a plagiar.

Cuando hay ideas buenas, y hay confianza, pues van y se plagian.

Bueno, lo cierto es que no sé si hay confianza entre mi 'blogger' Libertyvallance y yo, igual se me cabrea, pero le tomo la idea -citándole, eso sí- y lanzo la siguiente pregunta-sondeo, que espero provoque un debate de dimensiones históricas en esta humilde morada de jamesblog: ¿Cuál es LA PEOR PELICULA ESPAÑOLA que habéis visto? (toda época, todo género, todo autor).

Al comentario más maligno y más gracioso en las próximas 48 horas, Blog, James Blog, le regala un 'pack' de dvd's (no digo cuáles, igual son estupendos, igual son horripilantes). Daré instrucciones. El veredicto será subjetivo, o sea, mío y sólo mío.

Yo, incapaz de zanjar, propongo varias (vosotros no podéis, os pido una y sólo una). Son pistas que puede que os guíen en vuestros extravíos:

'Schubert', de Jorge Castillo.
'Érase otra vez', de Juan Pinzás (uno que decía que hacía cine 'dogma').
'La mirada del otro', de Vicente Aranda'.
'Hable con ella', de Pedro Almodóvar.
'La mala educación', de Pedro Almodóvar.
'El otro lado de la cama', de Emilio Martínez Lázaro. No incluyo 'Los dos lados de la cama' porque no la he visto, aunque SE que es horrorosa.


Non sei que opinades vós. Eu non vin ningunha de Juan Pinzás pero polos comentarios creo que está por dereito propio. "La Mirada del Otro" é realmente horrible e, na miña opinión toda a filmografía de Almodóvar. Gustaríame engadir un fito na Ciencia Ficción "Supernova" de Marta Sánchez e aquela película de fantasía épica con Harvey Keitel dirixida por Fernando Colomo.

8 Díxome díxome:

At 4:17 PM, Anonymous Anonymous said...

los caballeros del botón de ancla, con fernando fernán gómez, rodada na escola naval militar de marín-con-franco

por certo, non sei con que vigeses andades vós, non creo que faledes moito cos negros das tabernas do berbés, os traballadores de vulcano, a xente da lonxa, ou os travestis que nos meus tempos tomaban o café entre ser-vicio e servicio no Universal, ben é verdade que se ides tomar o café ao Goya, podedes quedar mal de algo para sempre, gravísimo ese algo,
como en todas as cidades cada un vive nunha diferente, o que é seguro é que en vigo se pode un facer unha cidade moi interesante, intensa, contradictoria, a veces violenta, trátase de mercar no mercado do calvario e non no corte inglés, etc

a sensación que tiven a derradeira vez que me paseei a coruña, foi que era unha "bella a primera vista",

vigo é máis clara, máis fea, máis atractiva, minte menos, e é difícil de coñecer, a min gustábame ir ao castro, arriba de todo, ao mencer, mellor sen durmir e pasado de algo, sentir o despertar da cidade, coma o dunha especie de becho, de súpeto vibrante de actividade; tamén me gustou subir ao Galiñeiro, co encoro de Zamáns aos pés, o Océano, e no lonxe as montañas azuis do barbanza ao pé das que vivo

pero vai nos gustos, eu vivo nunha vila morta, os amigos visítanme coma a unha especie de vampiro ao que hai que contarlle como anda o mundo por aí, despois "baixar a tomba silenciosa e muda", como di, por certo no xardín romántico de san Carlos, na Coruña, o poema a sir John Moore de Rosalía, en Vigo non hai esas illas de paz e beleza, quizais por iso me guste, a súa incomodidade...

 
At 4:44 PM, Blogger elduende said...

En canto a peor, peor, o que se di peor, de mala, tópica e cutre, eu destacaría "Karate a muerte en Torremolinos", a historia dun surfista católico que se enfronta a unha secta de adoradores do malvado deus Pulpo-centollo. Fascinante exemplo de serie ZZ, pero, iso sí, riste máis que con calquera de Almodóvar.

 
At 11:03 AM, Anonymous Anonymous said...

Para ser exactos en "Los caballeros del botón de ancla", filme de 1973, non saía Fernando Fernán Gómez. Fernán Gómez, foi un dos protagonistas do "Botón de ancla" que se filmou en 1947.

En total, fixéronse 3 filmes sobre a mesma historia (o que aínda non nomeei tamén se chama "Botón de ancla" e é de 1960) e os tres foron grabados na Escola Naval de Marín con Franco vivo.

Das que puxeron no xornal, creo que "Hable con ella" é a peor. Bueno, vale que a min tampouco me gusta a obra de Almodóvar en xeral, pero esa pelí aínda é máis aburrida do habitual.

Por outra banda, apoio firmemente a candidatura de "Kárate a muerte en Torremolinos" como peor película da historia e propoño como medallistas o spaghetti-western "El kárate, el colt y el impostor" e a película só apta para fans de Mike Kennedy e Los Bravos "Dame un poco de amooor".

 
At 11:08 AM, Blogger O Nadador said...

Os cabaleiros do botón de ancla, xunto con Indiana Jones, A Guerra das Galaxias e o Señor dos Aneis son as grandes triloxías do cine.
Por certo Agla... Teño a impresión de que te coñezo. Move a cabeza afirmativamente se é así. (Tamén podesme escribir un comentario)

 
At 5:39 PM, Anonymous Anonymous said...

Ja, ja, ja, moi bó o chiste das triloxías...

"Botón de ancla" non é unha saga. É o mesmo argumento versionado 3 veces (a segunda delas como musical).

Nadador, ¿que se nos coñecemos?
Ummm... pois non sei... de feito creo que un nunca chega a coñecer de verdade ás outras persoas

 
At 8:56 PM, Blogger O Nadador said...

Con esa resposta podería ser calquera dos meus impre... quero dicir amigos. Se es timid@ mándame un correo electrónico. E se es un amig@ que me está a tomar o pelo, prepárate.

 
At 10:11 PM, Blogger elduende said...

Meu deus, ¡qué alguén se poña pero XA a baixar do e-mule a versión musical de "Los caballeros del botón de ancla"! Eso hai que velo antes de morrer para estar intelectualmente completo.

 
At 7:51 PM, Anonymous Anonymous said...

Hai unha cuarta, talvez algo diverxente: "Los Guardiamarinas". A segunda, a musical --musical porque contén actuacións de dous dos protagonistas, "Dúo Dinámico"--, chámase exactamente "Botón de ancla en color". Iso non é só calidade, é imaxinación.

 

Post a Comment

<< Home