Friday, October 14, 2005

Pudor

Como bo alumno de Juan Hernández Les considero o pudor coma unha base espiritual. Un baluarte da civilización e da convivencia común.

Hai un video gravado no que aparezo eu de xeito moi impúdico. Este feito conleva uns pensamentos aledaños:

Pensamento aledaño 1:
O alcool é un gran escudo conta este sentimento de vergoña. Permite unha certa irresponsabilidade que sempre me deu medo nas drogas que alteran o comportamento. Non me gusta perder o control e lamentaría ser moi capullo cando bebo.

Pensamento aledaño 2:
A lembranza do acto en cuestión era un recordo moi positivo e tornouse en vergonzosa. Supoño que superado este impass, xa destruín o documento pero se sodes hábiles conseguiredes copias, volverá a ser un recordo positivo. O problema é que existise un rexistro gráfico do acontecido. Se non houbese rexistro gráfico non habería vergonza. É unha lección para aprender da historia.

Pensamento aledaño 3:
Tamén foi mala sorte de que nunha celebración onde todo o mundo fixo o parvo xusto neses 30 segundos saia eu coma o peor parado.

Creo que, por pudor, tamén destruirei este post en breve.

6 Díxome díxome:

At 6:03 PM, Blogger elduende said...

Ni siquiera deberías haber escrito este post, por pudor, claro.
Comparto totalmente tu prevención contra el alcohol, pero... por Buda, coge una copia de ese vídeo y súbela a Internet. A Paris Hilton le funcionó estupendamente.

 
At 8:39 PM, Anonymous Anonymous said...

¿Te das cuenta de que son muy difíciles de olvidar las clases de Les aunque jamás tomases apuntes de su discurso?

 
At 11:09 PM, Blogger O Nadador said...

Non, o curioso non é iso. O curioso é que moitas das grandes frases que oín na miña vida académica(EX: "La gente tiene que aprender a vivir con el tedio") escoiteinas nas súas aulas.

 
At 8:26 PM, Blogger llll said...

eu tamén teño moitas veces esa sensación de vergoña. quizais por iso sempre prefiro ser a que agarda atrás do obxectivo, observando.

beijo

 
At 3:55 PM, Blogger O Nadador said...

Quero romper unha lanza en favor de Juan Hernández Les. É un cabaleiro sen cabalo.

 
At 7:54 PM, Blogger frenchchou said...

A miña tristeza por non estar presente nesa superfesta é igual ás miñas ansias porque chegue ao meu poder ese fabuloso vídeo.

 

Post a Comment

<< Home