Wednesday, November 09, 2005

Cineuropa

Agora mesmo estou a remexer un café, bebida odiada por min, para que Morfeo non me atrape no medio da proxección da sesión das 4. Non pensedes que é un perigo menor. O outro día fun ver a aburridísima Gerry de Gus Van Sant e dous amigos máis eu quedamos traspostos nalgún deses eternos paseos polo deserto que se pegaban os personaxes.

Vou para vello rosmón. O que vin polo dagora de Cineuropa non me despertou ningunha paixón. Aquí descobrín a Hal Hartley ou Takeshi Kitano. Vin clásicos coma Centauros do deserto e marabillas como Dioses e monstros. Saín impactado do cine tralo visionado de Garaxe Olimpo e cústame admitir que agora á cabeza non me veñen moito máis. Xa vedes como a idade si me afecta de verdade.

Cineuropa é un espacio para os ritos. O principal, estaredes dacordo, son as entradas. Afeitos a un mundo de butacas non numeradas todos recordamos colas memorables para ver aquela peli de moda nos círculos indis. Iso cambiou. O da reserva fai miragres. Tamén a distribución en dúas salas axuda. Consolidei amizades e odios nas colas de Cineuropa. Do mesmo xeito fixen acrobacias cos bonos e as moedas para a miña localidade. Tenme tocado no fondo detrás dun tipo dun metro 90 e escoitar os katanazos de Battle Royale dende a primeira fila. Sen embargo, insisto, xa non vexo ese ímpetu xuvenil do Santiago dos meus comezos universitarios. As colas nunca superan o Rhin e esa ineficencia, reducida nunca paliada, do Cineuropa é parte do seu encanto.

O misterio reside na razón pola cal os "gafapastas" e demais fauna santiaguesa colapsan en ocasións o Principal para ver a película X e despois non supera a semana de exposición nas salas comerciais que están medio baleiras. Cineuropa, xa se dixo, é un fogar de ritos.

4 Díxome díxome:

At 10:22 AM, Anonymous Anonymous said...

non botes soberbias co da idade, entón que fago eu aquí, se me poño a lembrar estaban os cinelubes, ou algo semellante, que habería que recuperar para productos de pouca difusión, baixo presuposto, tipo curtas e así, Bergman e 20 fulanosas "Amorodos bravos", etc, etc, etc

o de gafapastas,está de rechupete, como aquilo dos barbasrekortadas

pasar a fronteira do Rhin sempre foi perigoso, sobre todo chovendo

 
At 12:09 PM, Blogger elduende said...

Mmmm, semella que calquera tempo pasado foi mellor... ¿Xa se te cae o pelo, Nadador?

 
At 12:49 PM, Blogger O Nadador said...

Pois si. Ademais é un tema que me preocupa moito ultimamente. Na miña familia non hai calvos. Tamén vou moito ó baño.

 
At 3:39 PM, Anonymous Anonymous said...

ahhhh jajajajajajajaja
ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh jajajajajajajajajaja

la histérica risa es mala para la del cabello caída

ollou na límpida pileta os seus caídos cabelos e pensou esta é unha triste idade, desde xa ata a hora da miña previsible senectude, antepoñerei acaídos adxectivos as miñas fermosas e interesantes matinacións

dermatólogo

 

Post a Comment

<< Home