Wednesday, September 21, 2005

A tiranía do Word

A pesar de ser gordo, baixo, peludo, barbudo, ter feito un ciclo de informático, xogar no pasado ao rol e os videoxogos non son un superfriki do entorno linux. Recoñezo as súas vantaxes (todas) pero entendo que a xente use Windows por comodidade, porque os videoxogos funcionan en Windows, porque hai máis programas... Non obstante, neste o meu post máis orixinal, vou ser irreverente e vou elaborar unha diatriba contra o amigo de todos: Microsoft.

Primeiro de todo, non creo nesas teorías cabalísticas que relacionan a Bill Gates co 666. O que de verdade me molesta é o sutil e eficaz xeito que teñen de influír na nosa cotidianeidade incluso no noso xeito de pensar. O programa Microsoft Word e o seu corrector ortográfico son boa proba de tal circunstancia.

Dáme vergoña confesar que o procesador de textos axúdame a diario a elminar e descobrir castelanismos. De non ser por el o meu traballo estaría cheo de erros sonroxantes. Sen embargo a súa limitada base de datos en canto a vocabulario obrígame a usar as mesmas formas creando unha lingua baleira de neoloxismos, préstamos ou espontaneidade. O máis terrible de todo pode ser que cando introducides un topónimo este pode ser considerado un erro ortográfico. De tal maneira que se vivides en Calcuta existides e se vivides en Portosín non.

Ó igual que os xenios do cálculo mental foron caendo ante a necesaria e imprescindible calculadora a frescura do idioma no traballo e nos documentos oficiais irá caendo ante os correctores ortográficos. Sempre quedarán os foros con faltas de ortografía, palabros e abreviaturas pero non tardará o día en que sexan estas frescas renovacións da lingua sustituídas por emoticonos e incluiran un corrector automático. Preocúpame o quedarnos sen palabras... Cantas acepcións pode ter a palabra movida, chollo, chirimbolo, paranoia...? Quizais sexa mellor porque posiblemente non temos xa mais Nada que dicir©.

6 Díxome díxome:

At 7:38 PM, Blogger iago said...

Non o podo evitar, teño que correxirte: os que usamos sitemas operativos basados en linux non somos ningún tipo de superfrikis... como moito geeks e se perdemos moito o tempo con ordenadores de 16 bits nerds, pero nada máis.

E de paso, aconsellarvos probar OpenOffice.org para aqueles que estedes atados ó Word e non querades ver vida máis alá. O interface e as función son moi similares, só teredes o problema de non ter que aguantar os cambios de formato de documentos y de interface que impón MS. E esto dino eles, que advirten que a MS-Office 12 trae un novo formato de documento (basado en xml como xa o están dende fai moito os documentos de outros procesadores de texto), que os shortcuts cambian e os menus agora serán máis cómodos. Efectivamente, as vosas horas de clases de ofimática non serviran para nada o ano que ven.

OO.org permítevos traballar sobre .doc, pero se sodes listos podedes ir evitando o formatos pechados e facer un favor á humanidad usando formatos estandarizados.


Os que teñades pensado escribir bastante, aconséllovos que pasedes a cousas máis profesionales como
TeX/LaTeX
da man dun programa como o TexMaker, que eu non uso xa que eu teño a posibilidade de usar Kile que é o mesmo pero integrado en KDE, que polo momento non funciona sobre Windows.

 
At 8:58 PM, Blogger Xose Ramos said...

E xa que falas de castelanismos e correxir o galego... ¿Que tal usar o ispell ou o aspell? Hai un diccionario galego para eles. (Incluso en Windows se poden conseguir programas que usan estes ficheiros de diccionarios).

 
At 7:26 AM, Anonymous Anonymous said...

niso das palabras, antonte vin amencer na aguieira, estaba eu máis dous corvos de mar, unhas ducias de gaivotas, e uns dez corvos dos de Poe, despois apareceu un vello que xa atopei máis veces, viudo, cos fillos de patróns de costa e de pesca en barcos vascos "uste coma e beba o que queira que despois nós xa viremos polo que quede"; pregunteille pola marca da ría, que é Pedra Serpal, é marca de patróns de altamar, non a coñecía, despois ensinoume a buscar as postas facendo escuadros no mar, e como se engaban uns a outros, no mar todo é pillería, "dixéchesme mal a posta, non matei nada, cabrón" "home, marcarías por un pallote, ou por un tendal", despois falamos dos cans maricóns, que tamén os hai, dos seus dez gatos, e da droga fondeada pola ría adiante, si que había linguaxe, palabras, "os de santiago amariconan os cans, e tenlles medo" el non se divertía á conta deles, quero dicir, non lle tiraba paus para que llos porteasen, nin lles dicía "sit, sit" para que pousasen o cu, el discutía con "persoas inicas", e a veces demais, segundo o visitaba a policía, o sargento fíxolle un comentario curioso sobre a habilidade dun pequeno can vagamundo que el acolleu, e que lle fixo dez cachorros á súa cadela, pastora alemá lexítima, subíndose nunha pedra porque non a daba cabalgado desde o chan, hai cans que valen moito, o sargento díxolle "ante la jodienda no hai enmienda" debía ser de fóra o tipo, bueno isto viña a que no mar márcase polos petóns máis altos, e que non hai palabras, ben diso fala a poesía de Chus Pato, ese verso tan fodido: "a miña lingua natal é o fascismo / a imposibilidade do fascismo para nomear o real". Met no vello saco do fascismo os novos medios, e xa tes o invento cadrado. Bos días. Choqueiro.

 
At 10:39 AM, Blogger O Nadador said...

Por alusións... Eu creo que dixen sic "admito as ventaxas (todas) de Linux". Se dis que non é para frikis... A miña intención non era afirmar que só os frikis os poden dominar senón que o que pretendía era dicir que só os frikis (geeks, nerds e tal... é moi específico pero a xente do común usa friki para todo).
Só un cego pode dicir que OpenOffice é mellor que Office. Xa me gustaría a min. Con OpenOffice podes facer tódalas funcións básicas, si dacordo, pero non tes a cantidade brutal de opcións e alternativas que che dá Microsoft. Quizais ti non o notes pero asegúroche que unha secretaria si o nota... De feito moitos defensores do código libre afirman que o dominio preocupante é o de Office e os programas asociados a Microsoft e non tanto windows.

 
At 3:42 PM, Blogger iago said...

Sintoo moito Nadador, pero teño que decirte que esas cousas son paparruchadas de mal perdedor. Como os que din "Yo sigo sufriendo Windows"; facédeo en silencio como cas hemorroides pero non digades tonterías.

Xa primeiro, partir de que eu simplemente vos aconsello probar o OO.org, non digo que o usedes. Así que non me veñas con esas de que é peor ou mellor. Eso é cuestión de caer da burra coma este. Non te sintas culpable por saber qué sería bo facelo pero que non o fás. Eu non te vou xuzgar por eso, e se foses listo, non deixarías que ninguén o fixese. A min me dín que son 'un de esos' que usa linux; xenial.

Pero xa que tocas o tema, decir que con OO.org podes facer o mesmo que con MS-Office, só que de maneiras diferentes. Que unha secretaria non sepa como facelo éche culpa de quen lle ensinuo; ben me coñezo eu ós usuarios con cursos de ofimática avanzados, que non son capaces de usa-la cabeza, todo o fan de memoria. E cando os señores de MS, cambian algo de sitio, ala, a pagarlle un novo curso para que se poñan ó día. Así que ese non é o tema. O tema é mover o cú.

¿Disque Portosín non sae no diccionario? Pois, dalle solución, porque se temos que esperar que o solucionen os de fóra, imos mal.

Sintoo, pero a min esas escusas de vago redomado, non me valen. 'Demasiada' xente teño ó meu redor que se arregla sen problema con programas con linux e OO.org sen ter nin idea de ordenadores. Unha cousa é estar habituado a que nos poñan as patacas fritas ó lado esquerdo da chuleta e outra que a chuleta esté peor por levar virnos cas patacas na dereita. Serei desagradable, pero as cousas son así; eu son estudiante de letras e non fixen ningún ciclo de informática e sei máis de linux que os meus compañeiros estudantes de informática polo simple feito de que uso linux a diario. E en Windows non son capaz de facer nada de nada porque non o uso. As cousas non son fáciles, nin peoresn nin difíciles, nin melloresn, nin farrapos de gaitas. É todo cuestión de que a xente ten o cú moi gordo. Eu non necesito usar Windows nin Office; e por eso non o toco, nin sei como funciona; o día que mo pidan aprenderei a usalo e listo.

E eso que dis de que o que nos preocupa é o dominio do Office, débese a que tes que perder o tempo en dar saídas viables ós usuarios habituados ó MS-Office: documentación para que estes usuarios non se volvan tolos, manter esquemas de botóns mal pensandos pero asimilados por unha gran parte dos usuarios, chegar a meter un sustituto do famoso Clip-tocapelotas... non é cuestión de calidade do Software, añadir e quitar funcións, eso é cuestión de tempo. Conseguir que a xente se mova e faga o mínimo esforzo, eso sí que é un problema.

E pido desculpas se non son educado, pero é que estou farto de estas tonterías que escoito día sí e día tamén. Proba o OO.org SE TES GANAS, e se tes problemas, coméntaos porque eso é interesante, eso sirve para algo. Decir que 'unha secretaria' ten problemas non é decir nada. O mundo non o forman conceptos, ¿quén é a secretaria? ¿qué diferencias lle topa?. E o máis importante: ¿topalles tí diferencias?

E que home... agora resultará que un non pode cambiar cambiar de coche en toda a súa vida, non vaia a ser que lle veñan as marchas cambiadas de sitio e teñamos que facer o esforzo de adaptarnos. "Aprende a usar hijo mío, el MS-Office, que es lo que te van a pedir en el trabajo. Y si te piden que uses otra cosa, cambia de empresa que esa seguro que no tiene futuro." Así nos van as cousas.

 
At 4:40 PM, Blogger O Nadador said...

A ver... Insisto eu si fun a algún curso de informática, sei usar Línux, e tíos que controlan de Línux admiten que certas aplicacións de Windows (coma Office) están moi ben e son un handicap. Pero é normal. Teñen a algúns dos mellores informáticos do mundo traballando para eles.
Si usei moitas veces o OpenOffice. Teñoo usado moitas veces e en case todas desexei ter o de Microsoft. Si, por costume pero tamén porque (tío, é así) hai moitas máis opcións e está mellor deseñado.
Non me sinto culpable de non usar Linux igual que non me sinto culpable de que non me gusten os percebes. Pero uso windows porque ten un monopolio estratéxico que fai que me resulte máis cómodo telo que non telo. Así de simple. Non me estou excusando estou explicando a miña toma de posturta.
Por outra parte que opinas de que o creador de BSD dixera que Línux era unha merda comparado co seu sistema e os que melloraban o sistema uns parviños que non sabían o que facían? Eu estou en total desacordo, que conste.

 

Post a Comment

<< Home