Poeta, noiés e sen embargo amigo
Martín Veiga, compatriota e poeta, vén de gañar o premio Esquío que, coma sabedes, é o máis prestixoso de Galicia e un dos máis dotados (10.000 euros).
Da súa obra non vou falar porque podedes opinar vós mesmos lendo aquí ou aquí e porque neste caso é o de menos. Coñecín moitos poetas na miña vida, sobre todo en bares, pero poucos gentleman británicos aínda que residan en Irlanda.
Martín é profesor na universidade de Cork (Irlanda) dende hai uns bos anos. Tivo máis sorte que a maioría dos licenciados en filoloxía galega e é merecidamente ben tratado nas terras que conquistamos a través do noso antergo Ith (que creo que era fillo de Breogán pero por non saber de Celtismo nin sequera sei cal é o lateral dereito suplente do equipo de Balaídos). Como vedes na foto é difícil ter máis aspecto de poeta, profesro universitario e cabaleiro sen caer na parodia. Pode ser a persoa con modais máis exquisitos, e totalmente desprovistos de frialdade ou maquinanción senón xurdidos dun profundo respecto polos demais e amabilidade, e elegante que coñezo. Aparte sabe como se serve ben unha pinta de Guiness. E iso na península non é pouco.
1 DÃxome dÃxome:
bueno meu hai tempo que non te vexo.moi ben o paso lendo nos teus textos.non sei se sabes que o coitado paisano do ejercito al poder sofreu un atentado de eta-era guardia civil-.as veces alterta o ejercito al poder con viva eta .e se pasa unha vella vai detras dela con puta,viva eta,ejercito al poder.e eu digo,o carallo da vella con que mensaxe se queda?ou ao mellor son todos o mesmo.comparto contigo o odio contra o fascismo,en especial o español.bueno,español e fascio son sinonimos.pero desta hanse joder co estatut.outra non arman porque xa é tarde.so poden ornear na cope e libertádigital.
outra cousa.moi bo o de maradona e bush.
bueno,deixote
consegue algun libro de claude simon,oh
Post a Comment
<< Home