Tuesday, October 11, 2005

Buñuel e música ambiental

Na miña última visita a Vigo, cidade industrial e nada devota do ocio, a música estaba por todas partes. Na estación de tren, no tren, na estación de autobuses, nos ascensores, en tódalas cafeterías hai radiofórmulas ou esas horribles deformacións instrumentais de temas clásicos de Mozart ou os Beatles. Por certo... ¿por que non poden poñer os temas orixinais?

A Buñuel horrorizáballe este mal hábito sobre todo nos bares. Estaba convencido de que impedían pensar e desenvolver a arte da conversa. Para a lembranza a gran escea de Trainspotting onde os dous protagonistas falan a berros na discoteca e o seu discurso aparece subtitulado.

A min preocúpame que neses pequenos intervalos cotiás agardando polo autobús ou na cola da charcutería non teñas un minuto para ti porque aí e na cama e no cuarto de baño (outras campás isolantes do bule bule da vida ordinaria) é onde un leva a cabo as reflexións que marcan o destino da súa vida. Ninguén lembra o que pensou o día da súa voda ou do enterro do seu avó pola sinxela razón de que non había silencio nin soidade para reflexionar.

Escoitese este post coa canción Enjoy the silence de Depeche Mode.

1 Díxome díxome:

At 4:16 PM, Blogger O Nadador said...

Ou a doce vinganza da cultura quechua.

 

Post a Comment

<< Home