Saturday, December 10, 2005

Vestir axeitadamente

A NBA vén de impor un código de etiqueta ós seus xogadores para que estes non luxen o nome da máis importante liga profesional deporiva do mundo con atuendos inaxeitados. Para David Stern, máximo dirixente da NBA dende que este servidor é consciente da existencia do baloncesto, isto implica tirar coas sudadeiras enormes, os pantalóns caídos, toda a ferrallada ó redor do pescozo e os tenis grandes coma lanchas.

Este é o código imposto polo NBA. E digo imposto que non suxerido porque o que non o cumpla vai ter que pagar unha boa multa. Boa para nós porque para os que cobran máis de 10 millóns de dólares por tempada non creo que lle resulte moi difícil chegar a fin de mes.

As multas xa comezaron a impoñerse e non falta quen acuse ós da NBA de racistas. Para min que non lles falla razón. Os partidos dos anos 50 e 60 estaban cheos de brancos miudiños e agora as canchas nútrense de bravos homes de ébano que loitan á morte por cada balón. Así o aprenderon nas canchas dos gettos onde se criaron e a súa mínimas esperanzas dependían de introducir un cacho de pel de vaca por un aro (así de absurdo é o mundo dos pálidos). A hipocresía do sistema deportivo americano obrigaos ao paso por unha universidade para triunfar tamén nos estudos pero dado o esixente da competición e dos entrenos non hai moito tempo para os exames.

É un pouco o conto de "Se a mona se volve de seda...". Tapen como o tapen eses vinteañeiros atléticos e millonarios non son brancos de barrios residenciais. Trátanse dos refugallos das bandas, aqueles que non contaban co valor suficiente para acribillar a outro por unha manchea de crack. Dos morenos desobedentes que non aceptaron tampouco un posto no subcapitalismo e na explotación inxusta.

O problema, básico, é que son negros e que non hai maneira de ocultalo. Na primeira película sonora da historia, o cantante de jazz, aparecía un trompetista branco pintado con betún. Despois penso, non estou seguro aviso, de que Charlie Parker pintou a un trompetista irlandés que tiña de negro como broma. De feito algúns xogadores europeos están a ter cada vez unha mellor acollida , certo é, despois de ter amosado a súa calidade.

Nunha actividade profesional que se disputa en roupa interior e camisas de dubidoso gusto critícase a unha serie de persoas por ser coherentes co seu lugar de procedencia. Bush tiña un equipo de Baseball e non sei se lle gustará o basket pero seguro que está dacordo coa medida. Seguro que non permitiría ir a Condoleeza disfrazada ó estilo Eminem. Ir vestida coa sobriedade dunha monxa-nazi vaille mellor.

6 Díxome díxome:

At 9:53 PM, Blogger FraVernero said...

Ten o seu encanto erótico a secretaria de estado...
xD

 
At 3:26 PM, Anonymous Anonymous said...

me choca que no entadais que se haya de guardar cierta compostura en todo, así os va, y si esos chicos negros ascendieron de clase social es lógico que se vistan mejor, de esta forma darán buen ejemplo, es como si un trabajador de la COPE no tratase de don a a don Federico, son cosas que caen de cajón

 
At 5:40 PM, Blogger elduende said...

Tres cousas. Primeiro, estou de acordo en que é unha estúpidez que obliguen os deportistas a vestir de casual-elegante, porque iso non vai cambiar a súa procedencia social nin a súa bagaxe educativa. É unha medida tipo poñer unha tirita nun brazo amputado ou, neste caso, un "xa que non podemos evitar que sexan negros semi-delincuentes vidos a máis, polo menos que non se note".

Segundo, creo que esaxeras cando dis que a NBA trae xogadores blancos europeos para conseguir pureza racial. Non, home, non, so é cuestión de vender a franquicia en cantos máis países mellor. En España vese máis baloncesto ianqui por culpa de Gasol, igual que en China por mor de Yao Ming. Puro márqueting, non sexas paranoide.

Terceiro. Ë bo que o troll anónimo viñera para quedarse. Sempre lle da salsa os comentarios.

 
At 6:35 PM, Blogger O Nadador said...

O de que traian brancos non é excluínte da busca de novos mercados. (É evidente que é outro obxectivo claro)

Non sei se o troll anónimo serás ti facéndote pasar por...

 
At 12:46 PM, Blogger elduende said...

Non, non é excluínte, é que a maioría dos europeos son brancos, entón, hai moitas probabilidades de que teñan que fichar brancos para facer mercado en Europa. Se os europeos fosen verdes con franxas malvas, entón ficharían xogadores verdes con franxas malvas. Fíxate que tamén entran moitos asíaticos e hispanoamericanos nos últimos tempos, así que o racismo (que non dubido que o haxa) queda supeditado á posibilidade de facer cartos.

E non me calumnies, teño máis que facer que impersonarme nun troll. Xa me chega coa xente que dí que son Ned Leeds.

 
At 3:24 PM, Blogger O Nadador said...

¿Viches algún partido de Utah? Aí verás a parte de verdade da miña resposta.

 

Post a Comment

<< Home