Wednesday, October 26, 2005

Raúl

Raúl caeme mal. É un tipo desagradable e un conveniencias. Non falou coa prensa ata que veu o seu posto perigar ante o empuxe dos verdadeiros cracks mundiais que chegaron ó Madrid nos últimos anos. Caciquea moito no equipo e na selección. Gustaríame saber por qué a prensa madrileña califica de superestrella a un tipo que leva catro anos vagando polos campos de fútbol. Gustaríame saber por que merece o balón de ouro un tío cunhas condicións técnicas e poder decisiorio ridículo comparado co de Ronaldiho ou Henry. Gustaríame tamén saber por qué hai que aceptar acríticamente que el é mellor xogador ca Casillas (e incluso na miña opinión outros técnicamente están por diante del). Aparte é o capitán dun equipo especialmente odioso para min e de política e de Florentino mellor non falamos...

Sen embargo creo que Raúl merece a miña sincera admiración. Non coñezo a ninguén tan mediocre no fútbol que metese tantos goles e gañase tantos títulos. Os seus logros non son froito da sorte senón dunhas cualidades da que eu carezo en gran medida: o tesón, a garra, a capacidade de loita polo que un quere ser na vida, o non rendirse xamais, o esforzo infinito... Por iso admiro e envexo a Raúl. Pero se me reencarnase en futbolista preferiría ser Ronaldinho... ou Giovanni Van Bronckhorst.

7 Díxome díxome:

At 8:08 PM, Anonymous Anonymous said...

Yo de reencarnarme querría ser Chendo. ¿Sí, Chendo, qué pasa? Tanto como jugador como delegado de campo. O Sanchís. Y eso que el Real Madrid me repugna. Será porque me parecen más humildes que el resto. Raúl es un lastre. La gente lo ve con la nostalgia de sus inicios como una promesa rompedora que tras cometer un fallo garrafal en su debut en primera con el Zaragoza masacró al Atlético.

 
At 11:08 PM, Anonymous Anonymous said...

a min gustábame Amancio, Ayala, Gento, vin dúas veces Pelé, Sócrates, creo que vou sobrando

 
At 12:59 AM, Anonymous Anonymous said...

e marcou.......... raúl

 
At 12:51 PM, Blogger O Nadador said...

Chendo era un profesional sen dúbida aínda que agora o fútbol español non anda mal de laterais. Sanchís non creo que comparta a humildade de Chendo porque era un elemento nuclear da Quinta do Buitre.
A Raúl sálvano as estatísticas pero non os videos.

 
At 7:05 PM, Blogger frenchchou said...

Aínda me sorprende que non sexas fan da canción dos planetas sobre o artista madrilista. Creo enxergar certa comunión de pensamento entre ti e J que podería ser o inicio dunha gran amistade. Tamén Carlos Pampillón estaría encantado de apoiarte nos teus argumentos neste post. Eu só apunto que non corresponde a Raúl a honra de ser o futbolista que acumula máis títulos sen mérito. Ese hai que deixarllo ao príncipe de Nova Caledonia, o tal Karembeu, que nun ano gañara todos os títulos imaxinables e ata pasara por estrela sen darlle mellor ao balón que ti ou eu (que xa é dicir).

 
At 12:06 PM, Anonymous Anonymous said...

jeje...
O mellor gol de karembeu non foi nos campos do futebol...

 
At 1:16 PM, Blogger O Nadador said...

Dende logo Pinacle. Pode ser porque os seus avós foron expostos nunha exposición universal coma se fosen monos.

 

Post a Comment

<< Home