Maradona vs Bush
Nesta época das marabillas onde os científicos crean cyborgs e especulan en serio sobre a posibilidade de viaxar no tempo, periodo histórico no que a educación se universalizou nos países industrializados e conta cun grao de especialización insólito, cando no día de hoxe respiran máis seres humanos que practicamente todos os que existiron na historia, os respresentantes da gran batalla que se desenvolve no planeta entre a esquerda e a dereita, ricos e pobres e a opresión e a esperanza son George Walker Bush e Diego Armando Maradona.
No cumio de Mar de Prata Maradona tivo un papel destacado compartido co amigo Chavez. Púxose a camiseta Anti Bush e realizou unhas declaracións propias de Séneca: "Me gustaría arrancarle la cabeza a Bush de un pelotazo." As frases brillantes son outra cousa en común destes dous americanos líderes mundiais. A miña favorita de Maradona é:Quiero ser más argentino cada día. De Bush son necesarias varias listas aquí, aquí e aquí. A miña favorita é esa homenaxe á C. Clark: "Es tiempo para la raza humana de entrar en el sistema solar."
Non acaban aquí as condicións. Os dous tiveron un pasado turbulento. Diego coma xenial e polémico mediapunta e George coma quebrador de empresas. Ambos tiveron problemas coas drogas e despois de resolveros renaceron coma Fenix e están no candeleiro ou, ó tratarse destes dous lingüistas, no candelabro dende entón. Os dous adoitan disparar antes de preguntar e teñen problemas cos libros. Cada un é idolatrado na súa patria e son centro da polémica. (Desculpade pero acabo de ler outra xenial de Bush:«El gas natural es hemisférico. Me gusta llamarle hemisférico en la
naturaleza, porque es el producto que podemos encontrar en el vecindario» )
O caso é que debemos preguntarnos polo que fixemos mal para deixar no primeiro plano a estes elementos e perder ós grandes e carismáticos líderes do pasado. ¿Onde van? ¿Ubi sunt? Eu creo que andan agochados para que a mediocridade non os salpique. De estar en desacordo comigo digo o mesmo ca Bush:"Manteño tódalas declaracións equivocadas que fixen."
1 DÃxome dÃxome:
bueno nisto das frases sempre hai quen gane: Napoleón en Borodino, os mortos ciscados, berros por todas partes de tipos coas tripas fóra, etc... "Cabaleiros, velaiquí tedes unha gran hecatombe".
non vos riades que o conto é triste, como dicía Castelao
un post macanudo, creo que será imposible deixarte mal
podo pedir? este ano na doce Francia levan queimados 27000 coches, a última noite 1200 ou así. Non sei que poema estará escribindo Villepin, pero inspiración non lle falta
véxase tamén, Perspectivas de Guerra Civil, de Hans Magnus Etszemberguer+- e
La miseria del mundo de Pierre Bourdieu
Por certo, o home que berra no semáforo, parece ser que foi víctima dun atentado
creo que volverei ao turno de noite na fábrica, así polo día durmo e pérdome as cousas, por como se andan poñendo é o único sensato que se me ocorre facer
Post a Comment
<< Home