En defensa de Kate Moss
Non me cae ben Kate Moss. En moitos sentidos representa a parte podre da nosa opulenta sociedade. Páganlle por estar ¿guapa? e camiñar, mantén un peso ridículamente baixo e perigoso para a saúde que resulta un modelo inabarcable para as adolescentes de medio mundo e unha provocación para quen non ten que comer, ocupa moito máis espacio nos medios que Cofee Annan, os representantes de Amnistía Internacional ou Patarrollo e a súa intelixencia non axudou a facer o noso mundo mellor ou máis comprensible.
A pesar de que teño fama de moverme polas máis altas esferas ata alí arriba non chego e confeso non coñecer á tal Katy. Seguramente caeríame mal. Son prexuizoso coma todos en parte (algún día falaremos dos prexuízos Hogoblin) e transmite unha beleza fría e triste. Unha beleza que dá medo.
Sen embargo Kate está sendo crucificada por consumir cocaina. De feito agora vana meter no trullo. ¿Merece tal tratamento? Non vou negar que se toma drogas e é alcólica é porque ela tomou esa decisión. Seguramente non contaba coas mellores conselleiros e tamén é posible que non se arrepentise de nada ata que saiu esnifando na portada do The Sun. Agora as marcas que a patrocinaban non queren que se misture a súa imaxe coa droga pero antes non lles importaba a anorexia, a frialdade, o baleiro que rodea á moda, a superficialidade, o egoísmo... Se á policía británica lle preocupa tanto a droga por que non fan unha redada en cada pase de modelos? Seguro que os camerinos ían quedar desertos. E sobre todo, por que non van polos banqueiros que blanquean os cartos da droga?
Kate é unha víctima. Pode caernos mal pero caeu presa do sistema que a encumiou. Pode darnos pena, a min non ma dá, polo menos ela tivo oportunidades de ser na vida. Simplemente creo inxusto que unha sociedade critique a unha persoa que se adique a realizar ás actividades fomentadas de tapadillo por toda a nosa cultura aínda que por diante todas as nosas estrelas favoritas fagan desfiles de Modelos Contra la Droga. Así nos caemos a cachos nesta sociedade de enfermos de/polo éxito.
1 DÃxome dÃxome:
Non creo que o tema sexa como para andar a bromas. Os piares da nosa sociedade están caendo ¿É que non vos dades de conta? ¡As top model consumen droga! ¡É horrible! Xa non hai nada sagrado. ¿Cal será o próximo colectivo afectado pola drogacción? ¿As estrelas de rock? ¿Os brokers da bolsa? ¿Os clientes do Maycar? Queira deus manter a toda esta xente respetable lonxe da tentación.
O meu voto vai para a inmediata crucifixión de Kate Moss, antes de que o seu exemplo cunda e deteriore aínda máis a boa moralidade. Se non o facemos así, corremos o risco de ver como os futbolistas convírtense en alcólicos puteros, ou como a clase política se aproveita do seu cargo e vai por ahí colocando os seus cuñados... Non quero nin pensalo.
E os meus prexuizos andan ben, nadador. GraZas por preocuparte.
Post a Comment
<< Home