Frivolidade
Unha nova lectora e compañeira de traballo pídeme un post sobre a frivolidade. Non sei se os encargos son bos ou malos. O meu avó materno coñeceu a miña avoa porque coincidiu cunha tía bisavoa nun barco que viña de Cuba. Polo tanto o meu avó era un encargo para a miña avoa. Coma vedes estou en débeda-
Non me gusta a frivolidade. A memoria fállame, non vos riades que non é coña, e non lembro se xa fixen un sobre Sexo en Nova York. De non ser así reitero o non dito. A frivolidade é esa serie: tomalo todo a lixeira, preocuparse pola apariencia e o superficial. Os Simpsons definiron Sexo en Nova York á perfección "Un grupo de solteras que actuan como gays". Antes de que me vaiades á chepa por homófobo e eu teña que explicar que teño amigos gays etc... Direivos que ó que se refire a frase non é a un home que gosta doutro home senón ó que coñecemos por LOCAZA.
Frívolos son aqueles que non saben tomar en serio nada. Os que non gardan un espacio para a solemnidade. Dicía o finado Casares que o que máis gracia lle facía era a solemnidade. Rirse dela. Comparto ese impulso. Na misa moitas veces dábame a risa polo silencio e a xente pasmada perante o altar. Sen embargo hai momentos para o trascendental e valorar a importancia dos momentos únicos.
A frivolidade constitúe unha barreira importante entre o individuo e o exterior. Funciona de maneira moi similar á misantropía e devalúa a realidade coa súa actitude petarda. Neste mesmo blog hai un post sobre Almodovar, deste si me acordo, no que o acuso de frívolo. De arruinar argumentos ben cosidos por vestilos con bata de cola e mantilla de coloríns.
A miña compañeira aludía á frivolidade dos políticos. Moitas veces afirmei neste ciberespacio que os políticos son subproductos sociais. Nun planeta onde se clonan mascotas e se nega a investigación con células nai a frivolidade é un valor en alza coa hipocresía, o autoengaño e o egoísmo.
3 DÃxome dÃxome:
Je,je. Qué despistado soy. Es cierto que dices lo de la wikipedia en el primer párrafo.
El problema con la frivolidad es aristotélico, oséase, que su virtud ha de hallarse en el medio. La gente que es solemne todo el día da risa, como el cura de tu ejemplo. Los que son frívolos a todas horas dan dentera, porque no saben distinguir ocho de ochenta.
Por ejemplo, es entretenido ser frívolo sobre la unidad del Estado, pero no con respecto a los atentados en el metro de Londres.
Sobre la hipocresía y el egoísmo, hablaremos otro día con unas cañas.
a min dáme risa nos enterros
éche un problema, e máis porque, cumplidor como son, vou firmar a cantos podo ou me deixan,
cada día me quedan menos amigos, por esta razón, digo eu
tamén me dá a rísa fría cando leo poesía
teño que facer verdadeiros esforzos para non morder de risa
aínda que hai cousas coas que non se pode xogar, o outro día en santiago, escoitei a dous barbassenrekortar estes frívolos versos, que reproduzo de memoria, dous fulanos impresentables, con pinta de ser de esquerda, con iso está dito todo, non se respetan nin a si mesmos, que noxo, e vestidos de calquera maneira.
no cocido de lalín, no pimento, no sal gordo/
no polvo dos feirantes no carballiño acaso/
reclamo a festa gastronómica para o meu pobo
no polo de curral, na orella dos marraus/
e outras, lacón, xamón, cachucha,/
patrias do colesterol e os triglicéridos/
reclamo a festa gastronómica para o meu pobo/
na ternera gallega, nas bandeiras vermellas/
do lubrigante, as nécoras, afouteza dos grovios/
reclamo a festa gastronómica para o meu pobo
nos buchinches do viño, nas castañas,/
noces, uvas docísimas do outono/
aquel setembro, ouros, 2005 e rivadavia/
reclamo...
é seguían
a min isto non me parece serio
que descaro, frivolidade é tamén a estas alturas da caída, ou da subida, quen sabe, ter material compremetedor na casa e na mente, sobre todo porque se cadra acabas deixándo frío a alguén, coma a algún coñecido meu de Klangor, 6 mortiños
completamente frío,
en que carallo andan pensando, se pensan, e se pensan daranse de conta de que o poder os precisa tanto..., os ama tanto..., que seguramente sexa quen os invente, son as súas criaturas, meus AMIguiños, poderían abrirse os ceos e escoitarse a voz de Pita, velai os meus fillos ben amados, burros coma arados,
amo et odio
e despois teño eu que ir rirme alí, mentres firmo no libro dos defuntos, e aguantar que a xente me mire mal por rirme
esta suficientemente frívolo para vós, ou bótoo on the rocks outro pouco
saúdos desde o lago de sanabria, de orixe glaciar, como sabedes
Post a Comment
<< Home