Habitos que fan monxes
Manteño na actualidade algúns hábitos que fan a miña vida pracenteira por momentos: chatear con Aquí polas mañás, comer cos compañeiros nun restaurante familiar, saír de cando en cando a tomarme un licor café, ver como as garzas veñen e volven dende a terraza do Chispas acompañado polo choqueiro, poñerme as zapatillas ó chegar á casa, escribir estes posts ó rematar a xornada laboral, comer vieiras en noitevella e noiteboa...
O dito di: "O hábito non fai ao monxe". Sen embargo se un vai quitando hábitos cotiás á súa rutina (o traballo, os amigos habituais, a parella, as afeccións...) vai quedando un baleiro que sempre se acaba por encher con algo. Aínda que sexa con máis baleiro. (¿Viñeron daquí o pensamento de Sartre e Camus? ¿Non tiñan amigos nen afecccións tan excitantes como xogar á pocha ou facer step?).
No fondo sei que non chatear polas mañás, non saír os venres a tomar unhas copas, non ver máis películas de Tim Burton ou capítulos dos Simpsons non esgotaría a miña existencia pero si cambiaría. Porque esas pequenas rutinas non marcan a nosa identidade coma un cincel na pedra senón coma eses pequenos e grises funcionarios de Renfe que van dirixindo sotilmente, sen sentilos, a nosa viaxe dun lado a outro. Marcando a nosa identidade. A nosa etérea personalidade. Epíteto.
Aterrorízame pensar no día no que deixe de escribir estes posts por ter "cousas máis importantes que facer". Trátase sen dúbida o medo ó descoñecido. Sobre todo a ese estraño que comparte contigo tódolos días espello no baño e cepillo de dentes.
2 DÃxome dÃxome:
o malo das garzas é que non fan bOAS EMPANADAS
empanadas polo menos equiparable á que teño eu agora, 5 mañá,
polo demais ter medo non vale de nada
tes cousas máis importantes que facer
ti sábelo, pero non o queres saber,
eu seino, e seguro que non sei nada,
presumo
se facéndoas es feliz, que é a estrana condición walt disney que pos, post, pois millor para nós que as veremos
senón, algo moi fermoso, por interesante, por fermoso vaia, seralle restado ás cousas deste tempo,
pregúntalle a ese que te mira desde o espello
se te mira é que non está conforme
bueno, o falar non ten cancelas
saúdosas a todasos, a cousa que me intriga, É: ¿por que este post non ten comentarios?
e ostias coas letriñas esas que hai que poñer agora
Bueno o das letriñas é para que isto non se encha de anuncios de viagra.
Xa vexo que a madrugada é hora de confidencias e sinceridades. Ogallá ti ou o capador de porcos de Portomarín tivérades un gran capital. Porque así poderíades ser mecenas meus e financiar os meus posts, novelas, artigos ou obras kabukis.
Se eu miro ó tío do espello este vaime mirar a min. Lóxicamente.
Non son o único que ten cousas interesantes que escribir.
Hai outros purarrazas que non asumen o seu papel e ladran forte pero despois cando pasan os cans de palleiro agochan a cabeza. Na vez de domar cachorros deberías morder. É un consello de amigo. Guau.
Post a Comment
<< Home