Friday, September 23, 2005

Os demais

Unha vez pregunteille a unha amiga cal era a virtude que máis apreciaba en min e contestou que a miña seguridade en min mesmo. Para min iso era tan certo como que o atractivo sexual de Ronaldo reside na súa melena loira. Sen embargo así me vía.

Outra amiga miña díxome que lle gustaba moito falar comigo porque era "unha persoa sen conflicto", outra "que lía moi ben" (vocalizo tan ben como Mariano Ozores cun feixe de gambas na boca). Moita xente que me coñece superficialmente pensa que son unha persoa chistosa, extrovertida e bromista e moita outra que son un tipo calado, tímido e que vai á súa bóla. A miña nai está preocupada porque non teño amigos na miña vila natal e no lugar onde veraneo, Anselmo Cobirán díxome que seguro que conseguiría un traballo gracias ó meu Don de Xentes. Dáme vergoña a miña mala redacción e escritores que admiro animáronme a escribir.

A visión que teño eu de min mesmo é tema aparte... A fin de contas a un determínano os outros. Asígnasenos un rol e a cumprilo. O noso poder de influencia pode ser moito maior nos demais que nun mesmo. Moitas veces trátase dun fatalismo. Estamos condicionados a ser o que nos impuxeron en certa medida. Quedan acubillos coma este que con tanto pracer comparto con vós.

Adícolle este post ás miñas dúas cociñeiras favoritas de Viveiro en desculpa por un post que non lles gustou. Como fans preferenciais perdoade por facer a actividade máis humana: trabucarse. E a próxima vez dádeme caña nos comments... Un bico virtual e casto para as dúas.

6 Díxome díxome:

At 9:41 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu destacaría, sen dúbida, a túa capacidade para comprender e escoitar. Es ademais o number one en conversas a dúas bandas.
Polo demais, creo que es unha persoa bastante insegura,o que se nota no teu afán por tentar aseguralo todo.
Perdoa por esta análise ao amparo do anonimato.

 
At 11:53 AM, Anonymous Anonymous said...

Gracias pola dedicatoria.

 
At 12:53 PM, Blogger O Nadador said...

De nada

 
At 1:24 PM, Blogger O Nadador said...

É curioso que digas, anónimo e supoño que porriñés amigo, o das conversas a dúas bandas porque cústame moito falar en grupo e atender a dúas cousas á vez. De feito a min sempre me gustaron moito os cara a cara. A xente cando está nun grupo soe ter un rol e o meu lévame a estar calado nunha esquina e a dicir algunha estupidez de cando en vez para que recordedes que hai un friki entre vós.

 
At 7:56 PM, Anonymous Anonymous said...

apunta unha de sentido do humor corrosivo e outra de xenerosidade. tamén unha de interese por-todo-un pouco (quizais DEMASIADO por algunhas presentadoras da tv). tamén está ben a capacidade de autocrítica e de mirar para adiante, aínda que ás veces algunhas determinadas pantasmas se che reflexen nas meniñas demasiado...

bicos. (outra que se ampara nada sutilmente no anonymous)

 
At 9:31 AM, Anonymous Anonymous said...

non son porriñés, en calquera caso anexo a.
E expreseime mal co das dúas bandas. Quería dicir conversas de a dous, diálogo, face to face.
Tamén me parecen acertadas as apreciacións de outra anónima.

 

Post a Comment

<< Home