Debut
Certos días non veñen marcados en roxo nos calendarios pero deberían. O domingo anterior ó comezo do curso universitario Santiago é un bule bule. Vense estraños grupos unifamiliares formados por un pai agobiado, unha nai aterrorizada, a/o irmá/n pequeno fascinada/o pola cidade e un chaval/a baixo o peso de bolsas cargadas con cousas de todo innecesarias pero que tranquilizan a conciencia dos proxenitores.
O seguinte día é o do debut. As alianzas e grupos que se crean no hall da facultade ese día son volátiles ou eternas. Non existe termo medio. Cada universitario lembrará para sempre con quen falou primeiro na facultade, como se sentía tremendamente superado por toda esa xente ó seu redor mirando para el, examinándoo coma un pucho na feira.
A semana segue con cafés unitivos. Os elementos acaban chocando un con outros e creando moléculas de compañeirismo e amizade. Tamén haberá fisións, fusións e algunha detonación termonuclear pero no rexistro de incidencias iso acabará por esquecerse. O xoves resulta ser o gran día no que se estrea o mellor de cada armario e todo o mundo se deixa guíar polo curmán veterano ou polo compañeiro do piso sobre os locais a ir. Este é o verdadeiro comezo do ciclo universitario.
En certo modo o primeiro mes é o periodo máis excitante da nosa formación superior. Despois veñen moitas decepcións e esperanzas frustradas. Se o día que eu comecei o curso houbera unha eclipse tería fuxido sen mirar cara atrás.
4 DÃxome dÃxome:
¿Cualquier tiempo pasado fue mejor? Una concesión a la melancolía, que tal vez sea cierta, pero es mejor decir que todo el tiempo pasado es tiempo perdido. Sería bonito o feo, pero ya pasó. Como el eclipse.
Tal coma foi :-)
hoxe, paseando mi soledad... ali por san agustín, onde debe haber unha residencia de xesuitas ou así, dous gilipollas subidos no alerón do edificio a uns dez metros berrábanlle a un novato, con voces ben educadas no toque de flauta doce... sr borja lleve eso hasta cervantes y... arredor do rapaz abaixo ían tres pringados berrándolle nas orellas ordes estúpidas que o tío tiña que cumprir, e que en teoría o deberían encher de vergoña, e na práctica tamén supoño, aínda que os que se notaban verdadeiramente avergoñados eran os acompañantes, e fuxían dese sentimento dando berros cada vez máis fortes... non interviñen, o rapaz non facía nin o mínimo xesto de revolverse, e non había violencia física, pero quedeime coas ganas e con moi mal corpo...
iso tamén é un debut, supoño
no meu privilexiado 1º día, en realidade os que vivimos iso somos unha puñetera minoría, a miúdo abondo patética, bebín relixiosamente entre clase e clase unha copa de caña, nun bar que xa pechou, no que andaban un par de galos quiricos por entre as mesas, picando no serrín, O Mañoso, e que estaba a uns cen metros da facultade. En tan boa compaña rematei a mañá coa conciencia moi clara de que non tiña nada que facer alí, (na facultade digo), a non ser saír o máis rápido posible. E iso fixen. Manolo o do Mañoso debeu morrer, é curioso, a veces soño con ese bar, era ideal para emborracharse, esperar, ler, ter unha conversa importante, supoño que para a maioría era unha tasca de mala morte. Os galos por entre as patas das sillas. O único malo é que non daban empanada de chocos.
Teño que confesarvos que o meu peor ano foi o primeiro. Foi unha experiencia difícil que me golpeou fortemente e me transformou para sempre. Seguro que foi unha boa experiencia pero non pasaría outra vez por ela.
O que conta o Choqueiro segue a darse pero ó aveiro dos novos tempos. Onte fomos horrorizadas testemuñas de varios ritios iniciáticos de colexios maiores: mixtos, máis pacíficos pero cheos de vergoña allea.
Non boto de menos 1º de Carreira pero sen el non estaría aquí. Creo que poderíamos dicir iso sobre calquera acontecemento da nosa vida. Ó final só somos o espacio baleiro entre as rodas do porvir.
Post a Comment
<< Home