Libertades dixitais, estupideces analóxicas
Algúns meus amigos andan co mal hábito de meter o fuciño no esterco a ver se sacan as trufas máis excelsas. En currunchos sépticos un non se pode sorprender por atopar o que normalmente hai aí: merda. Por iso reprendo públicamente o seu costume de ler Libertad Digital. O medio electrónico de Jiménez Losantos que dá a súa visión paranoide dun mundo gobernado por roxos, masóns e separatistas con columnas arengando á guerra civil e ó golpe de estado.
A audiencia deste e doutros medios como a Cadena Cope aumenta por incautos facilmente escandalizables ou exploradores que din querer coñecer a mentalidade do inimigo. Non se pode extraer ningunha idea dese grupo de desequilibrados mentais e emocionais. O pensamento conservador é algo moito máis digno e útil á sociedade do que eles defenden que non é outra cousa que odio e rancor a un mundo que non os quere. Por iso pídovos un boicot ós productos losantianos e que non estendades a vosa indignación porque serve para darlles azos.
Dito isto vou contradecir todo o anterior.
Debido ó meu traballo, fago noticias sobre novas tecnoloxías, teño que visitar a miudo esta web porque, recoñezoo, teñen unha sección interesante, e bastante razonable políticamente, sobre internet. O demo levoume a ver o seguinte artigo onde o friki ese debuxa un retrato da realidade que reforza a miña teoría: esta xente vive nun mundo utópico onde os progres son os malos e causantes dos problemas. Non é que mintan para permitir que os de sempre aumenten a súa xa considerable cota de poder. E iso si que é diagnosticable.
8 DÃxome dÃxome:
Eu tamén espiaba de cando en vez tanto Libertad Digital como a Cope polas mañás pero satureime. Ao principio facíame gracia pero cando te pós a pensar dache arrepíos ver como pensa algunha xente
pareses un jesuíta dos vellos "vállame usted contradiciendo al señor Pérez", o bo do caso é que o fas contigo mesmo, menos mal, debe ser aburrido non ter contradiccións
hai algo que nunca che perdoarei, nunca, lín o artigo ese do que falabas, e inxenuo eu piquei nalgún enlace do artigo, uns minutos para recuperarame....
xa
eu estou tentando aprender nadador, así como seguín por indimedia os saltos das muradas de arame de espiño, relatados por xente do común que está comprometida coa defesa dos inmigrantes, a mesma que seguiu aos autobuses, etc, e araño nos medios que podo, de vez en cando déixome caer por libertadesa, por qué, pois un exemplo, hoxe na cope, mentres facía a cena, outras veces son outras cadeas, (en radio lider a veces convidan xente do bng, e dos sindicatos, cousa que non vexo por ningúnha outra parte), no apartado de libros falaron de Conrad, e iso é o que me preocupa, por iso os sigo, ou creo que é necesario seguilos, lémbrome de Kemplerer estudando a lingua do 3º reich, como se apropiaban das palabras, como as deformaban, e vexo que a dereita leva uns anos facendo iso mesmo, desde o propio nome libertadesa, ata Rajoy referíndose no seu discurso á Constitución de Cádiz, e á soberanía do pobo etc... ou Umbral e Barreiro Rivas hoxe desfacéndose en loubanzas sobre tal discurso
o que me sucede é que non lles vexo contrincantes de peso, en que cadea?, úlos? que saiban desmontar a súa instrumentalización da linguaxe, a súa maneira capciosa de apropiarse de discursos que os negan, etc
descalificalos non me vale, aínda que o podería pasar moi ben facéndoo, eles fano continuamente,
por certo as trufas, nas carballeiras, a veces un artigo lúcido de Ferrín, outros non hai quen os trague, Noam Chomsky, os irmaus Marx incluído o barbas, e a realidade que se coa entre todas esas palabras que se gasta a dereita hoxe e os desminte a puras ostias
por outra parte non me negarás que certas partes de libertadesa son un novo xénero de humor negro, os chats con César Vidal p.e. "no cree que en su epístola a los tesalonicenses san pablo ....?"
propóñoche un post... pax web, articulistas de opinión, medios, libros, que recomendas
algún día covidareite a unha sopa de ostras con trufa, receita de Paul Bocusse, perdoade todos estes comments tan longos,
por certo estás seguindo o desmonte que fai a placer, aínda que el negue o placer de facelo, arcadi espada do estatuto das 200 pax catalán?, unha aperta, e non me poñas eses links que me acedas a noite
El secretario de defensa Donald H. Rumsfeld optó por abstenerse de participar en decisiones de gobierno relacionadas a los medicamentos para prevenir o tratar la gripe aviar, en lugar de vender sus acciones en la compañía que patentó el agente antiviral Tamiflu de acuerdo a un memorando del Pentágono emitido este jueves.
Dicho memorando dirigido al equipo del Sr. Rumsfeld por el Consejo General del Pentágono, decía que el secretario de defensa no tomaría parte en ninguna decisión que pudiera afectar sus intereses financieros en la empresa Gilead Sciences Inc.
Antes de asumir como secretario de defensa en enero de 2001, el Sr. Rumsfeld era miembro del directorio de Gilead. Y desde entonces hasta la fecha sus acciones en la empresa aparecen en cada uno de sus declaraciones fiscales anuales.
Gilead es la propietaria de la patente de Tamiflu, que tiene contratos firmados con una subsidiaria norteamericana de F. Hoffman-LaRoche Ltd, que le otorgan a esta última los derechos de fabricación y ventas.
El Sr. Rumsfeld participará en cuestiones relacionadas a posibles respuestas del Pentágono ante el surgimiento de una epidemia, siempre y cuando ninguna de estas decisiones afecte a Gilead.
Tomado de:
http://www.nytimes.com/2005/10/28/politics/28rummy.html
remexamos na merda home, outra trufa, o beneficiario directo dos cartos que bush demenadou para a futurible pandemia, outra vez a estratexia do medo, canto vende o medo, é o mellor negocio do momento, é, como non, o cabrón runsfeld
Aquí xa adiantamos, en exclusiva, que Donald Rumsfeld era o Anticristo polo que o feito de que teña competencias en tódalas áreas do apocalipse (guerra, peste e fame) non te debería sorprender.
Non acabo de comprender ben cal foi o problema co enlace. Só tiñas que clickear. En fin, que moi mal da túa parte iso de dicir que non hai contrincantes de peso para César Vidal. ¿Como cres que se sinte o cociñeiro do restaurante de Carlos Carnicero?
A situación pódese explicar cunha parábola, compañeiro xesuíta. As miñas posibilidades de ligar cunha megacachonda redúcense a que esta se canse de rozarse con corpos atléticos, faccións perfectas e roupa de marca e, por puro frikismo, se achegue ó anano malvado (Federico ou Eu poñamos por caso). OU BEN que esta esté tan borracha que non sexa responsable do que fai. E penso eu que moitos dos oíntes da COPE, demócratas de dereitas, deixanse seducir polos incendiarios porque aportan unha paixón á polítca, fainos partícipes da democracia, convirteo nalgo trascendental. Vendo a Rajoy e a ZP parece que o congreso é o consello de administración dunha fábrica de caixas e non onde se decide o destino dun país. Por iso creo que é normal que seduzan. Pola mesma razón que nos leva a ler a columna de Jiménez Losantos e non a doutros articulistas máis humanos de El Mundo ou ABC, por exemplo.
¿Quen está borracho? Seguramente o arzobispado enteiro. Ou xa a Igrexa pasou de ser unha empresa ideolóxica a unha empresa a secas que busca a rendibilidade económica sentando nos seus estudios a desequilibrados que buscan unha revancha (algo raro buscar a revancaha cando gañaron eles durante 40 anos e non sufriron consecuencia ningunha) absurda. Por certo a ver cando Losantos opina sobre o preservativo ou o aborto.
Coma conclusión. Losantos recórdame a un compañeiro meu de clase (si ese no que pensades) que non sabía como facer amigos e adicábase a dicir burradas coma "El mejor partido de fútbol que vi en mi vida fue aquel que empataron a 0 Parma y Fiorentina y cada uno jugó con 7 defensas". Ou aqueloutro que ó chegar á facultade de xornalismo era Stalinista duro pero, ó ver que moita xente estaba dacordo con el, buscou unha ideoloxía máis vilipendiada pola xuventude: o liberalismo.
Sinceramente, non creo que o que se di na COPE sexa a opinión media do votante de dereitas. Eso era como facer unha equivalencia entre os manifestos de Primeira Liña e o Bloque. Moita xente do PP móstrase en franco desacordo con Chucky e con Vidal e os seus mellores resultados sempre foron cando ocuparon o centro do espectro político, non a estrema dereita.
Saúde.
Hola, me llamo elduende y leo Libertad Digital y los artículos de Fede . Sólo lo hago por curiosidad morbosa y para tomarlos como ejemplo de lo que no que no se debe hacer con un texto... bueno, vale, y porque me río.
Veo al emporio COPE-Losantos como uno de esos monstruos que salen en los relatos de Lovecraft, de un horror inenarrable y tan alejados de todo lo humano que resultan repulsivos y fascinantes a la vez... supongo que en este caso Fede sería como Cthulhu...
No los estoy descalificando, solo quiero decir que, para mí, encontrarme con un pensamiento y una forma de percibir la realidad tan alejados de los míos me provoca una extraña fascinación. Supongo que es lo que les pasa a muchos.
Y si alguien sabe donde venden esa versión de los Sims alcóholicos y porreros que me lo diga, que tiene una pinta estupenda.
two cousas
Bravo nadador, o nadar é o que ten, fai músculo.
oioioioi que reververación fascista, a forza etc....
e a segunda too late, un ron de primeira clase, e non sei que era, pero, dá esactamente igual
que seas felis, felis, felis
jpder e agra as letras acer se dou
Circula por internete un artículo (creo que publicado orixinalmente na new left review, pero non podería aseguralo) no que se explica moi ben como o neoconservadurismo triunfante na actualidade en boa parte do mundo é o resultado do traballo calado e perseverante de moitos anos (namentras triunfaba o keynesianismo e socialdemocracia). Entón, unha minoría sachou as ideas neocon (por vía de fundacións, como a heritage), unhas ideas que hoxe en día semellan verdades indiscutibles e agroman en programas políticos concretos (desmantelamento do estado de benestar, turboprivatización de empresas públicas...).
Creo que en españa está a suceder algo parecido ao respecto da dereita española “sen temores nin complexos”. A herdanza de aznar consistiu na FAES e unhas ducias de articulistas radicais que exhiben o seu ultranacionalismo español (atacando con ferocidade os nacionalismos periféricos), e fan bandeira do neoliberalismo económico e do revisionismo histórico, máis ou menos torpe (recurrindo a “historiadores” como píomoa), da guerra civl e da figura de franco.
Tal e como eu o vexo, o perigo consiste en que as ideas destes catro radicais encabezados por fedeggico (que na actualidade son poucos pero moi ruidosos) rematen callando entre os votantes e simpatizantes do pp (aos que supoño moi afastados dese fanatismo politico-relixioso). Un orballo ideolóxico que, por continuado e persistente, pode rematar enchoupando a todo o pp.
sobre o uso de expertos, fundacións, é dicir, segredo, capital,información, poder, etc, creo que siguen a ser moi lúcidos os libros de Guy Debord
hai partes que parecen pola precisión e a lóxica das súas conclusións, auténticos modelos de como montar o tinglado do espectáculo, ou do poder se preferides
un dato curioso é a afirmación do director de campañas de Berlusconi sobre a súa admiración pola obra de Guy Debord
isto levouno no seu último libro a desordear a lóxica da exposición, aínda así clarísima...: ese temor a servir de manual do que combatía
o seu combate rematou no suicidio, quizais nel unha expresión final da súa libertade máis que da súa desesperanza
o outro día faláronme dunha persoa, non direi o seu nome nun medio tan filtrado coma este, e ela quen ten que decidir que fai, que se foi a arxentina nas derradeiras eleccións con cámara oculta, o resultado foi tan alarmante que no visionado con avogados chegouse a afirmar que poderían ser base para unha impugnación das eleccións, el mesmo depositou ducias e ducias de votos
outra trufa, imos acabar cheirando, se é que xa non o facemos, creo que eran os gregos os que se referían á harmonía como o son do movemento dos astros, que por ser constante xa non era percibido, quizais nos estea a pasar algo semellante
esta bitácora é cada vez mellor, saúdos desde zamora
Post a Comment
<< Home