Os políticos
Só un árbitro de fútbol recibe máis críticas ó seu labor ca un político. Están permanentemente no ollo do furacán e a súa carreira política está sempre a punto de rachar por un comentario que un micrófono traxicamente aceso, unha arroutada do xefe do partido ou unha pequena corruptela. Haberá xente que os odiará fagan o que fagan pola súa orientación política. Outros sen embargo deixarán que realicen sobre eles unha chuvia dourada e celebrarán a súa sorte.
Algúns gostarían de facer moitas cousas útiles e a longo prazo pero a realidade presupostaria ou os votantes, que non ven que estes a facer nada, daríanlle as costas. Por iso é mellor a demagoxia, o populismo barato, os problemas cotiáns e sinxelos, a descalificación do rival. Son ambiciosos estes políticos e rara vez o agochan. Cainitas ó seu pesar e dados ó dramatismo a maior parte das veces.
Pero poñédevos no caso: ¿Faríadelo mellor vós? Poderíades superar a Tou, Quin, Vázquez, Zapatitos, Rajoy, Bugui e toda a caterva? Non me respondades que "seguro que mellor ca ese que está no outro lado do meu espectro ideolóxico" ¿Imaxinádesvos o difícil que debe ser xestionar unha cidade, unha comunidade, un país? ¿Que faríades vós se todo o mundo esperase que mentísedes, roubásedes, manipularas, puxérades a familiares en cargos públicos e, en definitiva, se todo o mundo esperase que fixeras o contrario de para o que te elixiron?
A teoría de Spinoza sobre a Política supoñía que o filósofo, ó que Platón poñía coma gobernante ideal por ser sabio, xusto e honrado, convertiríase no peor líder posible porque non era quen, dende a súa altura moral, de comprender as baixas paixóns humanas que, en último termo, guían o destino dun país. Os políticos, independentemente da súa propia personalidade, son espellos do peor das nosas sociedades. Se estes son clientelares, localistas, demagóxicos, de curtas miras, non saben falar inglés, nunca prenderon un ordenador, están obsesionados cos vascos e os cataláns serán porque non nos facemos merecedores de nada máis. E o peor é que ,posiblemente, non poderíamos facelo nós mellor. Eso si sería demagoxia.
7 DÃxome dÃxome:
lembro agora o enterro de Tierno Galván
había un millón de madrileños na rúa
lembro o enterro de Castelao en Bos Aires
ducias de miles de emigrantes e exiliados
lembro o de Gandhi
non sempre é como dis
ese non sempre é o que conta
ora ben, a miúdo, hoxe, son uns profesionais do desprezo
ese a miúdo e ese non sempre... un baile de salón para todos os que nos limitamos a ollar
os espectadores
a estrana inercia da nosa pasividade
esa forza enorme e queda coma as augas dun encoro da que se nutren
augas sen oxíxeno, escuras, alouradas, decadentes
vaia, as letriñas de marras da verificación acabaron en zp, haiche cada cousa
Por fortuna, hoxe temos políticos que poñer a parir e non mitos intocables... Seica no enterro de Stalin tamén houbo moito público, e no de Franco.
Por fortuna, o seleccionador de fútbol e o presidente do Goberno sempre serán postos a parir por todo o mundo.
Eu non o faría mellor que eles pero, por fortuna, non se me ocorre presentarme a ningún dos dosu cargos... nin tampouco me escollería ninguén, para que negalo.
Corrutos!
Os enterros dos políticos non difiren dos do resto dos mortais. Sempre se fala ben dos que non están, polo menos públicamente.
Si, coincido coa Voz. Os periodistas deben gañar unha cantidade de diñeiro relativamente importante. ¿Por que? porque así os mínimamente honrados non roubarán por detrás. De feito Cuíña gastaba o salario íntegro en vivir no Hostal dos Reis Católicos. Franco introduciu a Seguridade Social e estou dacordo con iso. Para que te escandalices máis.
Aquí, a hipocresía é un píar básico da civilización. Senón recorda ó Conselleiro de Medio Ambiente nunha cacería.
Malvado mais sen dúbida apreciado chaval:
A preciosa e pequerrecha Leire comprázese en covidarte o seu cumpreanos que terá lugar o vindeiro día 29, sábado en Pontevedra; para máis inforamción pásate polo blogggg do pirata emain tixeiras rápidas.
canto touciño e canta velocidade en tan poucos comments
bravo!
gustoume moito este post. Case coincido por completo. Obviamente hai excepcións para ben e para mal, pero como norma xeral, cada sociedade ten os dirixentes que se merece. Tamén creo que os máis despreciativos e escépticos coa actividade dos políticos son persoas incapaces de asumir ningunha responsabilidade xa non a nivel de municipio, autonomía, estado, senón a nivel asociación e comunidade.
En calquera caso, os políticos profesionalizados provócanme unha desconfianza inevitable. Non me fío de xente que ten como horizonte vital a política, da xente "de partido". Creo que á política hai que ir porque cres que podes aportar algo, facer algo ben, non porque che guste a vidilla politiqueira, os mitines, as intrigas, as campañas, os roces, o poder.
Post a Comment
<< Home