Thursday, December 01, 2005

Apoloxía do satanismo

Son ateo convencido. Despois da morte vén a descomposición en podremia e moléculas varias. Non creo na existencia dun Deus con pelo na cara ou imberbe, nun coro de Walkiryas en Asgaard, na importancia da meditación ou nos espíritos das árbores. Creo un erro existencial grave confíar na existencia dunha orde cosmolóxica diferente ó azar porque, de habela, sería tan superior a nós que non seríamos quen de comprendela. Estou en contra de calquera tipo de clero porque os considero tan incapacitados coma min para falar cos deuses e porque non creo que teñan ningún dereito a correxir a moral e a ética dos seus conxéneres.

Sen embargo sempre temín ó Diaño. Pode ser que eu sexa un satanista ou algo así e realmente alá vai o meu ateísmo. Pero sempre que se fala ou se pensa el faise con respecto e con temor ó que poda pasar (xúrovos que hai un minuto as luces comezaron a palpabrexar).

O Diaño ten unha parte simpática. Xa que as universidades se adican a facer todo tipo de estudios ridículos sobre o que tarda en baixar a escuma da cervexa non estaría mal que analizasen en que proporción de productos culturais coma libros ou películas O Cativo (é o nome que máis me gusta) aparece coma un humorista. Por outra banda sempre serviu para amosar con sarcasmo e ironía a corrupción social. A transgresión é divertida e o Diaño é transgresor, os valores asociados ó maligno coma a gula ou a luxuria son tamén valores cobizados pola maioría de nós. Despois,no negativo, está o vencello claro entre o Diaño e o mundo dos mortos. Curiosamente parece que a Satán non se lle caen os aneis por andar entre meigas, malditos e condeados.

As forzas malignas sempre representan a parte máis ligada do ser humano coa súa natureza humana, co primario, co instintivo: a luxuria, a ira, o instinto de supervivencia, o hedonismo... E tamén con moitos dos fantasmas que crea unha cultura coma poden ser o coñecemento prohibido ou a volta a un estadio natural ou o relativismo moral.

Sen embargo so coñezo un caso relevante de asasino movido por Satán, Charles Mason e a súa banda. E no nome de Deus non sei por onde comezar: Bush, Osama Bin Laden, as Cruzadas, os Nazis, os sionistas, Franco... Por iso pídovos a todos os que teñades un sentimento relixioso forte que vos pasedes ó lado de Satanás porque el pide moito menos ca outro, dá instruccións moito máis claras (como explicaríades senón a confusión de mensaxes entre George e Osama)e non dispón de cadeas de radio nocivas para a saúde mental. Espero que se cumpra o que dicía John Lennon, outro deus menor:
Imagine there's no countries,
It isnt hard to do,
Nothing to kill or die for,
No religion too,
Imagine all the people
living life in peace...

4 Díxome díxome:

At 6:16 PM, Blogger O Nadador said...

miragre!

 
At 9:22 PM, Blogger elduende said...

Síntome na obriga de sacar o meu lado pedante e incluír unha cita da mellor biografía do diaño que se escribíu nunca, "O Paraíso perdido" de John Milton.

O anxo caído di: "Prefiro servir no inferno que reinar no ceo". ¡Olé tus cojones, Lucifer!

 
At 1:23 PM, Blogger FraVernero said...

Aaaaaaaaaaaaa. Federigo...
Os conversos son sempre os máis fanáticos. Pasaba cos xudeus medievais que se voltaban cristiáns (teñen que demostrar máis antes os demais), pasa cos novos ricos e pasa con xente como o ex-maoísta losantos...
Anque González me resulte pouco grato, téñolle que recoñecer unha mente avispada e case poética: como cando falou do programa deste individuo na cope como "as porno-tertulias do liliputiense".
xD

 
At 4:24 PM, Blogger elduende said...

Home, alguén que se da conta do gazapo... Supoño que a maioría da xente deixa os meus comentarios directamente sen ler.

Pero perseverarei.


BWAHAHAHA!

 

Post a Comment

<< Home