Músicos na rúa
Poucas figuras son tan admiradas entre os románticos e amantes da liberdade coma os músicos calexeiros. Os oficinistas, bolseiros, amas de casa e albaneis envexan ese vivir sen horarios nin xefes, o vagabundeo e a sorpresa cotiá e entregarse á paixón musical.
Hainos de tódolos tipos e en tódalas poboacións. Cantautores oriundos dunha canción de Sabina, macarras que aporrean sen pudor unha guitarra ou desafinan coa frauta, exóticos bluesman, arpistas e citaristas e todos con can ou sen can accesorio aínda que unha axudiña sempre vai ben. En principio pode parecer un negocio pouco productivo pero o certo é que moitos que andan por aí viven, e non mal do tema. Non ten poucas vantaxes o posto. Certo é que ten moitas incomodidades pero pensade no bo que debe ser que che inviten a copas por tocar uns temas de Aute ou de Silvio. E no verán... Cando todo o mundo está na oficina asfixiado eles no obradoiro a versionear nefastamente algún tema clásico. Moitos compositores deberían reprantexarse a súa profesión dada a tremenda caterva de pedigüeños que crearon (os citados Silvio e Luis Eduardo terían un sitio privilexiado. Ó mellor non teñen a culpa eles de facer cancións que calquera pode tocar con tres acordes.
Os heroes da nosa sociedade non son eses millonarios que veranean na costa azul e traballan 80 horas á semana. Son estes desfarrapados que elixen a liberdade de facer o que lles dá a gana e desfrutar coa súa inofensiva actividade para o resto da humanidade. Posiblemente o seu desprezo pola orde, un traballo rutinario e nada creativo e demais patrañas que só nos atañen a nós Os Mortais impida que a súa situación non dista moito á da garrapata ou á do político. Isto é: dependen da sangue doutro para manter os seus privilexios. Xa que logo que aprendan a tocar e cambien o repertorio e non creades nos contos fabricados coa suor dos demais.
2 DÃxome dÃxome:
Non, foi sobre as prostitutas e a profesión é digna como calquera outra que non atente contra os demais. Sen embargo o seu ideal bohemio paréceme unha mostra de egoísmo e irresponsabilidade estremos, cualidades que non aprecio en demasía. Recorda que Ella baila sola tocaban no retiro.
ninguén dixo que ser Cronopio fora tarefa doada...
un pracer telo coñecido días atrás.
Post a Comment
<< Home