Paco de Lucía: Artista
Non son un gran afeccionado ó flamenco. De feito é coa salsa, cumbia e certos enxendros industriais (reggaeton e tal...) do pouco que non podo aturar. Sen embargo pode ser que en cada disciplina apareza de cando en vez un xenio que faga atractiva a súa disciplina ata para quen non a comprenda. Pasa con Mozart, pasa con Chaplin e creo que pasa con Paco de Lucía.
Máis atractiva ca súa música parécenme as súas entrevistas que procuro ler sempre con coidado e atención. Contou que unha vez cando gravaba con Camarón el quedaba en éxtase mirando como cantaba e que ás veces se olvidaba de que estaba aí para tocar a guitarra. Cando así o facía era o fenecido Camarón quen se quedaba omnubilado. Tratábase de dous verdadeiros amantes da beleza e da súa arte. A primeira condición dun artista.
O seu carácter explícao el moi ben nunha anécdota. De Lucía, estremadamente crítico co seu traballo, escoitou na radio unha fabulosa guitarra flamenca. En seguida ergueuse da súa silla e dixo "Este intérprete é un fenómeno, é o mellor que escoitei nunca". E dixéronlle: "Pero se es ti Pepe". Abochornado, sentou e comezou a sacar erros. ¿A quen que escriba, pinte ou toque música non lle aconteceu algo similar?
Vexo a este home un tanto amargado. Incapaz de asimilar o seu talento e sempre no camiño da perfección. En certo xeito sería indiferente para el ser o peor ou o mellor guitarrista flamenco da historia. Sentiría a mesma frustración de tódolos xeitos. Cando vai pescar cos seus amigos si vexo un sorriso de felicidade. Un pregúntase polos motivos polos que non deixa a guitarra.
12 DÃxome dÃxome:
Camarón es un mito. No pongo en duda su talento, pero al oír los elogios que le lanzan, sobre todo los gitanos, noto una idealización excesiva.
Deixa de Balar Zenone...
Non sei se Camarón terá unha fama esaxerada. Pero non deixa de ser curioso que entre reformistas e puristas do flamenco desperte unanimidade ¿non?
Estoy esperando que escribas un post sobre tu experiencia como jugador de rol.
¿Experiencia como jugador de rol? Lo dices como si fuera algo parecido a ser veterano de Vietnam... ¿Qué mano usabas para tirar los dados, nadador?
A ver, no me parece algo extraño jugar al rol. De hecho yo he jugado. Me parece muy enriquecedor. Fomenta la imaginación.
Oinkkkkkkkkkkkkk
Usuario anónimo:
Xa que vas por aí provocando polémicas identifícate (con pseudónimo of course). Creo que sei quen es. E de ser así serías unha das primeiras persoas coas que xoguei e sabes que a rosca é indisoluble a unha boa partida.
O de ser xogador de rol é un pouco coma a CIA. Nunca te podes desprender diso. Dependendo do xogo tiraba coa dereita, a esquerda ou coas dúas. Se xogásedes ó Stormbringer saberíades o difícil que é ter unha Machada Lormyriana demonio.
ALGO BRILLANTE
PERDÓN.....
ALGO NON DEMASIADO BRILLANTE
Fas ben en matizar o de non moi brillante porque hai escaseza dauga e dentro de pouco as minicentrais non van poder esquilmar os nosos recursos en favor dos cidadáns madrileños que, relixiosamente, votan a Esperanza Aguirre. Por certo que onte na Voz o PP denunciaba unha conspiración contra os seus concellos. Tratábase da paralización dunha serie de minicentrais en pequenos concellos rurais. Que raro, parece que existe a política.
Un pregúntase polos motivos polos que non deixa a guitarra.
inquedante, hai días que non pos post...
se descubriches os motivos é que es felis, felis, felis...
o no, como dicía Rajoy, agora xa non anda con tantas frivolidades, (non sei que sería mellor)
tamén pode ser que descubras os motivos, a algún "amigo", neste caso as comiñas son necesarias, necesite un pretexto para seguir a xogar a pingue pongue, tal que así
e dos ríos, aquí son propiedade privada, como o Xallas, que lle abren un chisco en verán as comportas, para que os toristas desfruten a fervenza de Ézaro,
por certo unha fervenza Benetiana, xa que foi Benet o inxenieiro-romancista dos madriles quen dirixiu e proxectou as obras do encoro
dalí do encoro sae un dos camiños para subir ao Molete, que outros chaman Peñafiel, no cume do monte hai unha inscripción medieval, en latín que excomulga a todos os que suban, polo tanto eu xa pertenzo a ese estrano grupo
e do peñafiel, por camiños de cabalo, pódese chegar á Laxe da Moa, aló arriba fodían as parellas infértiles, para ver si,
Sarmiento relata unha lenda que di que o monte ardeu sete anos, e que nel se atopaban erbas medicinais de rara influencia, en calquera caso, ardeu este verán, en menos tempo, é a última marca de terra que ven os mariñeiros da costa da morte
e falando do Pindo, chao
podes facer un post sobre torturas sicolóxicas: unha que che escriban comentarios coma este, dúas escoitar a Sanchez de Dios durante cinco horas; tres un despertador que cante coa vos de Cesar Vidal When the night has come, que é a canción que pon en La Linterna da Cope; catro vinte ou trinta discursos de Touriño e Zapatero, cada vez que durmas, Paco Vázquez despértariate a bandeirazos nacionais e unha culleriña de mel; etc, etc, etc,
ollo ao piollo, dálle un corte ao tétanos, doa os teus riles... onde vai ese xenio da publicidade institucional?
apertas desocupadas
Pois so dicir que me parece unha aberración que metas nun mesmo saco todos os ritmos latinos: cumbia, salsa, merengue... porque son moi distintos, iso só o podes dicir porque non os coñeces, e... o do reggeaton, é un caso a parte, que eu tamén o odio poloe scesivo uso que se lle dá e pola súa megacomercialización... e non por iso meto dodo mno mesmo saco.
Anónimo amig@ matizo. Nunca comparía un disco de merengue, cumbia, cha-cha, salsa... ou similares. Non porque sexa mala música, ningunha o é interpretada por bos músicos, senón porque non me atrae. Parece que no reggaeton hai unanimidade.
Respecto á música latina gústame a música brasileña e o tango. Pode ser un proceso de colonización cultural ou o que sexa pero tiro máis cara a música anglosaxona.
Choqueiro: Se non escribo é porque algúns días me da vergoña o que escribo e se non o fago máis a míudo (o de escribir) é simplemente por covardía e pudor. Resiste a guerra política-radiofónica.
Post a Comment
<< Home