Madonna vs Britney
Admito que estou colgado do último single de Madonna: Hung up. Os que saiban máis inglés verán aquí un chiste. Os demais non. Enn todo caso, resulta entrañable ver a unha señora que podería ser a miña nai embutida nunhas mallas rosas indo soa a unha discoteca a rozarse con supercachas gays (si, miñas nenas, un heterosexual non coidaría tanto o seu aspecto físico e, sobre todo, non bailaría tan ben).
Chámanlle a ambición loira pero creo que non deixa de ser envexa e machismo. Ten un ollar antipático, semella tamén que moitas das súas aventuras son concebidas máis que nada que para falemos dela, coma se dunha Sara Montiel da vida se tratase. Algunhas experiencias tan delirantes e artísticamente dolorosas coma a súa experiencia interpretativa (Buscando a Susan desesperadamente, Quen é esa moza?) ou a súa carreira coma escritora infantil. Sempre tiven a teoría de que o fixo para ensinar unhas gafas bonitas que comprara. Se fose un home diríamos que é polifacético. O novo Bowie ou algo así. Por outra banda leva moitísimos anos de primeira nos billboards e a súa discográfica lanzou Jagged Little Pill de Alaniss Morrissete ou The Fat of The Land The Prodigy. Todo o que se pon nun video arrasa no mundo na próxima tempada e soubo adaptarse en cada época ós diferentes estilos poñendoos de moda.
Lady Ciccone ten unha clara continuadora en Britney. Polo menos en éxito e influencia entre a adolescencia. A propia Bretaña Lanzas (traducción do nome) así o confesa sen embargo Madonna é unha verdaeira artista que canta e compón as súas cancións. Non podemos afirmar que a veterana sexa un icono do que significa ser independente pero sempre intentou, con fins comerciais iso si, transgredir e explotar tabús. Britney está composta nun 80% do seu organismo de publicidade. Ás veces iso trae problemas como cando a viron cunha lata de cocacola e a semana anterior firmara un contrato supermillonario con Pepsi.
Ámbalas dúas casaron varias veces. Britney, precoz, cun amigo de toda a vida. A matrimonio non chegou ás 24 horas. Tamén son as dúas nais pero mentres que a Madonna lle cambiou a vida a Britney sumiuna nunha profunda depresión porque engordara e non era capaz de recuperar a súa silueta de Majorette. As dúas teñen en común o fracaso no cine e a loirez.
Ao mellor trátase de que me volvo vello pero dáme a imprensión de que os nosos ídolos son cada vez máis insustanciais. E digo nosos porque seguro que se tivese 12 anos andaría fascinado por Britney como andiven por Madonna. Menos rebeldía, menos novidades, máis comercio e máis mediocridade. Teremos o que merecemos. ¿É Zapatero Britney e Felipe Madonna? ¿Aznar-Madonna e Rajoy-Britney? ¿Os Rolling-Madonna e os Strokes-Britney? ¿Doutor en Alaska-Madonna e OC-Britney?
2 DÃxome dÃxome:
O teu comentario levoume a buscar o video de Madonna na rede, para velo. Pero ca curiosidade satisfeita, teño que comentar a miña decepción: Aparte de incluir máis grupos étnicos ca una campaña de Benetton, o unico que se pode ver e a Madonna facendose pasar por Jane Fonda (comparación moi adecuada por canto pola época en que Jane Fonda se puña estas maias, viña sendo incluso máis xove). Que apenas baila (e non o podería facer con eses taconazos) se non que todo o espectáculo queda para os bailaríns multiculturales.
Ou sexa que a nova reencarnación de Madonna é Kylie Minoge, ainda que logo de se ter traido do hipermercado unha recopilación de ABBA Gold. Prefiro a kábala.
Home, tampouco afirmaba que Madonna fose unha artistaza ó nivel dos Rolling ou Bowie. Simplemente quería establecer unha comparanza entre a megaestrelapop da miña infancia e a actual para deixar patente o estupidismo que nos arrodea.
¿Non che gustou? A min paréceme moi pegadiza a canción. Dende logo prefiro a orixinal de Abba, un grupo insuperable e os reis dos 70 cos Bee Gees e, sobre todo, a música-disco-protesta de Boney M. ¿Hai agora grupos dese calibre soando nas discotecas? Kylie Minogue é moita Kylie e ben difícil de imitar. (Nos vídeos refírome)
Post a Comment
<< Home