Baixos Comerciais (e III)
Hai pouco unha amiga preguntoume pola miña opinión sobre a prostitución. Eu mostreime a favor da súa legalización porque crin que era o único xeito de proporcionar unhas condicións dignas a estas traballadoras. Ela confesoume que compartía esa opinión ata que despois de entrar en contacto con asociacións feministas de Lugo chegou á conclusión de que non era a solución.
A actual situación non é boa. Permítese e non se permite. Pénase o proxenetismo pero non ó cliente. Creo axeitado non castigar á persoa que se autoexplota. Sen embargo non poden sindicarse, non cotizan á seguridade social, non poden facer reivindicacións colectivas de maneira ordinaria...
O artigo de Ramonet doutro día fíxome dubidar sobre a legalización. Non obstante creo que en Francia hai medidas parecidas e o problema persiste. Se alguén ten datos concretos sobre a prostitución en Suecia e Francia por favor que o expoña. Polo que eu sei, ou se di mellor dito, nos réximes comunistas é onde menos se dá este ¿problema?. Sei tamén, que moitas amas de casa se prostituían cos mariñeiros para conseguir medias de Nylon e outros bens de luxo para os reximes comunistas.
Se o que di don Ignacio é certo abogaría polo método sueco. Só habería un problema. Colapsaría para a eternidade o sistema xudicial español con casos e habería que construír unha cárcere por metro cadrado.
2 DÃxome dÃxome:
como aquí gostan dos postcomments cursis, diría
que é a libertade o problema, e cales son as condicións onde a libertade habita?
aforro uns cantos párrafos para concluír que esta, neste caso, é imposible
non é certa
quen defende a "liberdade" do contrato é anela (visiten a súa asombrosa pax web, unha das grandes mostras de deformación da realidade), asociación con xuristas, asesores diversos, poderosísima capacidade de influencia nos medios de calquera caste, e de substrato ideolóxico fascista, fascismo de caste, racial... etc.
isto só bastaría
a realidade, falen coas mulleres de alecrín, é o horror, por dicilo con palabras vellas: o kapital-horror
forzas da orde implicadas, poder político e empresarial, carto negro, bancos, "libre mercado"
non pode o corpo ser mercadoría
alegade que en certa medida todos o somos como corpos, ben
pero non dese modo, pel, penetración, humillación, enfermidade, abuso, substracción da documentación (hanna harent: o totalitarismo comeza pola perda da personalidade xurídica, non ser suxeitos de dereito), extorsión, e a vella palabra... vicio
non
se somos un corpo social reprimido, frustrado, pois a foderse ou a liberarse ou a ila virando, as nosas frustracións (masculinas maiormente) non poden xustificar a escravitude
estigma é outra palabra a ter en conta, o estigma non se borra
estigmatizadas
infelicidade, crime, delicto, nada onde construír a vida
modelo sueco, si, xa, dunha vez, tendo en conta que este vai acompañado de medidas ben financiadas para levar unha vida normal
e así, sen chocos esta vez
é unha das purulencias do país, algo vai moi mal aquí, algo apodrece en nós, cando 4000 mulleres en galicia son demandadas por miles de mozos e e homes de diversa condición para foder por cartos
cartos dos que mafias lituanas etc se apropian, e todo o que calquera cos ollos abertos ve,
moita miseria moral física, moita mentira, moita alma enferma, moito cabrón
para min non hai dúbidas, reinserción con forte apoio económico etc, e carga penal no consumidor de sexo, o resto son requeñeques, falsías, anela, os tipos máis despreciables, "empresarios", consulten ás mulleres de alecrín, elas saben de que vai isto, se ata lle cobran os controis sanitarios ás mulleres dos seus locais, que farsa
saúdos
Non creo que haxa un problema á hora de concebir o feito da prostitución coma un problema de orde ético e económico.
O que realmente me preocupa é como acabar co problema en si porque recórdovos que vivimos nun mundo globalizado e se eliminamos a prostitución na casa os veciños subdesenvolvidos convertiranse en enormes burdeis coma son Cuba ou Thailandia.
Post a Comment
<< Home