Partidos homenaxe
Xa sei que o furbor non vos interesa a moitos ( e sobre todo moitas ¿ou é prexuizo?) pero non podo evitar facer referencia ó partido que se disputará pasado mañá no estadio Vicente Calderón. O motivo é triple: homenaxear a Jesús Gil e Gil, loitar contra o racismo e axudar ós enfermos de fibrosis quística. E prométovos que non mo invento aínda que sexa o día dos inocentes.
Jesús Gil y Gil, fundador do GIL (Grupo Independiente Liberal, adxectivos cos que se autodefinen Losantos e Vidal), foi alcalde de Marbella durante moitos anos ata que o inhabilitaron por sacar diñeiro do concello para o Atlético de Madrid e foi traizoado por un extaxista segoviano que se liou cunha folklórica bisexual (supoño) para facerse forte na praza ou por amor, depende do voso romanticismo. Gil y Gil sempre fachendeou de que cando chegou el Marbella estaba chea de ionquis e daba medo iso. Despois do seu paso a alta burguesía que fixo do lugar un sitio de referencio do glamour en Europa trasladouse a Cádiz e na cidade, que curiosamente foi o primeiro emprazamento da industria de altos fornos estatal, só queda un lío de intereses especulativos que levaron á Xunta de Andalucía a recuperar as competencias urbanísticas. Para que vos fagades unha idea é coma o Milladoiro a grande escala e con mar.
Outros logros de Gil foron ser presentador dun dos peores programas da etapa Mamachicho de Telecinco, descender ó terceiro clube de España, ser anfitrión de todo tipo de grupos criminais organizados estranxeiros, intentar crear un partido de populismo ultradereitista ata que o PP lle parou os pés co medo de que marchasen moitos dos seus votos e militantes, protagonizar momentos vergoñentos da historia da tv como a pelexa con Caneda ou a discusión con Julián Muñoz en Salsa Rosa. Seguro que me esquezo de algo.
Dende logo moitas persoas deberían rendirlle homenaxe a este veterinario frustrado. Todos os patáns, inútiles, pseudodelincuentes, familiares enchufados, capos da mafia e demais refugallo que el axudou a enriquecerse. A presidenta da Comunidade de Madrid afirma que este partido ten un gran valor social . Vencella ademais a Madrid e Atlético contra a intolerancia. Pois viña sendo hora. O clube señor de España segue permitindo que un criminal de ideoloxía ultradereitista como Ochaíta, líder dos Ultrasur e condenado en diversas ocasións por agresións xenófobas, proclame o seu lixo cun altofalante nos partidos do Bernabeu. Non só iso senón que os Ultrasur seguen a lucir bandeiras preconstitucionais e Nazis no medio dos partidos e son animados a que o sigan facendo recibindo invitacións ós partidos e espazos no estadio para guardar o seu material. Do Atlético non hai máis que falar que do caso de Aitor Zabaleta, seguidor da Real Sociedade asasinado polos seguidores atléticos da peña Bastión. Bastión sinalaba a Jesús Gil coma "nuestro Führer".
A foto da noticia do As xa non promete nada bo. O ultracorrupto constructor que multiplicou por cinco o seu patrimonio coa axuda do clube de fútbol máis importante de España e o PP. Cerezo, un dos máximos embaixadores do lobby do cine norteamericano (dos grandes estudios, non o de Hal Harley) en España e Esperanza Aguirre que pasou de realizar plans absurdos como concelleira en Madrid, a que toda España se rise dela como ministra de cultura (Sara Mago), a ser presidenta do Senado (para non molestar), a comprar a dous corruptos sociatas para ser a presidenta da comunidade e portavoz oficial da España rancia e aznarista da que tentamos saír coma podemos.
Resulta treméndamente irónico que un presidente que dixo: "al negro ese de mierda (un xogador do Atlético chamado Tren Valencia) hai que pegarle tres tiros" sexa homenaxeado nun partido contra o racismo. A súa explicación, iso si, foi realmente graciosa. Non sei se vos acordades do de "If aim blak en yu ar blak nou problem...". Tamén descoñezo que relación había entre Gil e os enfermos de fibrose quística. Supoño que unha relación de respecto. Ou non. Porque digámolo dunha vez por todas: Jesús Gil era un ser execrable que non precisa ningún tipo de homenaxe senón un momnumento para que ningún delincuente desta ralea escape con tal impunidade, tamén sería preciso acabar con todo o seu legado de corrupción e deixar patente nos medios e nos libros de historia que era un auténtico indesexable cun vocabulario moi limitado e, iso si, unha personalidade moi dado para o espectáculo cutre dos medios.
Gil merece que o esquezamos e non que perdamos un só segundo máis falando del.
3 DÃxome dÃxome:
o triste é que un sinta a necesidade (como a sentin tamén eu, pero ti gañáchesme de man) de escribir un post coma este.
en que país serio pasa unha cousa así?
menos mal que nós vivimos noutro.
O fenómeno Gil...
ese individuo tiña un currículum de coidado. Xa para comezar, aquelas casas que facía con materiais fraudulentos para enriquecerse e que despois se viñeron abaixo, xente dentro. E o Xeneralísimo a man para conceder o indulto...
Vamos, un individuo dos do lumpen vido amais, anque non tanto coma outros. Un Arturo Ui, Mussolini frustrado, pero adaptado, iso sí, ao patetismo peninsular...
Falando de post que a todo o mundo lle gustaría ter escrito o teu dos nomes de vacas Ollo de Idem.
Por outra banda discrepo contigo en que non vivamos no mesmo país que Jesús Gil. A cultura do pelotazo e o cotroso forma parte do imaxinario galego e polo tanto nós tamén, independentemente de ideoloxías, para isto somos tan españois coma os que máis. E dada a barbarie egoísta e estúpida de George Bush tamén somos un pouco americanos.
Post a Comment
<< Home