Saturday, September 17, 2005

Morte aos Sírex (eloxio dos feos)


Pretendo facer unha louvanza do 15% da poboación femenina e masculina (a partir dagora todo o que diga sobre o feminino será aplicable ó masculino). Esta porcentaxe (no caso femenino) é a que segundo o meu compañeiro de piso, eminente psicólogo, nunca gozaría dos seus favores amorosos. Neste guarismo sitúo o número de persoas feas. Podemos coller prestado este axioma para desenvolver a nosa argumentación que se resume nesta sentencia: É preferible unha parella fea a unha guapa.
Unha primeira razón podería ser que é máis fácil acceder a unha. Aínda que a min paréceme igual de difícil. O que é un feito é que están menos demandadas e se intentas achegarte a unha terás que pelexar con menos voítres e pagar menos copas (seguramente sen resultado).
Outra pode ser que as guapas están demasiado consentidas. Poden falar de calquera tema intrascendente ou ter comportamentos propios de sociópatas que nós aturaremos estoicamente as súas conversas egocéntricas. Tamén se cren con dereito a chegar tarde, non acudir ás citas, falar mal de ti diante dos teus amigos, poñerte os cornos... ¿Por que darlle tanta importancia á beleza? Na primeira impresión pode cegarnos a súa luz pero despois, ó despertarnos pola mañá, ó vela despeluxada, legañosa, nun primeirísimo primeiro plano... ¿Segue sendo esa bella princesa? É máis. Despois de meses e meses de relación... ¿Non comezan a ser máis guapas as mozas dos amigos? Si amig@s a beleza é efémera. Unha ilusión no ollo de quen mira.
Se a túa parella é fea menos competidores. Os ciumentos durmirán máis tranquilos. Se a túa parella é fea (e pobre) ninguén dubidará do namorado que estás desa persoa marabillosa. Parece probable, aventúrome a concluír, que unha relación estable e prolongada cunha pouco agraciada persoa ten máis visos de duración.
Eu tiven a sorte ou desgraza de saír sempre (salvo nun caso alá polos meus 18 anos) con rapazas marabillosas e nada feas. Por iso ó mellor duran pouco. Porque todo o bo soe ser efémero (quizais a beleza non sexa, logo, algo tan malo). Digo o mesmo que di un cando se lle vai a rematar o contrato: algo haberá por aí.
Por iso pídovos, fieis e escasos lectores, que ante a consigna dos Sírex ("que se mueran los feos/que no quede niguno") vos rebeledes e berredes comigo: "Morte aos Sírex".

2 Díxome díxome:

At 1:19 PM, Blogger O Nadador said...

Por certo que Os Sírex tiñan unha canción titulada "Si yo tuviese un martillo". Relacionando isto con "Si yo tuviese una escoba" poderiamos detectar unha subcorrente no pop español obsesionada pola transición do Franquismo ao capitalismo neoliberal. Os críticos da Rockdeluxe frotan as mans.

 
At 10:00 PM, Blogger FraVernero said...

Ums...
as mulleres son por definición egocéntricas e sociópatas. A bioloxía ponnos detrás delas coma cans famentos. Mala cousa. Iso é independente da súa fealdade ou beleza.
E certamente, igual de superficiais que as guapas, cousa que teño comprobado a conciencia. A nadie lle amarga un doce.
Por outro lado, anque nos fastidie aos feos, a carencia de beleza física non leva aparellada ningunha mellora moral, nen (necesariamente) unha atitude menos superficial na escolla da parella (anque na práctica se vexa limitada por condicións alleas ao desexante). Ao contrario, os feos (feas tamén, supoño; descoñezo as marabillas mentais de fetos e focas) poden ser terríbelmente envexosos e rencorosos coa beleza, e tender a supoñer imbéciles a aqueles que contan con máis atractivo ca eles mesmos...
¡Viva a beleza, ou! Confiémos nos miragres da clonación e da Ciencia, que farán dos nosos netos fermosas criaturas delgadas con ollos azuis...
xD

 

Post a Comment

<< Home