Post 150
A pesar de ser de letras sempre me obsesionaron as pequenas cantidades. Seguro que me tería ido moito mellor por ciencias e agora traballaría como enxeñeiro industrial para unha multinacional que expulsa a indios das súas terras para construír presas. Fuxín dese prometedor futuro pola miña desorganizada e caótica mente que entendía perfectamente a alxebra pero sempre se equivocaba nalgún momento previo a despexar X. Pero os números, tal como afirmaba coco, son os meus amigos. A miña habilidade de cálculo como Master cando xogaba ó Rol era lexendaria. Ou iso me gusta crer a min.
O problema cos números non é elaboralos senón valoralos. Dous millóns de parados parécenme unha cantidade descomunal de persoas pero celebrámolo con éxito. Tres mil millóns de euros en educación pública poden ser unha miseria... A realidade é relativa porque agora se concibe matematicamente e, en contra do que a xente opina, os números non son obxectivos senón neutros, polo tanto suxeitos a calquera interpretación.
Non sei como valorar ter chegado ó post 150. ¿Sorpresa?¿Satisfacción? Eu que sei. Ultimamente preocúpame moito repetirme. Contar varias veces a mesma anécdota ou atender temas vellos. Tamén, dun tempo a esta parte, ando sempre cun papel e un boli pola rúa para que non se me escape nada pero sabemos que non é posible. Isto é un mesturallo caótico de autocompaixón, sátira política, costumismo frívolo e recensións de productos culturais. Lémbrame moito a receita "Pasta ó estilo Vichu": pasta e bótase na pota todo o que haxa de comer na casa. Se gostades...
4 DÃxome dÃxome:
cociña un pouco home, descubrirás novos sabores, certa orde, mesmo nos poderías agasallar cunha novela, un ensaio, mesmo unhas illas de salmón afumado recheas dunha farsa de langostinos con níscalos, sobre un fondo de prato de crema de espinacas, ou unha deliciosa empanada, coa masa triscante, de grelos e finísimas tiras de touciño entrefebrado, ben curado por suposto, ou unha salada de algas con caviar de ourizo, ou un saboroso e larpeiro polo da casa en salsa de chiculate, unha salada de endivias con noces, queixo ás finas erbas, grauciños de granada, ben adubiado dun excelente aceite de oliva e unhas pingueiras de aceto de Módena, ou un cocido con bolos do pote de óleo de millo recheos de chourizo e rustrido de cebola, mesmo un arros negro de chocos pequeniños. Agora ben non serei quen desprece o prato que ti propós, e se é acompañado de ovos fritidos, mellor....
e dous ovos duros...moc... que sean tres...mocmoc... un de ganso
Xa vexo que levas ben a dieta.
O certo é que vas vello de carallo.Pero non me da a impresión de que sexas repetitivo e, aínda que o foses, a culpa e do eterno retorno do mesmo. Sigue así, que se pechas, terei que empezar a ler o blog de Baltarito (imaxina todas as consecuencias nocivas para a miña psique).
Sabes que disfruto máis co pracer de dar pracer ós que cociñan para min. ;). Biquis para Aquí tamén
Post a Comment
<< Home