Monday, September 19, 2005

Nunca hai un restaurante coreano cando máis necesario é

Indígname este artigo de La Voz de Galicia sobre "as outras víctimas do Katrina". Para os que non saibades premer un hipervínculo resumoo en que hai moitas mascotas que quedaron sen dono e agora, claro, precisan un fogar.
¿E que?
Había en Nova Orleans persoas que non tiñan e nada e o perderon todo. Houbo mortes, violacións, inanicións, cólera e unha cidade, quizais, destruida para sempre tal como a coñeceron os turistas que pasearon polo Barrio Francés. ¿Deben preocuparme o máis mínimo a sorte de seres cos que non comparto especie?
Nunca lle fixen dano a un animal máis grande ca unha mosca. Quen me queira acusar de desalmado que o faga se quere. Pero ogallá houbese un cociñeiro coreano no Astrodome de New Orleans para facer can ó espeto. Non comparto a idea de que os animais podan ter ningún tipo de dereito xa que non poden exercer deberes. Si creo que os donos deben ter responsabilidades sobre eles e non se debe facer dano de maneira gratuita sobre calquer ser vivo ou inerte. Por outra parte estou plenamente a favor de que se someta as máis terribles torturas aos máis simpáticos animais (coellos, chimpancés, gatiños, cans...) se van redundar nunha mellora sustancial da nosa calidade de vida como pode ser curar enfermidades. Se é para probar novos cosméticos non estou a favor (aínda que temo que entón proben con mendigos).
Hai un debate moi interesante sobre o tema en Elizabeth Costello, un dos últimos libros de Coetzee. Eu non teño a capacidade do sudafricano para explicar toda a crúeza das implicacións de tomar unha postura ou outra. Só vos recordo que Hitler amaba ós seus cans sobre tódalas cousas e que Brigitte Bardot sacode as tetas nas manifestacións da Fronte Nacional e defende, á súa vez ós dereitos dos animais.
Eu creo que todo parte da concepción que teñamos dun ser humano. Para min un negro ou un árabe é un ser humano igual ca min. Para a soldado condenada polo de Abu Grahib e provinte dunha zona do Kluklux Klan non. Para min o valor da vida dun chinés ou un indio, como conxéneres, ten máis valor ca da unha foca do ártico. Para Brigitte non. Hai un biólogo que defende que os orangutáns deben ter máis dereitos ca un ser humano en estado vexetativo. Para min non. Como dicían Los Toreros Muertos: "Estoy hecho un animal".

4 Díxome díxome:

At 11:35 AM, Anonymous Anonymous said...

"Por outra banda, sosteño que moitas mulleres feas -falo de mulleres porque neste caso só é aplicable a este xénero- teñen tantos pretendentes como as guapas, precisamente por considerar os que lles entran que con elas o teñen máis doado" Elric
Es cierto.

 
At 11:45 PM, Blogger iago said...

Encántame eso de 'compartir especie'. O que é unha pena é que o digas cunha certa seriedade, porque para un monólogo destes ía quedar moi ben. Imaxínomo perfectamente: "Es que esto de compartir especie es genial; implica reproducirse y todo. Es la razón por la que me gusta el porno y el motivo que me permite soñar con tirarme a una modelo. Si no compartiese especie con nadie, mi vida carecería de sentido."

 
At 10:03 AM, Blogger O Nadador said...

Bueno, fillo (o meu fillo, neste caso, é Fromoze), a todos nos dá vergoña compartir especie con Bush ou Florentino Pérez pero que lle imos facer... Hai que manter unha mínima solidaridade grupal. Senón imos acabar coma no PP de Galicia.
Por outra parte meu pelota Paparruchas se tanto che gusta o meu bloj (ou bló) poderíasme poñer na túa lista de enlaces (ejem). Iso encantado de que te dés autobombo aquí e gustoume moito a foto de Baroña, non sei se es da zona...

 
At 2:15 PM, Anonymous Anonymous said...

Está en proceso o do link, por suposto, e non era peloteo, era sinceridade. E o do autobombo é un modo de saír da escuridade. Son do Val do Salnés, pero gústame o Barbanza un mundo e o Morrazo outro.

 

Post a Comment

<< Home