A Rockdelux ou a música dos que non gostan da música
A Rockdelux é unha revista elitista, aburrida, inútil e pretenciosa que non serve para informarse das tendencias musicais nin de nada en xeral.
Os críticos da Rockdeluxe son persoas que reflexionan durante semanas sobre un disco de Mogwai e na súa análise falan sobre Ezra Pound, a China comunista, as relacións interpersoais no París prerevolucionario ou sobre calquera outro tema que non nos aporte ningún tema sobre o disco ou o grupo. A súa retórica é digna do Círculo de Viena falando sobre o que ten de divino e o que ten de humano unha canción dun grupo aburridísimo de Hip Hop de Birmingham que afortunadamente non sobrepasará ese primeiro e prometedor EP.
Rockdeluxe non é unha revista de amantes da música senón de amantes da crítica musical que fan divertido a Pedro Ruíz. O seu elitismo entronca coa peor rama dos críticos e dos artistas que o único que pretenden é afirmar que eles existen e son especiais. Doutra vez o baleiro comunicado a tódalas direccións e para que a todos non nos interese en absoluto. Artistas narcisistas de cuarta porque nin sequera fan música aburrida coma os intérpretes que recomendan e seguro non len. Unha boa proba do seu egocentrismo noxento foi cando publicaron unha lista dos seus discos favoritos dos 90 e despois, no mes seguinte, publicaron a dos lectores. Obviamente non se parecían en nada. A da revista estaba chea de grupos semidescoñecidos, aburridos e nada representativos pero daban un toque de excelencia a aqueles que os excitaban (polo mero feito de que os mortais non os coñecíamos). De feito, outra mostra da abxección desta publicación é que na portada poñen a grupos de éxito popular como Radiohead, MIA, Primal Scream e no pasado outros coma U2 e nas súas páxinas interiores apenas falan deles (o que podería ser coherente de ter unha predilección lóxica por bandas de máis difícil acceso pero estou seguro que non é así) e os poñen a parir. As súas seccións non musicais tamén mostran un perfil claro: pijo modernillo que fuma porros e compra camisetas con apariencia de vellas e leva xerseis de chandal que aparentan ser dos 80 pero realmente son novos feitos por chinos e que realmente custan moito diñeiro e lle vai tódolos temas de moda na actualidade sen unha conciencia social de ningún tipo máis ca un narcisismo que me saca das miñas casillas.
Efectivamente, non son suscriptor.
14 DÃxome dÃxome:
Benquerido nadador:
Coincido plenamente coa túa opinión, e permíteme sinalar que merecerías un premio de deconstrucción agresiva por ese primeiro parágrafo.
Só quería facer un engadido sobre a preferencia polas listas numeradas xerárquicamente que teñen no libelo ese. Ponme malo. “As 100 mellores cancións euroasíaticas de 1957 a 1985”. “Os 50 mellores rapeiros búlgaros”, etc. Estas cousas xa son abondo enervantes, pero resulta aínda pior cando se meten noutras cousas, das que non saben abondo como para quedar de sabios elitistas. Teñen o mal hábito de sacar una clasificación anual dos 100 mellores libros e os 100 mellores cómics que se viron nos últimos 365 días.Cando as vexo, dame inevitablemente un ataque de gastrite, sobre todo a dos tebeos.
Lembro que a de 2000 (ou 2001, non sei) traía como mellor historieta do ano á serie “Adolf”, de Osamu Tezuka, escrita e debuxada en 1983. Iso é estar ó día.
Señores alternativos, por favor, dediquense o arte conceptual e déixennos os cómics os frikis. Graciñas.
Supoño que te despachas a gusto coa rockdelux e deixas claro que non es suscritor co obxectivo de que che responda un que si o é.
Dos aspectos negativos da revista xa dis ti bastante. Eu vou contar os positivos.
A maior parte dos grupos e discos dos que fala a revista non os coñezo. Ben, para iso a compro.
As listas que fai a revista son unha proposta. Aí atopas sorpresas e cousas interesantes, que é o que importa.
Por ler a Rockdelux fíxenme cuns cantos discos que non me gustaron nada. Pero son os menos. Polo xeral, serviume para cñecer moitas cousas boas e algunhas xeniais. Non creo que o conseguise coa Mondosonoro, Rocksound ou Rolling Stone.
De todas formas, o tema é que non hai alternativa. Rockdelux é moi criticable, pero ou a les ou non les ningunha revista de música. Porque o resto son bastante cativas. Ou guíaste polo suplemento de móbiles e sexo que trae os venres El País? É o mesmo conto que Radio 3 (á que espero que dediques outro destrutivo post)... pode se moi criticable, pero a única alternativa é non escoitar música radiada, ou caer nas adictivas redes de Los 40 e Cadena 100, ou escoitar vinte veces ao día a mesma canción de Rosana en KissFM.
Leo a Rockdelux e creo que non respondo a ese estereotipo do que renegas. Tampouco me avergonzo, era o que faltaba!
El Duende: As túas palabras de apoio arrasan as miñas fazulas con bagoas pero non te fagas unha camiseta coa miña cara.
Tremor: Non era por provocar pero sabía que responderías. Falas de que non coñecerías moitos deses discos de difícil acceso se non fose por Rockdeluxe. Fagamos unha análise polo miudo:
-Os clásicos (eu que sei London Calling, discos de Dylan ou dos Beach Boys, Sly and the Family Stone...) Mira en Internet (ou nunha desas revistas que tan rapidamente rexeitas) e todo o mundo falará ben deles. Así que para eses non che faría falla ningunha a Rockdeluxe.
-Os clásicos alternativos (un pouco difícil de definir dende os Pixies a Dinosaur Jr. pasando por Violent Femmes) Eu creo que aparecen en Mondosonoro, que a leo habitualmentte, ou nunha que lin onte por primeira vez, Autopista 66. Esta última para min é unha boa revista e falaban de grupos tan ó acceso das masas como Arcade Fire, Nick Cave, Anthony and the Johnsons e outros dos que non coñecía ó nome por ser debutantes ou pouco coñecidos pero, de seguro, que os próceres de Rockdeluxe xa os consideran obsoletos.
-Outro tipo de músicas (Jazz, étnica, electrónica, folk, country, blues...) Realmente vas ser tan cínico como para dicirme que a Rockdeluxe é un bo medio para informarse destas tendencias? Non son mellores as revistas e páxinas especializadas no tema?
-Discos caídos no esquecemento e que só os moi melómanos seguen a ter en conta e recordar a súa vixencia. Si, pode ser que aquí si a Rockdeluxe teña algo de valor. Pero fai un promedio de cantos deses discos non son máis que proxectos coxunturais arrasados pola calidade das bandas do mainstream (porque moitos grupos están no mainstream porque lle GUSTAN á xente e son BOS músicos) e só serven para satisfacer o ego do crítico con gafas de pasta de turno.
Se eu che parezo duro escoita o que din Heath e Potter (si Elric podes aplaudir e xemir coma un orangutan en celo):
Así son las cosas. Al intentar evitar la tiranía de la sociedad de masas, el rebelde acaba en un bar medio vacío oyendo una música que é mismo considera indignante y sintiéndose superior a los pringados (la presencia de los pringados es fundamental en el relato del Niedzviecki (Nota do autor: un crítico Rocdeluxero famoso de Canadá): el buen gusto tiene que ver con la distinción, que a su vez implica separarnos a nosotros-los enterados- de ellos- lo que nos sirven como objeto de mofa y befa-. Para los enterados los pringados son el equivalente a los judíos o negros que intentaban integrarse en la década de 1.950)
Lo peor de Niedzviecki es su incapacidad para reconocer que lo suyo ya está muy visto. El disco más alternativo de la historia salió allá por 1975. Se llama Metal Machine Music y es un álbum doble de Lou Reed que consiste en sonidos de guitarra y zumbidos como los de una interferencia radiofónica ( el indignante toque final es que la cara B del segundo disco tiene un surco crrado, de forma que la última secuencia se repite indefinidamente, hasta que alguien se tome la molestia de levantar la aguja de vinilo). La myoría de la gente que lo compró exigió que le devolvieran el dinero y muchos críticos musicales lo siguen considerando el peor disco de todos los tiempos. Sin embargo, existe una élite de críticos y fans que lo encuentran "fascinante", una "explosión contenida de murmullos altisonantes cargados de energía sobre trémolos sordos y profusos punteos sinuosos de textura líquida" y, quiza, más sinceramente, "un placer difícil". (Nota do autor: Non vos recorda esta redacción a certa revista?)
Quien ande buscando música verdaderamente alternativa, ahí lo tiene. A su lado, todo lo demás suena a gloria.
Claro que non te debes avergonzar de comprar, deixarte aconsellar e ler Rockdeluxe. A min non me avergonza ter seguido 3 edicións de Operación Triunfo, tragarme en innumerables ocasións El Tomate, A tu lado ou o Programa de Ana Rosa, non ter lido a Iliada, a Odisea ou Memorias dun Neno Labrego, pasar toda a tarde do domingo vendo fútbol ou non entender nada de expresionismo abstracto. A xente é normal que discrepe do meu punto de vista e a, dende a miña maneira de entender as cousas, de equivocarse. Se non non tería aturado vivir no lugar de España con maior número de afiliados do PP.
O que eu quería dicir era o seguinte (Duende podes facer a onda se queres):
A Rockdelux é unha revista elitista, aburrida, inútil e pretenciosa que non serve para informarse das tendencias musicais nin de nada en xeral.
EEEEOOOOO
Onda feita.
Débesme unha comida no Vilas por esta suba de autoestima.
Envexado monarca albino de Melniboné:
A súa afección a exercer como avogado do diaño é cada día máis preocupante. Aceptolle a argumentación, salvo en dous detalliños.
Creo que hai unha diferencia sutil entre enumerar "Os 100 discos que máis lle molan a Pepiño Pérez", cousa moi respetable, e "Os 100 mellores discos do universo". ¿Non? Xa me explicarán como decidimos que "Pet Sounds" é mellor que "What's the story, morning glory" do mesmo xeito impepinable que 5 e maior que 7. Claro, é cuestión de gustos, dende logo, pero non me intentes convencer de que os teus gustos coinciden cos mellores discos dos últimos sete anos-luz, porque non vai colar.
E logo, claro, ´si, o "Adolf" de Tezuka era a primeira vez que se vía en castelán. Pero non deixaba de ter case 20 anos, non podes recomendalo como ó mellor do ano (o máis de puta madre que se debuxou en 2001) PORQUE NON É DESE ANO. Ata onde me chega a memoria, na lista non había outros títulos que non fosen recentes, por iso me ofendera tanto. E resultaba simpático velo nunha lista de "vouvos poñer os tebeos máis raros e contraculturais que atopei na librería friki da esquina". Ir por ahí recomendando ó "deus do manga" non é válido para quedar de entendido vangardista a non ser que non teñas nin puta idea de cómics. Tezuka é un nome de referencia dende os cincuenta. Foi o tipo que convenceu ós xaponeses de que tiñan que debuxar personaxes andróxinos e cos ollos redondiños, antes del non o facían así.
E xa que me tiraches da lingua, direi que ten gracia que retrocedesen a 1983 porque na lista de marras quedaban fora algúns títulos como o "Spiderman" de Straczinscky e Romita Jr. ou ós "Ultimates" de Millar e Hitch que son obras excelentes e levaran premios a carretadas, pero claro, son da Marvel e de superheroes, así que teñen que quedar no caixon da cultura de masas.
Señores alternativos, non se pode nadar e gardar a roupa. Cando rematen de onanizarse con Joe Sacco e Marjane Satriapi, ó mellor lles queda tempo para David Ramírez ou Brian M. Bendis, que tamén son bos no seu.
¡Ves o que conseguiches! Xa estou desbarrando.
na Rockdelux falan moito de U2, case sempre para poñelos a parir. É verdade que os seus últimos discos non molan nada, pero cando un grupo se menciona tanto, aínda que sexa para falar mal del, é evidente que é unha referencia, incluso para a Rockdelux.
Do mesmo xeito, se tantas teclas gastamos en falar da Rockdelux, aínda que sexa para poñela a parir, é porque é unha referencia. Éche así.
Igual ca Hitler cando se fala de Xudaísmo.
Se non che gusta, só tes que deixar de ler. Algo de desencanto ou decepción ten que haber para ter elaborado unha crítica tan precisa da revista. Eu levo 14 anos mercando a rockdelux, cando se chamaba rock de lux, con portada de loquillo, xa que falas de portadas comerciais, pero dentro descubrín unha manchea de grupos descoñecidos, algúns clásicos, outros da movida de madchester, e outros que se perderon sen pena nen gloria. A clave está en que nos seguintes anos a miña forma de descubrir música nova foi a través de radio 3, a desaparecida spiral, o nme e a rockdelux, e seguiu sendo así ate que chegou internet ó meu fogar e unha 'mula' fixo parada cada día coas alforxas repletas de música. Sigo mercando a rockdelux, ¿por que motivo, se apenas me aporta información nova? Primeiro, porque está ben redactada e gosto de ler incluso sobre artistas dos que non escoito nada. Segundo, porque me fai rir, como a vez que lin a crítica ó disco dos paréntesis de sigur ros: xamais lera unha crítica tan despiadada, mordaz e sedenta de sangue coma esa (ben, sí, unha no nme a george michael), fíxome rir mentras ese disco non paraba de soar no meu cd, non me perturvou o máis mínimo.As listas serven para algo: o lector, ofendido po-las ausencias dos seus discos favoritos sae fortalecido nos seus gustos, así de simple, e dedicará os seguintes días a alaba-los entre os colegas e parentes. Ti dis: A Rockdelux é unha revista elitista, eu digo: m.i.a., the evens, neu!, ry cooder, manu chao, drive by truckers, saint etiene, solo los solo, ben weaver, jamie lidell... se ningún destes nomes, que saen no último número, che gustan, entón, sí, é moi elitista por misturar indie, hip hop ou krautrock; ti dis: aburrida, eu digo que a min divírteme ver cómo xogan a pescar lectores con coldplay na portada para facer logo un retrato de grupete comercial dentro; inútil e pretenciosa que non serve para informarse das tendencias musicais...; eu digo: a quén demo lle importan as tendencias, si teño no meu cargador de cedés a neil young, a sufjan stevens, a early day miners, a the national e a l'altra, e a última tendencia é un revival do post-punk; ... nin de nada en xeral, eu digo o mesmo que ó principio, que si non che gusta, só tes que deixar de ler. O nme é moito peor, asegúrocho. Dito todo isto con afecto de fan po-la música. Saúdos.
Lifmialón non é necesario que me aconselles non lelo porque non a fago. Pero certas necesidades fisiolóxicas que satisfago nos sanitarios dalgúns amigos lévanme a coller a lectura que esté máis a man. E, mentres non poñan poemas no papel hixiénico, nalgún caso é a Rockdelux. Por iso e porque a veces ma poñen nos fuciños. Por iso e porque as veces vexo na portada que hai un artigo sobre Massive Attack (por poñer un) e o artigo é francamente decepcionante por escueto e por non aportar ningún tipo de información ou valoración salvo unha divagación propia de borracho do Curruncho as 5 da mañá.
Sen embargo hai un amplo desplegue para cubrir o cuarto EP dese grupo de Vancouver que ten nunha das súas cancións un sampler dunha motoserra descuartizando unha balea varada.
Pero quizais non me guste aparte de polas súas opinións musicais, que ó fin e ó cabo son o de menos e ademais, supoño, que se pasan todo o día a escoitar discos saberán máis ca min, por ese ton de pijo-alternativo-intelectualoide-condescendiente-congafas depasta-senmoitomáisquefacernavidaque criticaraartistasconsagrados. E nas súas seccións non musicais isto é todavía máis evidente porque xa non se poden escudar en que os lectores non coñecen nin o 20% dos discos que reseñan e así poden dicir canta parvada queiran. Velaquí o elitismo, non neses nomes máis ou menos coñecidos do panorama indie.
Dis que descobreches a moitos grupos a través da revista. Alégrome por ti. Peor sería enterarse a través dun interrogatorio do programa de Nieves Herrero. Se eu puidese escoller enteraríame de novos grupos da seguinte maneira:
Un coro de doce ninfas do bosque entrarían na miña casa e unha a unha obrigaríanme a tomalas e, durante o acto, elas murmurarían doce e lentamente o nome do disco que debería escoitar ou do grupo de moda.
Dis que a Rockdeluxe te fai rir. Felicítoche porque creo que é o argumento máis intelixente e atinado que se deu a favor da nefasta publicación. Ante iso non podo rebater nada. A un amigo máis min gústanos poñer cancións de System of a Down mentres vemos Mira quien baila para ver a Ángel Garó bailando un valls ó ritmo das guitarras eléctricos. Nós esmendrellámonos. Cada loco con su tema.
Finalmente parécesme darme a razón ó afirmar que non te informas a través dela. E digo eu... ¿Se non informas para que sacas unha revista? Se o obxectivo é facer rir posiblemente a interpretase incorrectamente e careza de sentido do humor. Pido desculpas. Aínda que se che gustan as revistas humorísticas aconsélloche El Jueves con Para ti que eres joven, Clara de noche, Ortega y Pacheco, os especiais, as caricaturas...
q onda gueyes d donde son q no ls entiendo nada no mamen son d Italia vrdad les en tiendo muy poco, pro no se q tra taron d dcir d sta banda pro nomas porq son d dond mis padres se los acepto.
Yo nomas m mti a qi para dcirl a las taradas d mi escula q son unas taradas q no sirben para nada y mas a Jecica y su mejor amiga Camila son unas peeeeerrrrraaaassss puta babosas hijas d su puta mama q las pario muy apenas y fureon unas hijas mal echas y mal deseadas la mera neta y si creen q yo miento preguntenle a sus mamas y no sean mas mamonas porfa no! y qiero mandarles salu dos a Italia maravillosa tierra y tambien a Mexico q noes tan marabillosa pro tambien es muy bonita y mas por Jalisco y Michoacan q son los lugare q e es tado mas tiempo. A Italia nomas e ido como 3 veces pro eso sobra y basta para dcir q es una tirra naravillosa.
Esto es todo lo q qria dcir chhhhaaaoooo!
q onda gueyes d donde son q no ls entiendo nada no mamen son d Italia vrdad les en tiendo muy poco, pro no se q trataron d dcir d sta banda pro nomas porq son d dond mis padres se los acepto.
Yo nomas m mti a qi para dcirl a las taradas d mi escula q son unas taradas q no sirben para nada y mas a Jecica y su mejor amiga Camila son unas peeeeerrrrraaaassss puta babosas hijas d su puta mama q las pario muy apenas y fureon unas hijas mal echas y mal deseadas la mera neta y si creen q yo miento preguntenle a sus mamas y no sean mas mamonas porfa no! y qiero mandarles salu dos a Italia maravillosa tierra y tambien a Mexico q noes tan marabillosa pro tambien es muy bonita y mas por Jalisco y Michoacan q son los lugare q e es tado mas tiempo. A Italia nomas e ido como 3 veces pro eso sobra y basta para dcir q es una tirra naravillosa.
Esto es todo lo q qria dcir chhhhaaaoooo!
stoy d acuerdocon tigo morra talvez son d italia y tambien yo no lesentendi nada yo tambien soy ispana porfavor dejen dicho de don d son no para conoser mas personas d otros paises.
miscomentarios pa ' Delux son una copia pirata d las bandas d rock chidas q estan bien perronas chale no mamen no sean tan copiones e inventen sus propias rolas chhhaaaaoooo!
sorry por publicar lo mismo dos veces pero no me fije losiento muchisimo.
no tengo nada q decir d esa banda Delux ni la conosco pereo estoy d acuerdo con todo lo q uds digan porq son cuates no! chale no mamen mas no ya no scriban asi porq no les entiendo nada ensenese a scribir en espanol es mas facil o tal vez yo me tenga q ensenar a scribir en su idioma estaria muy chido, no creen?
si tienen un comenterio sobre sto solo ponganlo aqi yo les contestare no sepero x favor publiqen algo en aqui para mi lo estare esperando con mucho gusto yo soy Anahi Bustos pero medicen "La Bustitos" no pongo mi nobre arriba poq no me gusta.
Esto es todo cuidense muchisimo los espero chaaaaaaoooooo!
esa tal "Bustitos" es pariente mi aporq yo soy "la pesones" nomas me meti a es ta pajina para aver q decian ime encanto saber q tambien hablan espanol y tambien d en contrar me con mi pariente y yo sitengo algo q decir sobre esa banda delux esa es mi favorita banda y el q quiera meterse caella se me tera con migo sime quieren decir algo solo dejen su comentario qui y yo lo respondere yo soy la pachitos y muy pronto me ban a conoser.
y parenle de decir cosas a mi banda favorita no! y el que siga diciendo esas cosas sobre esa banda que se muera por mentirosos.
aaaaaddddiiiiioooos!
Post a Comment
<< Home