Sunday, October 30, 2005

Xogos

Andan os que me coñecen dende hai pouco fascinados polo meu pouco amor ós xogos. A miña indiferencia abrangue os xogos de mesa (xadrez, damas, trivial, parchis...), naipes, videoxogos, deportes competitivos de equipo ou individuais (excluímos as carreiras contrareloxo en bicicleta estática) e ata se me descoido xogos de mans ou de amor.

A orixe deste desencontro pode vir da miña pouca paciencia. Nos xogos un sempre debe vivir á espera do obxectivo, a culminación sempre se dilata porque, de non ser así, perdería a súa diversión. Son de destinos fixos e de satisfaccións inmediatas.

Outro argumento en contra dos xogos é a necesidade de vencedores. No solitario, nos xogos olímpicos, videoxogos... Nunca me produciu ningunha satisfacción vencer. Moitas veces incluso me deu vergonza. E perder... depende. Pode fastidiar polo inxusto da derrota ou a inxustiza do gañador. Tamén pode dar pena malgastar o traballo na busca da gloria e o tempo é unha enerxía non renovable.

Por último os xogos son ante todo un pasatempo. A palabra xa é desagradable. Seguramente calquera actividade ten algo de pasatempo e algo de xogo pero a min gústame pensar que vivo para ser tempo e non pasalo por pasar. Sei do errado da afirmación e non por iso deixa de parecerme irresistible expresala.

6 Díxome díxome:

At 12:55 PM, Blogger O Nadador said...

Nunca practiquei a billarda estimado Federico (que espero non Losantos). Seguramente ese xogo tan nacional-popular-socialista podería cambiar a miña maneira de entender o xogo. ¿Apostades diñeiro? ¿É como en Corea que o campeón de Counter Strike sae coa cantante de Moda? ¿O gañador da LNB sae con Miss Trabada? Infórmame por favor.

 
At 1:24 PM, Blogger elduende said...

Preguntabame eu, en mi fuero interno, se che daría por facer un post sobre este tema...
Como homo-ludens que son, non podo estar de acordo contigo. O mellor dos xogos non é gañar ou perder, é o desafío de enfrontarte con outro. Grazas a que somos seres civilizados, agora facémolo coa intelixencia ou a sorte en vez de con paos e pedras, pero o efecto é o mesmo. Para min, xogar ó tute cabrón ou ó Rome: Total War non é cuestión de gañar ou perder, senón de ver ata onde chegan a miña habilidade, intelixencia estratéxica e capacidade de predicción.
E a explicación de que abandonaches os xogos porque non che gusta gañar non é valida para a túa deserción do rol, onde non hai vencedores ni vencidos. ¿Qué escuro segredo agachas, nadador?

 
At 1:40 PM, Anonymous Anonymous said...

A mi me resulta muy desagradable la sensación de tiempo y azar que provocan juegos como los dardos o el billar.Esa espera a que llegue tu turno y la suerte de la puntería.

 
At 3:35 PM, Blogger O Nadador said...

Por alusións:
Non hai escuro segredo respecto ó meu abandono dos xogos do rol. Comprométome a un post sobre o tema.
No bilar e nos dardos é certo que hai que esperar polo turno e ás veces é tedioso. Mais ten en conta que só esperas uns minutos. Outros para meter a bola no buruto ou clavar o dardo esperan meses, anos e gastan moito diñeiro en copas e en invitar ó cine.

 
At 7:25 PM, Blogger O Nadador said...

Que o licor café regue as vosas victorias.

 
At 5:18 PM, Blogger frenchchou said...

eu que cría que si es aficionado aos videoxogos.
Viva a billarda, espero algún día achegarme ata a Mariña para ver como evoluciona a liga das ligas. Na miña zona aínda lle seguimos pegando á pincha, sería estupendo que a LNB fose gañando terreo ata cubrir todo o país.
E creo que é popular abondo como para chegar a ser o noso béisbol.

 

Post a Comment

<< Home